Aristóteles situaba a orixe das cores na
mezcla da luz solar cos caro elementos: lume, terra, auga e aire. Máis será
Newton quen, ao pasar un feixe de luz por un prima de cristal,
constatou que este descompoñíase en cores puros, o mesmos que
aparecían no arco da vella, e instaurou un modelo: O
CÍRCULO CROMÁTICO.
Os pigmentos poden clasificarse en tres grupos:
TERRAS, PIGMENTOS INORGÁNICOS E ORGÁNICOS.
As terras empregadas son as daquelas rexións nas que o producto
presenta un alto grao de pureza. Os pigmentos de terras: ocres, sombras terra
verde e sienas, son óxidos de ferro. Estes pigmentos teñen un secado máis rápido,
e aplicados en capas moi finas cando traballamos co óleo pode secar nun día.
Os inorgánicos, extráense de fontes minerais. Os xacementos destes minerais
son cada vez máis escasos e a excepción do lapislázuli e o cinabrio (bermellón)
case desapareceron polo que na actualidade fabrícanse de xeito sintético. Entres
estes pigmentos atópanse: os cadmios, o azul cobalto, verde esmeralda, azul
celeste, bermellón e azul ultramar.
Os pigmentos minerais facíanse a partir de pedras preciosas; por exemplo, co
lapislázuli producíase o ultramar. Realizar un retrato no que se utilizaba este
azul considerábase un gran luxo. Si un
cliente desexaba azul, debía pagar extra. O prezo moi elevado do lapislázuli
obrigou a buscar outros pigmentos: minerais (azurita) e biolóxicos (indigo).
Os orgánicos,
eran tintes extraídos de fontes vexetais ou animais como os conseguidos por cocción
de sementes ou calcinación e os obtidos por vía sintética como anilinas, tamén
de composto orgánico. Estes pigmentos
convertíronse en LACAS, ao ser
precipitados nun vehículo como a alúmina (polvo branco que ao ser molido e
aglutinado co aceite tórnase incoloro e transparente). Os primeiros tintes sintéticos tentaron igualar aos productos naturais. Os orgánicos adoitan ser menos estables que os
inorgánicos.
Durante o século XIX se sintetizaron materias
colorantes que se usaban como pigmentos, o azul
cobalto, o amarelo zinc e o óxido de cromo entre outros. O número de pigmentos
foi crecendo ata a actualidade en que existe unha gran variedade e todos de
excelente calidade. Os
descubrimentos de novas cores crearon industrias e produciron cambios na moda e
os gustos. O descubrimento en 1856 do malva
de Perkins, (primeiro tinte de
anilina), sentou as bases para o desenvolvemento de moitos tintes e
pigmentos sintéticos.
O pigmento xunto co aglutinante forma as distintas técnicas pictóricas: óleo, acuarela, pastel ou acrílico, entre outas. O
aglutinante é o que permite alcanzar a fluidez no pigmento e conseguir a
adhesión da pintura na superficie, e pode ser acuoso ou graso.
CORES CÁLIDAS
O
MAGENTA
Elaborado sintéticamente, a Triaminotrifenylcarboniumchlorideé como chamouse incialmente, é unha cor rosa-vermella, fabricada en 1856. Posteriormente,
obtivo a denominación oficial de Magenta.
O VERMELLO
Parece que foi un dos
primeiros en ser empregado –xunto co negro, o amarelo e o branco- pois aparece
nas pinturas rupestres.
Flor. Georgia O´Keeffe
Emprego do vermello-carmín. San Marcos liberando ao escravo. Tintoretto. 1548-1566
O BERMELLÓN
Prepárase a partir do cinabrio (mineral) foi un dos favoritos dos romanos.
Outros
tintes vermellos, se extraen de insectos e plantas, como o que se extrae da cochinilla das encinas, o KERMES
VERMILLO. Desde a Idade media, este tinte misturábase con aceite ou ovo pois
daba como resultado un vermello intenso de efecto traslúcido.
Emprego do bermellón. Asunción da Virxe.Tiziano.1518
Rembrandt
fabricaba a súa propia pintura, como
case todos @s artistas do seu século (XVII ou Século Dourado). Empregaba dez pigmentos, entre eles o
bermellón: blanco de plomo, negro hueso,
pardo Cassel, sombra, ocre amarillo, amarillo plomo-estaño, bermellón, laca
granza, esmalto e azur celeste. As pinturas elaboradas gardábaas en vexigas
de porco. No Renacemento e no Barroco, outros moitos artistas como Tiziano ou Moroni, empregan o bermellón e os distintos vermellos nas ropaxes.
Dama en vermello. Moroni.1556
O sastre. Moroni. 1570
O PÚRPURA
A púrpura
de Tiro é un pigmento producido a partir da mucosa dunha das moitas especies de carafio do xénero Murex. O
pigmento era custoso e difícil de producir. O historiador grego Teo pompo, Do
século IV a.C. dixo que o púrpura para tintes valía o seu peso en prata.
Muller peiteándose. Signac. 1892
Denominouse «década malva»
ao período que, na cultura occidental, vai desde década de 1850 ata
principios dos anos 1860, debido á gran demanda que experimentaron nese tempo
os textis de cores purpúreos, e no
que houbo un declive dos tintes naturais. Como mostra, a obra de
Arthur Hughes, “Amor de abril” do ano 1854.
Amor de abril. Arthur Hughes. 1854
CARMÍN
DE ALIZARINA
O carmín de alizarina prepárase precipitando alizarina sintética (pigmento orgánico
derivado do antraceno) nunha base neutra
de trihidrato de aluminio, acadando unha
laca semioscura, transparente, con
boa permanencia. Con outras bases lógranse matices de vermellos. Coma exemplo, este retrato de nena, onde o Carmín aparece na zona das meixelas e a boca.
CARMÍN
DE GARANZA
O Carmín de garanza, orixinalmente extraíase da raigame da “Rubia Tinctorum”, cosechada no primeiro ano de vida da
planta e pulverizada. Foi creado artificialmente por primeira vez por J.F.L.
Merimée no 1830. É unha cor dun vermello
escuro, intenso, purpúreo, que nos remite ás grandes obras da pintura barroca.
Parece ser que nas "Meninas", Velázque empregou unha paleta de cores na que inclúesen o carmín de garanza asemade de bermellón de cinabrio e branco de chumbo, entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario