Fotografía da artista de 1939
María Germinova (1902-1980) coñecida como Toyen, estuda na Escola de Artes
Aplicadas de Praga desde o ano 1919 ata o 1920. Pouco sábese da súa nenez e
adolescencia, pois evitaba falar deses periodos da súa vida. No ano 1922 coñece
ao pintor Jindrich Styrsky, con que tivo unha longa colaboración artística e
persoal, sobre todo porque durante os vinte anos que traballaron en
colaboración fixeron obras nas que é
difícil facer unha atribución real, aínda que nunca realizaron un cadro en
común. As súas obras complementanse, tanto no plano formal como no
expresivo. En Praga e relacionase con grupos anarquisas e
comunistas, desde o ano 1920, e forma parte do grupo de vangarda DEVETSIL, grupo
co que expón en 1923, e no que converxen
tendencias do cubismo, expresionismo e a abstracción. Nese ano 1923, cambia
o seu nome real polo de Toyen.
Parece ser que este cambio ten a súa orixe na intención da artista de reivindicar a súa paridade cos homes tanto
no plano artístico como no persoal, de ahí que abrevie a palabra “CITOYEN”, que
significa cidadán en francés. Esta elección dun pseudónimo de xénero ambigüo
era bastante común entre as mulleres artistas que, como no caso de Claude Cahun
-Lucy Schwob-, exploraban a súa propia identidade. No caso de Toyén esta
elección acompañábase co costume de referirse a sí mesma empregando o xénero
masculino así como o emprego de ropa de home.
A mesa da cociña. 1929
Bodegón con servilleta. 1929
O seus coñecementos e a
súa tendencia anarquista leváronna a traducir
ao checo a escritores como: Rimbaud, Lautréamont e Guillaume Apolinaire. Neses
anos a pintura de Toyen estaba perto da abstracción con temas que estiveron sempre presente nasúa estética: a anguria e o
sixilo.
En 1925 Stirsky e Toyen trasladáronse a París,
onde desenvolveron o "Artifiacialismo"
e participaron en diversas exposicións colectivas e individuais. Durante eses
anos, Toyen ilustrou varios libros e
revistas, con debuxos que teñen unha forte carga erótica, como os
realizados para unha edición de “Justine”, do Marqués de Sade, do
Heptameron, ou as súas colaboracións na Eroticka
Revue.
A rapaza e o violín. 1931
Composición. 1931
Composición. 1931
Retorna a
Praga tres anos máis tarde, momento clave na súa estética pois da un
xiro ata o surrealismo. En 1934 foi fundadora xunto con outras artistas do
núcleo surrealista de Praga, e apoiada por Bretón, de quen convírtese en gran
amiga, participa nas mostras máis internacionais
do grupo en: Tenerife (1935), Londres (1936), Tokio (1937), París (1938) e
Amsterdam (1938), con pezas sinxelas, cheas de melancólica poesía, pero que
conseguen unir a “alusión figurativa e a potencia suxeridora do pictórico puro”,
en palabras de Gladys Villegas Morales.
A mensaxe do bosque. Óleo. 1936
Horror. 1937
As
súas obras teñen como tema o corpo humano e en especial a relacións entre o
corpo e a natureza. A guerra reflíctese na soidade das súas
figuras, nas valeiras construccións con paxaros mortos, nas ruinas
arquitectónicas, nos troncos das árbores espidas en espazos desolados e na
fragmentación do corpo. Desde o ano 1939 e durante os catro anos que durou a
invasión nazi en Checoslovaquia, ocultouse no baño da súa casa. Ao traballar
según o réxime nazi nunha "arte dexenerada", se viu obrigada a crear
na clandestinidade, sen posibilidade de presentar as súas obras en público. O
fin da guerra non significou para Toyén e os seus amigos mais que unha liberdade
temporal, xa que os comunistas en Checoslovaquia preparábanse a tomar o poder,
polo que no ano 1947 exiliouse a París, coa autorización de expatriar a obra de
Stirsky e a súa propia e acompañada polo poeta checo Jindrich Heisler, a quen
agochou durante a ocupación nazi, morto Stirsky no ano 1942. En París voltou a
unirse ao grupo surrealista, expoñendo con eles en París e Praga no ano 1947. Nunca
voltou ao seu país.
Entre as longas sombras. Óleo. 1943
A guerra. 1945
Na noite soan berros. 1955
Desde entón expuso con regularidade na capital
francesa ata que no ano 1982, o Centre
Georges Pompidou organizoulle unha retrospectiva da súa obra moi
importante, con posterioridade no ano 2005, realizouse unha película sobre a
súa vida “Toyen”, dirixida e escrita por Jan Nemec.
Trala morte de Breton, en 1966, Toyen instalouse,
invitada por Elisa Breton, no estudo da rue Fontaine. De carácter introvertido,
a artista sentiuse afectada pola disolución do grupo surrealista e só mantivo o
contacto cuns escasos amigos.
Paravent. 1966
Morreu en París, en 1980, sendo enterrada no
cemiterio de Batignolles, onde tamén
se atopan as tumbas de Heisler, Benjamin Péret e André Breton.
Na rede mais información sobre a artista:
No PHOTOPEACH, mais obras
da artista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario