Tríptico "Vanitas". 2006. Pastel sobre papel
Detalle do vestido
A técnica do pastel foi moi empregada no
século XVIII en Europa, pero non volveu a recobrar o seu lugar dentro do mundo
artístico, ata que impresionistas como
Edgar Degas, postimpresionistas como Toulouse Lautrec ou o nabis Édouard
Vuillard, a incorporaron de novo como técnica autónoma.
De ahí a importancia do emprego desta técnica
por Paula Rego, pois a producción artística de Rego enraizada en experiencias e lembranzas
persoais, en siniestras fantasías, na historia da arte e na literatura, teñen
un nexo en común, que é o magnífico debuxo e a acertada técnica que escolle para a súa proposta estética. Se ben
a artista lusa ten unha nagnífica obra que abrangue desde o debuxo, o gravado
(ten unha abondante obra en gravado durante toda a súa traxectoria), o acrílico
e o óleo, e quizaís na obra realizada en pastel, onde vese a súa indudábel
mestría.
Rego
emprega a tiza de costado de xeito que no marca demasiado o soporte e vai dando
capas unha enriba doutra ata acadar a intensidade que busca, sen saturar nin
presionar excesivamente, traballa deixando grandes
manchas, sobre as que aplica ás veces toques fortes que danlle moita
expresividade.
Rapaza cun feto. 2005.Pastel sobre papel montado en aluminio
Detalles dos pés
A vella república. 2005. Pastel sobre papel
Detalle da man
Detalle dos zapatos
Noutras ocasións traballa co pastel de punta
facendo raias e deixando que aparezca baixo a pintura o papel, dun
xeito rápido que permite realizar correccións con gran facilidade, en trazos
nerviosos e tamén moi expresivos.
Violación. 2009.Pastel, conté e carboncillo sobre papel
A pequena violación. 2009.Pastel, conté e carboncillo sobre papel
"Soy una pintora figurativa porque necesito tener una “figura” en el cuadro que estoy creando. Nunca me he sentido atraída por la abstracción. Yo dibujo a gente, me dirijo a la gente. Y cuando esta me falta, las recreo a partir de figuras de papel maché o muñecos de trapo".
PAULA REGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario