BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 5 de diciembre de 2012

ATOPA @ ARTISTA (Parte II)



PISTA 2: Etapas. Os seus 45 anos de traballo como artista, poden dividirse en catro períodos: unha fase realista (1924-1940), a surrealista (1940-1946), os anos de transición (1946-1949) e a súa etapa clásica(1949-1970)
 Durante o primeiro período e parte do segundo pinta interiores, paisaxes, escenas urbanas, naturezas mortas e cadros sobre “o metro”, estes moi importantes con respecto a súa posterior evolución. No período de guerra e posguerra, realiza cadros baseados na mitoloxía grega e os motivos relixiosos.





Na súa última etapa, nas pinturas maduras que van caracterizar a súa obra, explícanse según palabras do artista:”a experiencia tráxica era a única fonte daque bebía a arte”. Deste xeito, tentou convertir a traxedía e o éxtasis en factores fundamentais da súa obra, para expresar a natureza do drama humano universal.





 Proposta do día: Reflexión sobre as diferencias das dúas obras do artista, con respecto á técnica e ao tema, indicando tamén o tipo de pincelada e o estilo ao que  pertencen.

 Pregunta: Teñen as dúas unha pincelada expresiva?





2 comentarios:

  1. Está mais interesado no cor que no dibuxo, iso parece. As mulleres asemellan deformadas.
    é expresionista.

    ResponderEliminar
  2. Sí nesa etapa da súa andaina, é expresionista.

    ResponderEliminar