O BRANCO E NEGRO, compleméntanse e anúlanse.
Un é a ausencia e outro a suma das cores, polo que debido a este dualismo,
poden tamén ser representacos xuntos creando un contraste, onde ratifícase a
importancia do concepto maís aló do obxecto, ou do proceso artístico máis aló
do resultado final.
As veces a única luz que vemos nun cuarto
escuro pode ser a que sae do fume dos cigarros acendidos no cuarto, porque
entre o branco e o negro, existen toda unha gama de grises que aportan sutís
diferencias, o que confírelle tamén ao seu emprego o matiz de liberdade
importante.
O branco e o negro serven para representar
nun debuxo, o valeiro e o cheo, marcando as liñas que redefinen unha contorna
(o negro) ou para acadar luminosidade (o branco) no medio da ESCURIDADE. O seu
emprego axuda a revelar o oculto e a ocultar o que se desvela.
A nivel connotativo, o branco e negro, posúen
factores psicolóxicos, simbólicos e estéticos, e ao mesmo tempo provocan unha
forte subxectividade.
Dúas alumnas refacendo parte do debuxo orixinal
No hay comentarios:
Publicar un comentario