Foto co alumnado participante na mostra
O venres 24 de maio o alumnado de Pintura da
Escola de Artes e Oficios de Vigo inaugurou a mostra co título DA XEOMETRÍA Á DESORDE, DA DESORDE Á
XEOMETRÍA, que amosa o traballo realizado desde o mes de outubro ata a
actualidade, nas distintas técnicas traballadas na aula: óleo, acrílico e
pastel, así como en diversas técnicas mixtas.
Como comisaria, pareceume importante que todo o alumnado participara na
mostra, debido a calidade das pezas realizadas a partir dun eixe común: a
experimentación e o traballo constante. A peza de maior tamaño da mostra, parte
dun xogo: a pintura automática, que desenvolve as formas e cores desde a
expresión en pezas pequenas e bocetos, para rematar nunha obra de carácter
marcadamente xeométrico, pero que contén na súa execución o paradigma da expresividade e dunha cor, liberada en
certo modo da forma. En
primeiro lugar os grupos de Iniciación realizaron un xogo de pintura automática,
con lápiz, que foi posteriormente reelaborado en pequenos bocetos a pastel, dos
que elexiron un, para facelo en formato de 57 x 70 cm e que daría lugar a unha
obra de gran formato realizada en acrílico sobre lenzo polo alumnado de
Perfeccionamento.
DA XEOMETRÍA Á DESORDE, DA DESORDE Á XEOMETRÍA. PASTEL on PhotoPeach
BOCETOS
EN PASTEL
A ELECCIÓN DAS PEZAS
A mostra participa de dous estilos pictóricos
que foron dominantes a principios do século XX: a abstracción xeométrica e a
abstracción expresiva, que parecen ser opostas e complementarias, mais na actualidade, estas dúas tendencias que no
século XX, eran case antagonistas, confúndense, mestúranse, dilúense.
Na ABSTRACCIÓN
XEOMÉTRICA, orientada segundo o cálculo, o rigor e a norma, priman o
obxectivo e os valores universais, cunha planificación da obra sobre principios
racionais, previos á creación, mentres que os elementos visuais carecen de
expresividade debido ao emprego de elementos neutrais, xeralmente xométricos,
de factura un tanto impersoal, onde impera a claridade, a precisión e a
obxectividade, en composicóns sistemáticas e moi estruturadas.
Na ABSTRACCIÓN
EXPRESIVA, que fai a súa andaina polo camiño da expresión inmediata,
espontánea e directa, as obras están abocadas a un certo “desorde”, mais esta
desorde non é real, pois prima a composición, sempre necesaria, aínda que a
obra sexa subxectiva e expontánea, a partir de métodos de creación impulsivos e
improvisados. Por este motivo estas obras revelan unha grande expresividade, e
a capacidade expansiva e expresiva dos materiais é fundamental. Estas
composicións asistemáticas e aparentemente faltas de estrutura, que apuntan á
ambigüidade e á suxestividade, levan unha racionalide que se basea na pulsión
controlada, no imperio dos sentimentos que na arte contemporánea está moi
presente.
No PHOTOPEACH, as diferentes pezas xeométricas e expresivas que aparecen na mostra.
No PHOTOPEACH, as diferentes pezas xeométricas e expresivas que aparecen na mostra.
DA XEOMETRÍA Á DESORDE. LÍRICA E EXPRESIVA on PhotoPeach
No hay comentarios:
Publicar un comentario