Seguindo coa nosa costume
e xa case no final de curso, o alumnado de Pintura fixo dúas visitas guiadas na
cidade de Vigo ao museo Marco, no que puideron ver obra contemporánea na mostra do
primeiro andar, pezas entre as que existe vinculación entre coñecemento e arte,
entre sistemas de percepción e medida técnico e a imaxe plástica, comisariada
polo profesor de Belas Artes de Pontevedra, Alberto Ruíz de Samaniego. Unha
exposición excelente que tivo en Xosé Carrera, que traballa no museo, un guía excelente.
Na mostra pódense atopar traballos de artistas
como Perejaume, Fernando Casás, Fernando García Correa, Yolanda Herranz, Silvia
García, Juan Fernando de la Iglesia, Arturo Moya, Elena Lapeña e Jon Coplans.
Fernando Casás. S/T. 1977
Fernando Casás. Reciclo 24. 1978
Elena Lapeña. Serie Corintia: Prosopis juliflora. 2012
María Castellanos Vicente. Corpo-realidad. 2012
Arturo Moya. CUT. 2014
Román Corbato. Playa ordenada. 2014
Juan Loeck. Proceso nº 52 Construcciones P/A. Construcción con viento. 1986
No hay comentarios:
Publicar un comentario