CORES CÁLIDAS (Continuación)
AMARELOS E LARANXAS
No renacemento escomezan a
popularizarse os amarelos e laranxas. Obténse ao expoñer o chumbo e o antimonio a altas temperaturas.
Son tóxicos, sobre todo o laranxa realgar, que contiña sulfuro de
arsénico.
Os amarelos e laranxas
empregáronse en Exipto e Mesopotamia, e aínda que perigoso, artistas como
Tiziano e os seus contemporáneos, así como Van Dick (gran admirador do
veneciano), os pintores de flores en Holanda e a pintora barroca Artemisia
Gentilleschi o empregaron regularmente.
Lady Elizabeth Timbelby e a súa irmá. Van Dick.1637
Judith decapitando a Holofernes. Artemisia Gentilleschi. 1620
Flor amarela. Georgia O´Keeffe. 1923
Emprego do laranxa, nestas calas de Georgia O´Keeffe.1925
O
ocre,
que obtense xeralmente das terras, emprégase desde a prehistoria, é non é tóxico.
Pintura parietal prehistórica co emprego de ocre escuro.
O amarelo de cromo era
elaborado en base a cromato de plomo, pigmento de cor intenso que ofrece
variacións desde ton claros ata achegarse case ao laranxa. Foi empregado na pintura ao temple e óleo ata mediados do século XIX, e
foi unha das cores que Vincent Van Gogh prefería para pintar. A alta toxicidade do amarelo de cromo,
así como á súa pouca estabilidade ante a
luz, fixo que cada vez se empregase menos. Na actualidade está prohibido.
Corona Imperial de Fritillaries nun Vaso. Vincent Van Gogh. 1887
O amarelo de cadmio foi creado en 1840 e empregouse como como
sustituto do amarelo de cromo. Está documentado
na paleta de Claude Monet e Paul Signac. A súa variedade tonal é ampla:
desde o amarelo verdoso ata coloracións laranxadas. A súa denominación indica o valor tonal: amarelo de cadmio claro, de
cadmio limón, de cadmio medio ou de cadmio escuro. Empréganse pigmentos de
cadmio para obter laranxas e vermello.
Impresión, Sol naciente. Monet. 1872
O amarelo indio, parece que elaborábase dos ouriños das vacas indias.
Hoxe hai alternativas sintéticas dun color idéntico ao seu homólogo natural
(amarelo dourado e moi transparente).
O amarelo indio na "Leiteira" de Vermeer. 1658
O
SEPIA
A tinta natural da sepia, obténse do molusco (debido ao seu mal cheiro
parece provenir da palabra grega sèpein,
que significa apodrecido), e se obtiña deixando secar as bolsas de tinta ou exprimindo a tinta do molusco vivo e
deixándola secar. Para a súa elaboración posterior en tintas ou pinturas, o
material seco se molía ata obter un po que se disolvía en auga con, por
exemplo, amoniaco. Para mellorar o seu adherencia, á disolución, engadíaselle
un aglutinante, como poden ser a goma arábiga ou a goma laca. Unha desventaxa desta sepia era a súa cor negra.
No entanto, a principios do século XIX,
descubriuse unha forma de extraer a sustancia que lle proporcionaba a cor á
tinta, con axuda de hidróxido de potasio
e acedo clorhídrico. O resultado foi unha cor sen impurezas e, xa que logo, cun maior poder colorante. O
problema era que a cor palidecía
rápidamente baixo o efecto da luz. Si aplícase en capas grosas, a Sepia
orixinal ten unha cor case negra, pero aplicada como tinta líquida ou acuarela
diluída, obsérvase o seu belo matiz pardo avermellado.
Algúns pensaben que Rembrandt traballaba con
sepia, pero o que emprega realmente era
o bistro, que non é o mesmo
que sepia, senón que é unha sustancia de cor marrón, obtida do hollín que se
produce ao queimar cascas de noces ou madeira de haya, e que as veces mixturaba
con tinta de agalla, á que, ás veces, engadía algún pigmento como a sombra
tostada.
A razón pola que as bolsas de tinta xa non se
usan nas pinturas artísticas é que a Sepia natural palidece baixo o efecto da
luz.
Búho voando contra un ceo iluminado pola lua, obra en sepia e lápiz de Friedrich. 1836–37
No hay comentarios:
Publicar un comentario