BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 1 de diciembre de 2012

DIANE ARBUS (Parte III)

                                     
                                            Puerto Rico woman with a beauty mark. 1965
                                    

 
 Nas súas fotografías os roles sexuais e a soidade do ser humano expresan a súa rebeldía e desilusión, pois Diane non está contenta coa súa vida. Nunha entrevista do ano 1967 para a revista Newsweek di: "É irracional ter nacido en certo lugar e en certo momento e de ser dun determinado sexo. É irracional que un poida cambiar moitas circunstacias e que non poida cambiar moitas outras. A simple idea de ter nacido rica e xudía é parte desa irracionalidade. Pero se naces sendo algo, podes ter a ousadía de ser outras dez mil cousas". Nese mesmo ano publica "New Sensations" e os seus retratos producen a un mesmo tempo rexeitamento e admiración, aínda que as súas obras publicadas en revistas reciben a metade do salario que a dos seus compañeiros varóns. Ese desexo de cambio, faille recoller ese realismo cru e captar o particular para alcanzar o xeral, no seu percorrido nocturno como unha cazadora de personaxes singulares nos seus particulares safaris pola cidade, de personaxes estraños provistos dunha beleza convulsa, enseñandonos que todos nós podemos ser monstros.
 
 

                                               Albino Sword Swallower at a Carnival.1970


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario