Amalia Pereira realizou un extenso estudo
sobre Piet Mondrian e unha das obras máis impactantes do artista: “The gray
tree”(1921), que reflicte a espiritualidade que acompaña Mondrian en toda a súa
traxectoria e que define o mesmo pintor: “Para lograr un enfoque espiritual en el
arte se necesita apoyarse lo menos posible en la realidad, porque esta realidad
se opone a la espiritualidad”. Falounos tamén da relación que os artistas da
época tiñan coa teosofía, a mística e o esoterismo, abraiados pola abundancia
do mundo e a indiferencia da natureza, e como a relación de Mondrián coa Teosofía
é moi importante para entender a obra que Amalia nos presenta, pois esta inflúe
non so na forma senón na cor
simplificada eo mínimo en canto ao seu contido referencial. Fixo tamén
reflexión moi interesantes sobre:
-A
cor gris empregada en relación coa néboa, que ao mesmo tempo ten relación coa
pureza que o artista desexaba para as súas obras en canto a limitación da
paleta en escala de grises e un certo ton
azulado, que vemos nesta peza.
-O
tronco torcido, en relación aos iniciados na Teosofía que debían enderezar e correxir os defectos
mundanos.
-O
emprego da espátula, para facer riscos, o que potencia aínda máis a creenza de
Mondrían da pintura na que os elementos son planos como se quen pinta fora unha
máquina.
The gray tree. 1921
Esta relación da abstracción coa mística, a
prantexa tamén Ramón López con respecto a obra de Malevich, incidindo na
relación destes artistas, que vían a pintura abstracta como un modelo de
coñecemento místico, nunha realidade profonda ou misteriosa das cousas. Presentounos
unha obra de claras referencias figurativas, pero que ten no emprego dos planos
referencias xeométricas.
O leñador. 1912
Juan
Loureiro, que tamén escolleu a Malevich, incidiu na importancia que a obra de
Cézanne e Flaubert tiveron para o artista, lembrándonos as palabras do
escritor: “La belleza se convertirá
quizás en un sentimiento inútil para la humanidad y el arte se situará a mitad
de camino entre el álgebra y la música”, o que posiciona a Malevich entre
os artistas que buscan na xeometría a arte pura, e que cando pinta no ano 1913 “Cadrado
negro sobre fondo branco”, a súa primeira creación suprematista, consideraba o
cadrado como o mellor medio de expresar a arte máis pura. De feito nesta peza,
o cadrado negro represent a sensibiilidade non obxectiva e o fondo branco é a
nada.
Cadrado negro sobre fondo branco. 1923
Ángeles Martínez Ruano, foi quen de lembrar a
obra de Mantecón, artista vigués, que tiña predilección polo papel como soporte
na súa pintura conceptual, en grandes tamaños e perto dun constructivismo
monocromo de formas xeométricas, e falounos dunha obra realizada sobre papel en técnica mixta
do ano 1992, en cores grises de liñas xeométrica, coa particularidade de que
non é totalmente plana, ois oscorpos centrais parecen estar en movemento debido
ao emprego dunha liña rosa no centro e ao movemento que xenera a apertura
espacial da parte central do cadro.
S/T. Técnica mixta. 1992
Ana López, a partir dun power point,
desvelounos un segredo, como partindo dunha realidade obxectiva o artista pode
chegar á abstracción. Coa frase QUE VES
AQUÍ? comezou unha interesante viaxe sobre a vida de Teo Van Doesburg, un
dos principais teóricos do Neoplasticismo, movemento do que nos fixo un
importante desenvolvemento a partir de textos e imaxes. Porén a máis novedosa
aportación, foi desvelarnos ao fin, que o cadro que presentounos, pois baixo o
lema de Theo Van Doesburg “Desnudemos a
la naturaleza de todas sus formas y sólo quedará el estilo” vimos o proceso
de simplificación radical nunha da súas obras: Composition VIII, que tiña no
seu orixe a forma dunha vaca.
Composición VIII. 1918
Desenvolvemento de Composición VIII (The cow)
Rosa Méndez desenvolveu a súa proposta sobre Sonia
Delaunay, da que fixo unha exhaustiva semblanza, tanto biográfica como
estilística, e falounos da importancia da súa vida como deseñadora, (pois
chegou incluso a deseñar automóviles) e salientou a singularidade da súa
proposta como creadora de ropa, pois os seus deseños serviron para vestidos
coloristas que ela mesma vendía na súa tenda de moda.
Sonia no seu estudo, con dúas amigase as súas creacións
Deseño para un coche. 1971
Da importancia desta artista, nacida en Rusia
co nome de Sarah Ilinitchna Stern, e emigrada despois a distintas ciudades
europeas ata a súa norte en París, falou tamén Yolanda, que a partir dun power point moi traballado,
explicounos tamén a importancia do seu home o artista Robert Delaunay, de quen
Sonia toma o apelido, quen investiga sobre a luz, a cor e o movemento, realizando un traballo
innovador no que disolve, racha e curva as
formas, creando un novo movemento coa súa dona, denominado “ORFISMO”.
Robert Delaunay. La tour Eiffel. 1911
De Sonia, de quen fixo tamén unha longa
exposición falounos Tito S. Remy Orta, recollendo a súa inquietude polas formas
e que xunto co seu home Robert Delaunay foron grandes representantes da arte
abstracta e creadores do “Simultanismo”. A semblanza biográfica baseouse nos
seus primeiros anos en Rusia e os seus primeiros anos en Alemania e París, salientando
que a súa preocupación constante pola aplicación da cor máis alo da pintura,
queda amosada na aplicación dos seus principios nunha amplia variedade de
técnicas artísticas.
Sonia. Prismas eléctricos. 1914
Sonia. Flamenca. 1917
Aportou
unha visión novedosa sobre a abstracción, e sobre a importancia da unión entre
arte e vida Jose, alumna que explicou como Sonia accedeu a unha nova forma
de facer arte, a partir dunha colcha que
fixo para o seu fillo:” Cerca de 1911 tuve la idea de hacer
para mi hijo, que acababa de nacer, una manta compuesta de trozos de tela, como
los que había visto en las casas de los campesinos rusos. Cuando se terminó, la
disposición de las piezas de material me parecía que evocan conceptos cubistas
y luego trataron de aplicar el mismo proceso para otros objetos y pinturas”. O xeito de facer arte a partir
dunha necesidade como nai e de como arte e vida unénse na obra de Sonia foi
todo un descubrimento para nos, que coñecíamos como artistas negras acadaran no
século XIX a liberdade grazas á confección de edredróns de “patchwork”.
Sonia. Colcha para o seu fillo. 1911
Tamén Jose, fixo unha importante aportación
coa pregunta:
Porque a xente está
acostumada a levar prendas a cadros como camisas e faldas e non é capaz de
entender ou mercar unha obra de arte realizada co mesmo concepto de horizontalidade
e verticalidade de abstracción xeométrica?
Deseño de cadros nunha camisa
Mondrian. Abstracción xeométrica.
Aquí
queda a pregunta no aire que tentaremos resolver nas nosas clases.
FOTOGRAFIAS NO PHOTO PEACH DO ALUMNADO NA AULA, FACENDO AS PRESENTACIÓNS E LOGO POÑENDO EN PRÁCTICA, TRAS A POSTA EN COMÚN O
APRENDIDO DOS COMPAÑEIR@S.
NA AULA on PhotoPeach
FOTOGRAFIAS NO PHOTO PEACH DO ALUMNADO NA AULA, FACENDO AS PRESENTACIÓNS E LOGO POÑENDO EN PRÁCTICA, TRAS A POSTA EN COMÚN O
APRENDIDO DOS COMPAÑEIR@S.
No hay comentarios:
Publicar un comentario