Na aula de PINTURA: a proposta vincúlase ao Apropiacionismo dunha obra emblemática
da historia da arte: A ÚLTIMA CENA de LEONARDO.
Esta pintura mural foi executada
entre 1495 y 1497, na parede do
refectorio do convento dominico de Santa Maria delle Grazie en Milán, por
encargo do duque Ludovico Sforza de Milán. Non é un fresco tradicional, senon
un mural executado ao temple e óleo sobre dúas capas de preparación de ieso
extendidas sobre enlucido, en 460 cm de alto por 880 cm de ancho, que debido á
experimentación do artista escomenzou a desprenderse da parede ao pouco tempo
de terse rematado no ano 1500, o que provocou numerosas restauracións nesta
obra, considerada por quenes adícanse a
crítica e a historia da arte como unha das pinturas máis importantes do
mundo.
Debuxo preparatorio dun apóstolo
Leonardo pintou “A última cena”, a súa obra quizais máis coñecida, afastado dun mundo durante eses anos
caracterizado polos conflictos bélicos, as preocupacións e as penurias. Cando
foi rematada o artista consideraba que aínda non estaba satisfeito co
resultado, porén foi exposta e contemplada
por moitos. A fama que deulle este obra, fixo que desde ese momento se lle
considerara un dos mellores pintores de Italia. Os artistas acudían desde moi
lonxe ao refectorio do convento de Santa
Maria delle Grazie, miraban a pintura detidamente, a copiaban e discutían sobre
ela, do mesmo xeito que hoxe en día, pois é incluso nos nosos días unha das
obras de arte máis revisitadas e interpretadas.
Alumnado de Perfeccionamento I, cos bocetos preparatorios
No hay comentarios:
Publicar un comentario