Grupo de Perfeccionamento II, traballando nos fondos
Grupo de Perfeccionamento I coa parte inferior do políptico
Na elaboración da peza démoslle unha importancia fundamental ao
proceso creativo, e tras mercar os lenzos e o material, comenzou un proceso de
reflexión sobre como faríase o prepintado. Decidiuse traballar nun formato
grande que achegárase en certa medida ao elexido por Leonardo, pero cambiando
non só a técnica: acrílico, óleo e técnica mixta, senón tamen a estética, pois
a elexida foi o Expresionismo, un expresionismo afastado da estética
renacentista do artista italiano, que achégase máis á tradición nórdica, que en
Galicia ten unha forte presenza ao longo da historia da nosa plástica.
Detalle das mans dun grupo de apóstolos
O formato foi tamén
fragmentado en lenzos de 50 x50 cm, o
que posibilitou unha mellor distribución do traballo e resultaba máis
operativo para o traballo en grupo. Fixéronse moitos debuxos preparatorios por
parte do alumnado, por grupos (pois na elaboración da peza participou o
alumnado de Perfeccionamento I e II) e logo dun xeito individual, a partir de
fotografías da obra, polo que fixéronse estudios de mans, pés e de cada
persoaxe da obra de Leonardo.
Facendo unha copia do natural
Detalle da man de San Pedro co coitelo
No hay comentarios:
Publicar un comentario