A mostra “Branco e Negro”, propón un dualismo
que podería estar en relación con outros conceptos en principio enfrontados
entre sí como:
VALEIRO-CHEOLUZ-ESCURIDADE
RUÍDO/SON-SILENCIO
A realización de pezas ou artefactos para
mostra é ampla pois os conceptos xerais que reflicten estes opostos poden
relacionarse entre si.
Tres alumnas participando na montaxe dos lenzos, para o proxecto de Pintura
Con respecto a relación entre branco e negro,
a cor desprende distintas expresións ambientais e pode transmitirnos sensacións
como calma, violencia ou maldade. De feito as palabras branco e negro,
significan a ausencia e a mixtura de todas as cores, coas consecuencias que iso
implica. O
BRANCO, está en relación cunha sensibilidade maior ante a luz, e ao mesmo tempo
é símbolo do:Absoluto, Unidade,Paz (que podería relacionarse co SILENCIO), Inocencia
e Rendición.
Varias alumnas facendo o debuxo da obra de Leonardo
O NEGRO, sobre todo na
tradición occidental, é símbolo de: erro, mal, misterio e inferno, e ao
mesmo tempo de escuridade. No seu
aspecto positivo ten relación coa nobleza e coa elegancia, e científicamente (é
dicir con respecto a teoría da cor) representa a unión de todas as cores.
Debuxo preparatorio das mans dun dos apóstolos
No hay comentarios:
Publicar un comentario