BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 12 de mayo de 2013

MARUJA MALLO (Parte VIII)


 VOLTA A ESPAÑA

 En canto instáurase o peronismo en Arxentina, Maruja deixa o país e trasládase a Nova York, para regresar a España en 1965, tras vinte e cinco anos de exilio. A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, especialmente a crítica española máis nova, que ve nela a encarnación dunha vangarda ocultada polo franquismo. Tras a morte de Franco chegalle ou recoñecemento total; a súa culminación podería establecerse na Medalla de Ouro de Belas Artes, non 1982, e na exposición antolóxica que en 1993 lle dedica, entre unha forte polémica polo inadecuado do momento, ou Centro Galego de Arte Contemporánea. Para entón Maruja está xa moi enferma. Encamada, rodeada de postais e recordos, morre ou 6 de febreiro de 1995 na residencia de anciáns Menéndez Pidal de Madrid.


                                  
                  Grabado en homenaxe á Revista de Occidente
 
A proposta estética de Maruja Mallo, posúe unha evolución de contido que evolucina desde un primeiro realismo obxectivo, na súa serie de VERBENAS E ESTAMPAS, dos anos vinte, pasando pola destrucción obxectiva a pirncipios do anos trinta, coa serie CLOACAS E CAMPANARIOS, ata a realidade subxectiva en obras como  A sorpresa do trigo, do ano 1936. A súa última proposta estética MORADORES DO VALEIRO E VIAXEIROS DO ÉTER, reflicte viaxes cósmicas e criaturas fantásticas, e participan da estética do fráxil, con obra feita en papeles pequenos, como a obra JES-TOR.
 
 
                                 Viaxeiros do éter, anos 80

viernes, 10 de mayo de 2013

O BOSQUEXO DO MUNDO no MARCO


 Esta semana o alumnado de Pintura da EMAO, realizou dúas visitas á exposición que o Museo MARCO de Vigo ten na planta baixa: “O bosquexo do Mundo”, comisariada por Alberto González Alegre e Ángel Cerviño.
 A mostra permite a posibilidade dunha visita ao  obradoiro de distintos artistas e creadoras, a partir dun conxunto de útiles e documentos, obras e antecedentes que permiten un chegamento ao proceso creativo. Esta proposta expositiva investiga nos bosquexos, cadernos e libros de artistas, refugallos, obxectos inútiles ou non, que se acumulan nos talleres e que poñen en escena a posibilidade dunha obra que ás veces non é obra aínda e outras si, pero que resulta moi interesante para tentar captar un conxunto de signos que permiten lecturas múltiples.

 Na primeira visita, cun grupo nutrido de alumnado, tivemos a gran sorte de facer un percorrido pola exposición da man de Alberto González Alegre, que mostrounos este proxecto centrado no traballo dos obradoiros de artistas que se deron a coñecer na década dos oitenta, e doutros creadores e creadoras moi novos, e desvelounos ese proceso de creación a partir de materiais en ocasións extrapictóricos.

 
Alberto ante unha das pezas
 

Na segunda visita, o numeroso grupo foi guiado por eses recunchos que son os obradoiros como lugar privilexiado de creación por Ángel Cerviño, que asemade de comisario é tamén artista plástico. Ángel invitou a acompañarnos a un dos  artistas que participan na mostra, Teo Soriano, que falounos da súa obra e do xeito en que entende o traballo no obradoiro.

 
Ángel Cerviño nos recibe na porta do Marco
 
 O alumnado escoitou atentamente as explicacións e comentarios dos comisarios, quenes desvelaron este “bosquexo” ao longo dunha tarde que resultou moi proveitosa.

 Un luxo para nós.



 

 
 
O BOSQUEXO DO MUNDO on PhotoPeach Fotografías María Teresa Romero y Paula Mariño

lunes, 6 de mayo de 2013

MARUJA MALLO (Parte VII)


 Dentro da serie “Naturezas Vivas” aparecen dúas obra de racimos de uvas, no ano 1944, que parecen retomar o caderno de apuntos do ano 36 en Galicia, nos que aboceta redas, arpóns, aparellos, campesiños, canastros e emparrados de uvas, que están en relación cos debuxos de TRAZADOS ARMÓNICOS, obra en lápiz e papel do ano 1941.


                                     O acio de uvas.1944
 
 No ano 1945 realiza un mural para el cine Los Ángeles de Bós Aires , de armonías plásticas que recrean elementos naturais.
 Na serie de CABEZAS e MÁSCARAS, dos anos 40 e 50, inspírase en cultos afro-americanos. Son obras de máscaras e atletas, retratos bidimensionais, nas que a liña curva está moi presente e a danza aparece como reflexión. Estes retratos son un claro precedente da obra de Warhol.
                                           Ouro.1951


                                  Cabeza de negra. 1946

                                     Cabeza de negra. 1946

miércoles, 1 de mayo de 2013

MOSTRA de Fernández RODAL no ESPAZO EMAO



Autorretratos e busto do artista realizado por Camilo Nogueira

O alumnado de Pintura da EMAO, realizou diversas visitas á exposición de Fernández Rodal na sala Espazo EMAO, da Escola de Artes e Oficios de Vigo. A mostra serviu para facer un exame exhaustivo das técnicas de óleo in situ, o que permitiu ao alumnado tras diversas explicacións, coñecer de primeira man a reelaboración dun retrato desde o boceto ata o remate final da obra. Tras as explicacións propuxen un traballo de campo: escoller por parte de cada alumno e alumna a obra que lle parecera máis interesante e facer un comentario persoal sobre o estilo, a pincelada, a cor ou calquera outra reflexión que puideran aportar tras o visionado da obra elexida, para finalmente facer un debuxo do natural dos ollos do retratado que escolleron.


Boceto de rapaza

 O último día tivemos a fortuna de contar coa presenza do comisario da mostra, Xosé Luis Mateo, que nos impartiu unha charla sobre o artista, que resultou moi interesante.

 Fotografías en:
">