O xoves 29 de maio un nutrido grupo da aula de
Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo, realizou unha visita a dous
centros de arte de Santiago de Compostela.
Peza de Chelo Matesanz
No CGAC, puidemos contemplar a obra da artista
Chelo Matesanz titulada “As miñas cousas en observación”, a mostra fotográfica
de Paco Rocha “Naturaly Human” e a
exposición “27 Negros”, obra coral composta por 27 monocromos negros de 20 x
20cm realizados por 27 autores entre os que se atopaban pezas de Teo Soriano,
Din Matamoros, Carlos Maciá, Nuria Fuster e Miran Díez entre outros, nunha
antoloxía que é un exercicio de estilo colectivo.
A exposición de Chelo Matesanz realiza un
percorrido por catro escenarios metafóricos en pezas presentadas desde o humor,
a repulsión, a dor e a distancia contemplativa, na que a artista aborda
resultados que abranguen desde a instalación, a pintura o costura e o collage que falan sempre da arte, desde
a súa mirada observadora. Matesanz, con case trinta anos de traxectoria
artística intérnase en terreos críticos respecto a súa condición, desde unha perspectiva
feminista que reflexiona sobre os criterios polos que se rexen a personalidade
e a proxección da muller no sistema artístico, e que bota por terra os mitos do
artista xenial e da obra mestra.
Peliqueiros. 2006. Pespunto sobre loneta
Zamarrón. 2007. Pespunto sobre tea
S/T. El resiste. 2012. Tea e madeira
Feridas. 1994. Pespunto sobre tea tramada e algodón
Lo que Lee Krasner podría haber hecho pero no hizo.2001. Feltro cosido sobre loneta.
Chocolate, molinillo. 2001. Vídeo, son
No Gaias, visitamos a mostra AUGA DOCE,
exposición multidisciplinar que nos invita a contemplar a través da mirada
prestada dos artistas. Nela, puidemos ver ao longo de dúas horas e media obras
de artistas galegos como Vari Caramés, Din Matamoro, Rubén Ramos (cunha
magnífica instalación), Xulio Gil e Xosé Freixanes así como de artistas nacionais
e extranxeiros entres os que se atopaban grandes nombres da creación
contemporánea como David Hockney, Gerhard Richter, Mario Merz, Louise
Bourgoise, Martín Chirino o Chema Madoz e de mestres clásicos da importancia de
Piranesi, John Constable, e Kokoschka.
Rubén Ramos Balsa. 2013-2014. Estrutura de silla con hipercubo e río con triángulo.
O alumnado ante a obra de Xosé Freixanes
Ante unha obra de Luis Seoane
Foto do alumnado que participó na visita
Gran día!! Moi productivo... Nas fotos notase que quedamos abraiados ca obra de Xose Freixanes...todos dicindo como fixo a choiva ;) Para repetir!!!
ResponderEliminarSi, en verdade todos e todas aprendimos moito.
ResponderEliminar