A
MONTAXE
Na
montaxe participou o alumnado como parte
do traballo de aula, pois é moi importante coñecer a disposición das obras para
que a visualización delas sexa a correcta, aínda que contamos tamén para a súa
realización con Alberto, traballador da escola que foi quen pendurou as pezas e
colocou as luces. Tamén contamos coa axuda de Rosa a profesora de escultura da
escola, que como coordinadora da mostra tivo un papel fundamental na montaxe.
Algunhas
das pezas presentes nesta mostra fan que exista un entendemento común,
pois parten dunha base xeométrica e racional, para abrirse, fuxindo dun sistema
pechado e impositivo, ao pulo momentáneo e impensado de quen fai arte nun
momento dado. De aí a singularidade desta mostra que amosa o traballo do
alumnado que presenta tanto obras xeométricas e abstractas, como pezas que
pendulan tamén nesa oscilación entre esa mirada ecléctica e o xogo que se
realiza ante quen as mira que tras a dilución dos xéneros a finais do século
XX, encaran este novo século con liberdade e paixón, fóra de todas as normas.
ACRÍLICOS SOBRE LENZO E MADEIRA
As pezas desta mostra, realizadas en acrílico,
óleo e pastel, xogan tamén co concepto
de orixinalidade e autoría, pois as pezas libres de toda atadura funcionan como
elemento lexitimador do obxecto en tanto que artístico e non como creación dun
obxecto relacionado co manual, e racha co concepto e o presuposto de
intervención física do suxeito na produción como base da constitución da noción
de autoría, exercendo así un rol de autoridade intelectual e subordinando o
procesual ao proceso mental que se afasta de modas e abrangue a liberdade
total.
No hay comentarios:
Publicar un comentario