BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 29 de junio de 2014

PAULA REGO: A VONTADE SUBVERSIVA E LIBERADORA. (Parte VI)

Como exemplo do emprego da técnica do pastel en Paula Rego, amoso aquí varias obras que atópanse na actualidade no Museo MACUF de A Coruña, e que tiven a sorte de contemplar in situ.




 
Tríptico "Vanitas". 2006. Pastel sobre papel
 
 
Detalle do vestido
 
 A técnica do pastel foi moi empregada no século XVIII en Europa, pero non volveu a recobrar o seu lugar dentro do mundo artístico, ata que impresionistas  como Edgar Degas, postimpresionistas como Toulouse Lautrec ou o nabis Édouard Vuillard, a incorporaron de novo como técnica autónoma.
 
 De ahí a importancia do emprego desta técnica por Paula Rego, pois a producción artística de Rego  enraizada en experiencias e lembranzas persoais, en siniestras fantasías, na historia da arte e na literatura, teñen un nexo en común, que é o magnífico debuxo e a acertada técnica que  escolle para a súa proposta estética. Se ben a artista lusa ten unha nagnífica obra que abrangue desde o debuxo, o gravado (ten unha abondante obra en gravado durante toda a súa traxectoria), o acrílico e o óleo, e quizaís na obra realizada en pastel, onde vese a súa indudábel mestría.
 Rego emprega a tiza de costado de xeito que no marca demasiado o soporte e vai dando capas unha enriba doutra ata acadar a intensidade que busca, sen saturar nin presionar excesivamente, traballa deixando grandes manchas, sobre as que aplica ás veces toques fortes que danlle moita expresividade.
 
 
Rapaza cun feto. 2005.Pastel sobre papel montado en aluminio
 

 
Detalles dos pés
 
 
A vella república. 2005. Pastel sobre papel

 
Detalle da man

 
Detalle dos zapatos
 
 Noutras ocasións traballa co pastel de punta facendo raias e deixando que aparezca baixo a pintura o papel, dun xeito rápido que permite realizar correccións con gran facilidade, en trazos nerviosos e tamén moi expresivos.
 
 
Violación. 2009.Pastel, conté e carboncillo sobre papel

 
A pequena violación. 2009.Pastel, conté e carboncillo sobre papel
 
"Soy una pintora figurativa porque necesito tener una “figura” en el cuadro que estoy creando. Nunca me he sentido atraída por la abstracción. Yo dibujo a gente, me dirijo a la gente. Y cuando esta me falta, las recreo a partir de figuras de papel maché o muñecos de trapo".
 
PAULA REGO 
 
 
 
 
 



 
 
 
 
 
 

PAULA REGO: A VONTADE SUBVERSIVA E LIBERADORA. (Parte V)


A súa obra pode considerarse ás veces coma unha sorte de catarse: “Comecei a debuxar aos cinco anos. Cando debuxas podes facer o que queiras, castigar aos bos, premiar aos malos…A vinganza é túa, dixo o lápiz.”

 
 Boda á moda.2000 - Série baseada no pintor Hogart.

 
Ven ata min. 2011
“Somentes intento expresar sinxelamente moitas cousas, máis isto é o máis complicado do mundo.” Paula Rego ilustra historias que cambia para conferirlles un novo significado, historias que metamorfosea gráficamente e que atrapan a nosa retina.
A madeira do que están feitos os héroes.2002
A metamorfose de Kafka.2002
 SERIE SOBRE A  VIRXE. 2002. Pastel sobre papel.

 
Adoración

 
Anunciación

 
Asunción

 
A fuxida á Exipto

 
Lamentación

 
Natividade

 
Agonía no horto.

 
Pietá

 
Purificación no templo

 Nos seus cadros aparentemente estáticos, faltos de movemento, nas súas escenas suspendidas nun espazo e un tempo detidos, subxace unha tensión inquietante que os vitaliza, causándonos curiosidade, asombro e ás veces rexeitamento. Tamén referíronse a ela como unha pintora que crea ambientes cinematográficos como antes que ela fixérono Giorgio de Chirico ou Edward Hopper que con estilos moi diferentes entre si, é verdade que todos mostran o cadro como un escenario no que suceden cousas.
 
Olga. 2003 Pastel sobre papel
 
O cigarro. 2005. Pastel sobre papel
 
Broken promises. 2006
A cazadora furtiva. 2011

 
Dame with the Goat's Foot. 2011-2012. Pastel
Dama con pé de cabra. 2012.
 Ao longo da súa carreira recibiu o grado de doutora honoris causa en Letras por distintas universidades e a Gran Cruz da Orde de Sant’Iago da Espada de mans do presidente de Portugal. En 2004 o servizo postal británico emitiu un xogo de selos que reproducía os seus litografías para Jane Eyre.
 A súa obra está presente nas coleccións do British Museum, a Colecçao Berardo, o Frissiras Museum, o Metropolitan Museum of Art, o Museu Serralves, a National Gallery, a Saatchi Gallery, a Tate e o Vitoria and Albert Museum, entre outros centros.
Páxinas web con información sobre a artista:
 
 
 
 
 

 
 
 
 

 
 

TRABALLO NA AULA: ACUARELAS EN INICIACIÓN

  Traballo en técnica de acuarela: proposta para o alumnado de Iniciación de mañana e tarde.
 Realizar un árbol en acuarela cos seguintes pasos: aguada no fondo deixando na parte inferior da folla un goteado, aguadas no tronco do árbore, traballo de liña nas ramas para posteriormente, trazar diversas liñas con pastel.