BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 31 de enero de 2016

MULLERES SURREALISTAS: LEONORA CARRINGTON

“¿El mundo que pinto? No sé si lo invento, yo creo que más bien es ese mundo el que me inventó a mí“.

Leonora Carrington


 A pintora, escultora, grabadora, escritora, dramaturga e escenógrafa Leonora Carrington naceu en Chorley, Lancashire, (rexión con ambente moi especial, onde a tradición sitúa ás meigas, os autos de fe e as novelas neogóticas que inflúe na obra de Leonora e que tanto admirarán os surrealistas) Inglaterra en 1917.  Dende moi nova foi dun colexio a outro, debido a súa rebeldía, non era mala estudante, máis tiña unha aversión a autoridade e as institucións de todo tipo, non só as relixiosas, o que a levou a fuxir de casa con somentes 19 anos.


Autorretrato. 1938


Verde. 1942


Os Faustos do subsuelo. 1947


A tentación de San Antonio. 1947


Samain. 1951

 No ano 1936 ingresa na academia Ozenfant de arte, en Londres, fuxindo un tanto do ambente opresivo familiar. No ano seguinte coñece a Max Ernst, quen a vincula ao movimiento surrealista, e con quen mantén unha relación tras unha viaxe a París, onde convive e coñece a Bretón, Miró, Picasso e Dalí. Participa en 1938 na Exposición Internacional de Surrealismo en París e Ámsterdam e escribe un libro de relatos titulada La casa del miedo. Previamente á ocupación nazi de Francia,  Leonora participa e colabora co  Kunstler Bund (ao igual que varios artistas do movimiento surrealista) movemento subterráneo de intelectuais antifascistas.


O templo da palabra. 1954


As distracciones de Dagoberto. 1954


Shide. 1954

 Durante o ano 1938 viven nunha casa en Saint-Martin-d'Ardèche, ata que en septembro de 1939 Max Ernst foi declarado enimigo do rexime de Vichy. Detido e levado á  prisión no campo de Les Milles, Leonora sufriu unha desestabilización psíquica, que unida á  invasión nazi a levan a  España, onde foi ingresada polo seu pai nun. hospital psiquiátrico de Santander. Deste período a pintora describe na súa obra autobiográfica “Memorias de abaixo”, os pormenores desta dramática historia e máis a pegada tan tráxica que deixou nela, aínda que consegue, según Emerich acadar:”un proceso de reapropiación da conciencia, unha purificación para alcanzar o saber absoluto”.


 O xuglar. 1954


Ab eo Quod. 1956 


Froita prohibida. 1959


 Figura na auga. 1960

 En 1941 fuxíu do hospital chega a Lisboa, onde atopa refuxio na embaixada de México, onde coñece a Renato Leduc quen a axuda a emigrar, e con quen casa e viaxa a Nueva York. En 1942 emigra a México onde se divorcia de Renato Leduc ao ano seguinte. En México, a pintora volve a retomar a amizade dos amigos e das amigas surrealistas, tamén no exilio mexicano como André Breton, Benjamin Péret, Alice Rahon, Wolfgang Paalen e sobre todo coa pintora Remedios Varo, con quen mantivo unha gran amizade. Casa tamén en Mexico co fotógrafo Emerick Weisz, o compañeiro de Robert Capa, con quen terá dous fillos: Gaby e Pablo, para quenes escribe algúns dos seus relatos.
 Gana no 2005 Premio Nacional de Ciencias y Artes en el área de Bellas Artes, otorgado polo gobierno de México e falece aos 94 años na Cidade de México no 2011. 


Que sería do paxaro. 1960


A advertencia dunha nai. 1973


Sol Niger. 1975

 A proposta estética de Carrington, cargada de lastres masculinos míticos e reais, non ten unha lectura lóxica, pois abonda nun mundo irreal (ou surreal) lírico e reflexivo, que proclama unha obra aberta que deixa a quen a mira o camino aberto para reflexionar sobre a existencia humana. Nos seus cadros, presenta atmósferas pasadas e presentes, nas que expresa ideais imposibles a partir de iconografías míticas de relatos que a súa nai contáballe de nena, e que están mergulladas de meigas, hadas, gnomos e outros seres fantásticos de distintas mitoloxías, que sustentaan a súa fantasía e que se entendía moi ben dentro da linguaxe surrealista. Aínda así, a súa pintura ten armonía e orde, dentro dun círculo pechado, dun universo onde existen leis que implican un significado dentro dese universo gótico e surreal, onde conviven distintas influencias e temas según diversos autores e autoras como: o mito céltico, o simbolismo alquímico, o gnosticismo, a cábala, a psicología junguiana e o budismo tibetano. Leonora co seu sentido do humor,-según a súa biógrafa, Elena Poniatowska- esnaquizou imposicións, incluso a obriga de ser surrealista, pois o seu mundo foi celta, cunha obra que achégase ao mundo da súa nenez, un mundo que ilóxico, un mundo inesperado de poesía que é o de os duendes Sidhes.


Touro bravo. 1977


Laberinto. 1991

 Carrington, realiza tamén diversas esculturas que levan o selo da súa iconografía á terceira dimensión.







 Como escritora, Carrington deixou pegadas da súa existencia en varias das súas obras:
  • La Maison de la Peur (1938). En español: La casa del miedo
  • Une chemise de nuit de flanelle (1951). En español: Una camisa de dormir de franela
  • El mundo mágico de los mayas (1964), con ilustracións da autora
  • La dame ovale (1939). En español: La Señora Oval: Historias surrealistas
  • The Hearing Trumpet (1976). En español: La trompeta acústica
  • La puerta de piedra
  • El séptimo caballo y otros cuentos
  • Conejos blancos
  • En bas (1940). Autobiografía
  • La invención del mole (1960)


BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney:  “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001

Leonora na rede:



LEONORA CARRINGTON on PhotoPeach

domingo, 17 de enero de 2016

MULLERES SURREALISTAS: REMEDIOS VARO


 Nacida en España no ano 1908, na súa obra aparecen inclinacións ata a maxia e  a busca da armonía coa natureza.
 Dende moi nova amosa interese pola pintura, polo que ingresa a idade de 15 anos na Academia de San Fernando en Madrid, tras recibir ensinanza de debuxo técnico de mans do seu pai, quen tamén a levaba a visitar museos. De ahí a importancia da autobiografía na súa obra, polo que é moi importante explorar a relación entre a súa vida e a súa proposta estética, como amosa o paso polo colexio onde estudou en Madrid, de estrictas normas, que será o xermen de varios cadros que pinta con posterioridade en México, como Hacia la torre (1961) ou A fuxida (1962).


A mensaxe. Collage sobre cartón. 1935


As almas dos montes. Óleo sobre triplay. 1938


A gruta máxica. Gouache e tinta sobre papel.1942


Angustia. Gouache sobre cartulina. 1947

 Tras rematar os seus estudos casa con Gerardo Lizárraga, con quen viaxa a París, Francia, onde residirá  un ano, para votar a Barcelona en 1932, onde traballa como debuxante publicitario xunto ao seu home, de quen se separa en 1935. Será Esteban Francés, quen a introduce no círculo surrealista de André Breton,  o que a leva a realizar diversos cadáveres exquisitos a base de collages en colaboración con Óscar Domínguez, Esteban Francés e Marcel Jean. Aínda que en relación co movemiento surrealista, intégrase no grupo Logicofobista, que pretendía representar os estados mentais internos da alma, empregando formas suxerentes de tales estados. Durante a súa colaboración con este grupo, Remedios Varo pinta L’Agent Double, obra que anticipa o seu estilo posterior. E aínda que non forma parte oficilamente do grupo surrealista, Remedios asistiu as súas reunións e expón en varias exposicións internacionais co grupo e participa nas súas publicacións como “Minotauro”, “La Bréche” ou “Surrealismo”.


Insomnio. Gouache sobre cartulina. 1947


Alegoría do inverno. 1948


Valle da lúa. 1950


Xardín do amor. 1951


Ciencia inútil ou O alquimista. 1955

 Durante a guerra civil española, Remedios Varo milita no bando republicano, onde debido a o seu traballo antifascista, coñece ao poeta Benjamin Péret, do que namorase e con quen viaxa de novo a París, onde reside ata a invasión nazi, ata que exíliase a México xunto co poeta onde grazas á política do presidente Lázaro Cárdenas de acollida de refuxiados políticos, son rápidamente autorizados a desenvolver  a súa actividade laboral.
 En 1947 Remedios sepárase de Benjamin Péret, e viaxa ata Venezuela, como integrante dunha expedición científica do Instituto Francés de América Latina. Estando en Venezuela, ademais do seu traballo como ilustradora entomológica, a pintora puido continuar enviando cartaces publicitarios para Bayer mentres traballa para o instituto de malariología venezolano.


O flautista.1955


As follas mortas. 1956


Caza nocturna. 1958


A despedida. Óleso sobre tea. 1958


Visita inesperada. Óleo sobre masonite. 1958


O visitante. Óleo sobre cartulina. 1959



Exploración das fontes do Orinoco. Óleo sobre tea. 1959

 No ano 1949 retorna a México, onde contina coa súa laboura de ilustradora publicitaria, ata que casa co político austríaco Walter Gruen, quen a convence para que se consagre totalmente á pintura. Será en México, na Galería Diana onde presente por primeira vez os seus traballos no ano 1955, cidade no que o ano seguinte presenta a súa primeira individual.
 Nesta cidade establece lazos de amizade con moitas artistas e pintores, sobre todo Leonora Carrington, a quen unía a súa estética surrealista, e que comparte con Remedios a investigación en temas como a alquimia, a maxia, o poder creador da muller e a súa relación coa natureza, o que leva a ambas a participar do mesmo universo tanto desde o punto de vista formal como iconográfico.

Ata a torre. 1960


Ascensión al monte. Óleo. 1960


Mimetismo. Óleo sobre masonite. 1960

 Tras a súa segunda exposición, en 1956, declárase independente do movemento surrealista e das súas teorías, abondando nun universo pictórico habitado por mulleres, triangulares e con grandes ollos almendrados e misteriosos, de nariz afilada e cunha grande melena. Son obras nas que crea un mundo propio, con personaxes algo andróxinos, baseados na estilización das súas propias facciones, que sírvenlle para expresar a realidade da experiencia feminina,  a partir de lugares case máxicos onde se desenvolven tarefas asignadas as mulleres: bordando, cocinando ou criando, pero como lugar onde pódense levar a cabo descubrimentos superiores e creaciones máxicas. Ao mesmo tempo transforma tipoloxías eminentemente masculinas como o Minotauro, e dalles forma feminina, pinta Ulises femininas e un Pan en forma de ninfa dos bosques, o que da lugar á feminización do mito, en pinturas onde o rigor da aprendizaxe académico europeo combínase cunha imaxinación chea de fantasía e cun eixe temático que explorará durante toda a súa traxectoria artística.


Bordando o manto terreste. 1961


A chamada. Óleo sobre masonite. 1961


Banqueros en acción. Óleo sobre masonite. 1962


Fenómeno . Óleo sobre masonite. 1962


Natureza morta  resucitando. Óleo sobre tea. 1963

 Tamén é moi importante salientar as variadas técnicas que Varo emprega durante toda a súa traxectoria: óleo, collage ou gouache traballadas en distintos soportes. De feito, Varo, como outras artistas surrealistas ou que estiveron nalgún momento identificadas con esta tendencia, achegouse a identificación da muller coa natureza creativa, a través dunha mente analítica e actitude irónica, adquiriu coñecementos teóricos e prácticos, e traballou meticulosamente, construindo superficies tensas mediante pinceladas cuidadosamente moduladas.

 Remedios Varo, faleceu dun paro cardíaco o 8 de octubre de 1963 na  Cidade de México.

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney:  “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001


Remedios Varo na rede:


REMEDIOS VARO on PhotoPeach