Alédame o día. 2006 de Rosa Úbeda
O alumnado de Pintura estivo na
mostra que Rosa Úbeda presenta na Fundación Laxeiro
de Vigo, unha exposición individual titulada Anomia, un proxecto
no que a través dunha selección de obras de diferentes épocas, a artista propón
un percorrido pola sintaxe da súa linguaxe pictórica, caracterizada pola
mestura de códigos sen máis regras que a súa persoal forma de comunicar. A
exposición articúlase a partir dunha selección de obras de diferentes etapas,
nun proxecto comisariado por Javier Pérez Buján, centrado na obra pictórica de
gran formato, na que as regras están ausentes, e nos ofrecen unha serie
de relatos que falan da identidade, o desexo ou o medo e a dificultade de
comunicación. A artista mestura
linguaxes e técnicas, a partir de textos fragmentados, debuxos sobre papel
conformando collages e masas de cor
que ofrecen un relato moi persoal.
Tamén visitamos a mostra dun dos meus artistas
favoritos o lugués Antonio Murado,
que presenta na sala de ABanca, unha mostra titulada Intimidade abstraída, cunha serie dun centenar de obras de idéntico
formato que revisita aqueles temas que
forman parte da súa proposta estética: a historia, a memoria, a paisaxe e a
pintura.
Na mostra, Murado inclúe varios lenzos
adicados á paisaxe nos que aparece a dicotomía abstracción-figuración, nunha
natureza non imitada senon tamizada pola súa propia mirada que crea unha
realidade nova. Emprega asimesmo como
técnica unha simbiose entre pintura e fotografía, pois nas pezas emprega ilustracións,
inscripcións e fotografías que manipula, e que nos falan das complexas
vinculacións entre representación e percepción que tanto preocupan ao artista.
Galitzia. AM 34 x 24. Vol.1. T. mixta. 2005. Antonio Murado
Tammháuser. AM 34 x 24. Vol.1. T. mixta. 2005. Antonio Murado
No hay comentarios:
Publicar un comentario