De esquerda a direita: Rosa, María, Ángeles, Malena, María, eu e Marisa.
O sábado 4 de xuño un grupo de alumnas de pintura asistiu
a un obradoiro de GIOTAKU, técnica xaponesa de estampación e impresión de
peixes, no albergue turístico Portaventosa,
que pretende ser un alicerce cultural e social dentro da zona da Costa da Morte,
concretamente en Lira. O obradoiro,
impartido pola artista plástica Maribel Longueira, reuniu a divers@s artistas
que acadaron resultados ao meu parecer moi bos, polo que
unha obra de cada participante será exposta proximamente, na Confraría do
Pindo, tamén no concello de Carnota.
O gyotaku (gyo "peixe" e taku "frotar") é un
método tradicional orixinario de Xapón que data de mediados do século XIX. Esta
forma de impresión natural foi usada por pescadores que querían ter un rexistro
das súas mellores capturas, pero tamén se converteu nunha forma de arte, que na
actualidade aínda ten vixencia no país do sol nacente.
Tintas ou outros
pigmentos naturais como a tinta do calamar, aplícanse directamente en follas ou
outros obxectos relativamente planos
como teas co fin de obter unha imaxe con formas e texturas variadas.
Ambos lados do peixe recúbrense con tinta e colócase dentro dunha folla dobrada
ou entre dúas follas de papel, cando se frota coa man queda plasmada a imaxe. A
pegada orixinal case sempre feita con tinta negra pode recibir algúns retoques
de cor por parte do artista. Outro modo é realizar unha serie de impresións
aplicando unha cor por vez, o que dá unha aparencia máis realista.
O método utilízase
actualmente en varios lugares para gravar imaxes dunha gran variedade de temas.
Por exemplo, impresións de peces occidentais utilizando o método directo,
aplicando tintas de cores para imitar mellor as cores naturais. A diferenza
doutros métodos de impresión máis industrializados nos que se crean imaxes
idénticas, o método directo do GYOTAKU produce imaxes únicas denominadas
monotipos.
Con Maribel e María ao rematar o obradoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario