Durante dous días
visitamos con dous grupos distintos diversas exposicións na nosa cidade: a de
Mantecón no MARCO, a de gravados de Dalí, a Pinacoteca e a FUNDACIÓN LAXEIRO.
No MARCO, amósase a mostra sobre Francisco Mantecón, quen nos anos 70 escomenza participando nas mostras da
praza da Princesa en Vigo e realiza as súas primeiras exposicións individuais, cunhas
obras que naquel momento definíanse dentro da figuración sobria e persoal.
Xosé explicando unha das pezas
S/T. 1981. Mixta sobre tea
Mantecón, entre 1972 e
1976 estuda Belas Artes, en Barcelona, pensionado pola Diputación de
Pontevedra. Alí entra en contacto con diferentes movementos da arte de
vanguardia doutras latitudes e evoluciona cara a unha abstracción expresionista
que, a finais desa década, transforma en abstracción geométrica de formas
esquemáticas e monocromáticas, nunha estética que nunca abandonará,cunha especial
predilección polo soporte en papel. Dende mediados dos anos setenta comeza a
practicar o deseño gráfico que acentúa as estruturas analíticas, planas, con
modulaciones de luces sutís, fondos negros e liñas paralelas, acenos de
identidade da súa pintura cuxa preeminencia na plástica que leva tamén a otros
campos como o gravado ou a fotografía.
Participa nos anos oitenta en Atlántica,
expoñendo co grupo ata o ano 1983, asi como en outras exposicióss colectivas de
arte gallega como “Imaxes dos 80 desde Galicia” (1984), “Tempos de Pintura”
(1985), a mostra de artistas gallegos da Consellería de Cultura en ARCO 83 y 84
ou na I Mostra Unión Fenosa de 1989. Ao mesmo tempo, casi anualmente, segue
expoñendo en solitario en galerías como Lepina e Novecento de Vigo, Joaquin Mir
de Palma de Mallorca ou Trinta de Santiago entre outras.
S/T. 1978. Mixta sobre tea
S/T. 1990. Acrílico sobre tea
No Marco, na planta principal, atopamos un
centenar de obras procedentes de coleccións institucionais e particulares, pois
en palabras dos seus comisarios: «Deixamos de lado moitos anos da súa carreira
pictórica e incluso o ámbito do deseño, no que tanto destacou, para centrarnos
no seu traballo dos anos oitenta e noventa».
S/T. 1992. Pastel sobre papel
S/T. Lápis sobre tea
Primeiro
día:
No Marco e na mostra de gravados de Dalí.
No Marco participamos nunha actividade do
museo facéndonos fotos, cun pequeno marco valeiro ante algunhas das pezas de
Mantecón, que sairán na páxina do Facebook do Museo.
Ante unha das pezas
Foto do grupo no Marco
Na mostra SALVADOR DALÍ contador de
historias, puidemos ver: Les songes
drolatique de Pantagruel do ano 1973, Le
bestiarie de La Fontaine dalinisé (1974) e as estampas de “O enxeñoso Fidalgo
don Quixote da Mancha” (1957-58), nestas Dalí coñecía diferentes fontes
ilustradas sobre O Quixote, pois as súas formulacións na composición supoñen unha
interpretación persoal de figuras, aínda que a fonte gráfica non é tan directa
como na serie sobre Pantagruel, na que retoma os debuxos realizados por François
Desprez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario