Sagrada familia. 1592
VELLEZ EN ITALIA
Viaxando
cara a Cremona, Sofonisba coñeceu ao nobre xenovés Orazio Lomellino,
considerablemente máis novo que ela, o capitán do barco no que viaxaba.
Casáronse en 1579 en Pisa. Orazio recoñeceu e apoiou o seu traballo de
pintora e establecéronse en Génova, nunha gran casa onde puido ter o seu
propio estudo e tempo para pintar e debuxar. A fortuna persoal de Orazio,
ademais da xenerosa pensión que lle outorgou Felipe II, permitiu a Sofonisba
pintar e vivir libre e cómodamente. Sendo famosa daquela, recibiu a visita
de moitos dos seus colegas, influíndo en moitos deles que aprendían e
imitaban o seu estilo, pois na súa
obra destaca, sobre todo, a falta de rixidez, a mirada directa da persoa
retratada que non se presenta como obxecto ou como idealización, senón como
persoa, e o intelixente tratamento de luces e sombras.
Retrato de muller nova. 1601
Autorretrato de 1610
En 1623, visitouna o pintor flamenco Anton van Dyck, quen pintou varios
retratos dela a principios de 1600, e fixo bosquejos das súas visitas a
Sofonisba no seu cadernos de notas. Van Dyck dixo: «Aínda que a súa vista
está debilitada, mantense aínda moi alerta mentalmente». En contra do que
algúns biógrafos reclaman, ela nunca se chegou a quedar cega; quizá tivo
cataratas. Morreu en Palermo en 1625. Na súa tumba aparece unha inscripción na
que se lía, en parte: «A Sofonisba, a miña muller [...] quen é recordada
entre as mulleres ilustres do mundo, destacando en retratar as imaxes do home
[...] Orazio Lomellino, apenado pola perda do seu gran amor, en 1632, dedicou
este pequeno tributo a tan gran muller».
Apunte de Van Dyck, Sofonisba de vella.
Sofonisba retratada por Van Dyck.
Un total de 50 obras foron
atribuídas con seguridade a Sofonisba. Os seus cadros poden ser vistos
nas galerías en Bérgamo, Budapest, Madrid (Museo do Prado), Milán (Pinacoteca
de Brera), Nápoles, Siena e Florencia (Galería Uffizi). A súa obra ha ter
enorme influencia nas xeracións de artistas posteriores de tal xeito,
que o seu retrato da raíña Isabel de
Valois cunha pel de marta cibelina foi o retrato máis copiado en España. Pintora
de estilo clásico, a súa obra estivo centrada sobre todo nos retratos
cortesáns onde gustaba de colocar certos obxectos que reflectisen o carácter
do retratado, modelando asemade as figuras a través dunha pincelada sutil
e unha iluminación difusa que adoita envolver aos personaxes, representados
case de fronte ao espectador e cunha mirada directa, conectando ambos os
mundo emocionalmente.
Isabel de Valois.
Retrato dun matrimonio.
Último autorretrato de Sofonisba. Ca 1625
Ademais destes, perténcenlle unha
boa colección de autorretratos, dos que se conservaron 16 lenzos, nos que aparece
demostrando a súa formación artística (pintando, tocando o espinel) e vestida
con caras roupaxes propias da nobreza. Porén, nunca tivo dun taller oficial, como si tiveron pintores
masculinos do momento, e a súa posición social lle impediu asinar a autoría
dos lenzos.
Sofonisba é
tamén moi importante para o feminismo, pois aínda que viviu nunha época onde
as mulleres estaban completamente ausentes das artes visuales debido á forte
sociedade patriarcal, o gran éxito de Anguissola abriu o camiño a un gran
número de mulleres que quixeron seguir a carreira de artista como Lavinia
Fontana, Bárbara Longhi, Fede Galizia ou Artemisa Gentileschi.
No PHOTOPEACH, os autorretratos da artista. |
BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO
martes, 18 de abril de 2017
ARTISTAS ITALIANAS DOS SÉCULOS XVI E XVII. SOFONISBA ANGUISSOLA (Parte III)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario