BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 18 de abril de 2019

"NO MUSEO POLA CARA" MOSTRA NO GAIAS, SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado día 8 de maio o alumnado de 4º da ESO do IES "O Castro", participou xunto con catro institutos galegos nun obradoiro de fotografía con Tamara de la Fuente.  O traballo do alumnado consistía en facer retratos entre eles con filtros e cartóns que  facilitoulle a profesora para sacar, en distintos escenarios posibles, dentro e fora do museo as súas instantáneas co seu móvil. Tamara ensinounes a traballar tamén coa súa cámara para traballar encadres e outras posibilidades de escenarios.
 Como proposta final o alumnado debía entregar dúas fotografías realizadas no seu entorno: un autorretrato e a fotografía dunha persoa maior.
 
 Déixovos aquí algunas fotos do alumnado traballando no museo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

ARTISTAS ITALIANAS DOS SÉCULOS XVI E XVII. ELISABETTA SIRANI (PARTE II)



Alegoría da Pintura.

 Esta nova Alegoría da Pintura, pois a artista xa fixera varios autorretratos,dous deles como alegoría, a vincula ao mesmo tema de Artemisia Gentilleschi, e reflicte o xeito en que moitas destas mulleres artistas defenderon o seu  traballo e a súa posición como mulleres artistas na sociedade do momento, que no caso da Sirani está moi claro, pois como curiosidade temos que sinalar que tamén autorretratouse como santa.



Autorretrato como santa.1658


Autorretrato pintando. 1660


 Mais quizaís un dos rasgos máis salientables desta artista barroca, é que a Sirani, presenta similitude nos temas con outra gran artista do barroco, Artemisia Gentilleschi, en canto á representación de mulleres fortes da historia, ou a de santas, MUSAS e máis as alegorías. De feito a Sirani participa do interese das artistas barrocas polo tema da muller heróica, que transmite virtude, neste sentido pode equipararse á traxectoria de Artemisia, as dúas pintaron: varias Judith e Marías Magdalenas.


Judith coa cabeza de Holofernes.1659



Judith. 1662


Judith e Holofernes.1665.


Magdalena. 1660


Magdalena penitente. 1660


 María Magdalena

 Se Artemisia pintou tamén unha Santa Catalina, varias Cleopatras e Lucrecias, a Sirani, pintou unha Timoclea (1659) como desafiante heroína e unha Porcia. Esta Porcia, baseada nunha historia da Roma antiga, presenta a unha muller no momento de ferirse cunha daga para amosar que é virtuosa e digna de confianza, que a separa das demais mulleres. Esta diferencia está presente no cadro debido á composición: mentres outras mulleres ao fondo están falando e realizando labouras “femininas”, Porcia amosa a súa virtude cun acto individual de carraxe.


Timoclea. 1659


Porcia. 1664

 Estes temas (asemade da implicación persoal no tema das agresións sexuais no caso de Artemisia) forman parte dun “Corpus” que sirve para que observemos según Chadwick, “A relación entre a política cara ao público e o privado, a miudo con tintes sexuais”.

 De feito, as imaxes de mulleres heroínas, en relación coa moralidade da contrarreforma e en relación ao gusto polo drama barroco, sustitúen o ideal feminino do século anterior, maís pasivo e constrúen heroínas que trascenden a norma feminina amosándose capaces de conductas morais que atinxen neses tempos aos homes, e que lles era negada ás mulleres. Por iso, se distinguen das demais mulleres en canto a súa actuación na esfera pública, como no caso de Artemisia, ou no tema de Judith, que repiten entre outras Fede Galizia, pero con menos forza que Artemisia, pois seguen os convencionalismos do rerato refinado da muller e a mensaxe moral, ou a de a Sirani, tamén máis perto do refinamento boloñés.


Cleopatra.1662


Musa. 1662

 Finalmente sinalar que a Sirani creou unha  academia de pintoras en Bolonia en 1652, e ensinaba a rapazas que non eran fillas de artistas e as súas irmás, mentres que Artemisia obtén un papel como artista, novo ante o público cunha producción artística ininterrompida.


Ortensia Leoni como Santa Dorotea. 1661



Retrato de Beatrice Cenci. 1662

Máis información da artista na rede:


Outras obras da Sirani:
ELISABETTA SIRANI on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="https://photopeach.com/embed/p4qg0a" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

ARTISTAS ITALIANAS DOS SÉCULOS XVI E XVII. ELISABETTA SIRANI (PARTE I)


Autorretrato como alegoría da Pintura. 1658

 Elisabetta Sirani, é unha importante herdeira do esforzo das artistas do século XVI por achar un lugar no mundo masculino das artes, pois, filla de artista, acadou un temprano éxito, que rematou coa súa morte aos 27 anos. Pintora italiana do Barroco e unha das últimas representares da gran escola boloñesa do século XVII, e tamén foi unha das primeiras mulleres que alcanzou fama internacional, que só a truncou a súa prematura morte aos 27 anos de idade. 
 Naceu en Bolonia en 1638 e faleceu en agosto do 1665 igualmente en Bolonia, filla de Giovanni Andrea Sirani principal axudante de Guido Reni.  Como o resto das artistas da súa época, por ser muller non puido formarse na pintura adecuadamente, impedindo as normas o dereito da muller a acceder as academias, así que non a quedo outra que formarse no taller do seu pai.   Elisabetta iniciouse na pintura ao redor de 1650 co apoio do conde Carlo Cesar Malvasia, que posteriormente seria o seu biógrafo e o seu crítico, por certo moi influínte.
         Con 19 anos fíxose pintora profesional chegando a xestionar o taller da familia, unha das súas primeiras obras foi "San Xerónimo no deserto" que actualmente se exhibe na Pinacoteca Nazionale de Bolonia.


San Xerónimo no deserto. 1459 


Liberdade. 1657 


Sagrada familia. 1662


 Virxe co neno. 1663

 De feito, cando o seu pai quedou inválido, veuse obrigada a manter á súa familia coa súa arte, polo que tivo que traballar con singular rapidez sendo moi prolifera na creación de obras, sobre todo en pinturas relixiosas da Virxe co neno e a Sacra familia. Producíaas con incrible aceleración conseguindo moi bos acabados e pronto alcanzou renome en Europa coa súa obra, de forma que o seu taller era moi visitado por coleccionistas e curiosos chegados desde moi lonxe entre os que cabe destacar como cliente ao Gran Duque Cosme III de Médici.


A Xustiza, a Caridade e a Prudencia. 1664


Berenice en Exipto. 1664

 A súa morte repentina virou ao redor da controversia, pois unha criada foi acusada de habela envelenado aínda que despois saíu absolta no xuízo; pareceser que tras practicala a autopsia descubriron que tiña varias úlceras no estómago.
Igualmente hai que resaltar que aínda que a súa morte foi prematura deixou un legado bastante amplo en canto a cadros que foron douscentos e debuxos, con todo a xente experta  apunta que para esta produción de pinturas en tan pouco tempo tivo que ter axudantes, non esquezamos que as súas irmás Barbara e Anna María eran tamén pintoras e que tivo a mais de doce mulleres como discípulas, chegando todas a exercer profesionalmente.  Aínda así para acalar rumores sobre o tema, pois a súa rapidez non era aceptada, Elisabetta fixo demostracións públicas para probar a autenticidade das súas obras e que era ela as que as pintaba. Algo incríble, que dende logo ninguén pediu a outros artistas prolíficos.
 Na súa obra destaca a sutileza do seu estilo e a elegante pincelada. Nalgúns cadros, como o de Ana Maria Ramuzi, a retratada presenta gran concentración da pincelada, toques vermellos e azuis iluminan o esquema xeral do resto das cores, que realzan a figura frente ao fondo.


Retrato de Anna María Ranuzi como A Caridade. 1665


San Xoan de neno. 1665








ARTISTAS ITALIANAS DE LOS SIGLOS XVI E XVII. GIOVANNA GARZONNI (PARTE II)



Retrato de Giovanna Garzoni por Giuseppe Ghezzi

 Garzoni miniava os seus retratos, naturezas mortas (saltóns e granadas, noces e xasmín, pratos de cerámica con Melón e ratos, pexegos e paxaros, vasos chineses con figos, feixón e algunhas fermosas tulipas que Italia atopara recentemente en Holanda) con pinceis finos, usando témpera sobre pergamino feito de fino coiro, cunha técnica extraordinaria, a través da combinación de puntos minúsculos axustado ou escotillas finas que ten en conta as leccións dos artistas flamengos e lombardos.


Figos. Acuarela. 1651-1662


Guisantes e carabel. Acuarela. 1651-1662

 Moitos dos traballos de Giovanna que hoxe sobreviviron e atópanse en diferentes museos proveñen da colección coidadosamente conservada polo Duque Ferdinando II e a súa esposa, a Gran Duquesa Vittoria della Rovere. Case 40 obras súas foron rastrexadas en coleccións florentinas e outras foron rexistradas nos inventarios dos Medici dos séculos XVII e XVIII.

 As miniaturas de Giovanna, realizadas sobre unha especie de pergamiño feito de fino coiro con pintura de acuarela ou gouache, amosan unha interesante simbiose entre a convencional natureza morta e o estudo científico botánico. A utilización dun medio acuoso en lugar do óleo outórgalles unha frescura e lixeireza especial. Detalles que dan vitalidade a estas composicións son a inclusión de insectos e os efectos de luz e sombra, que crean unha interacción entre os elementos representados.


Tazón de china con figos, paxaro, cereixas. Acuarela sobre pergamino. 1651-1622

Na súa época só se fixo unha breve mención sobre ela en “Meraviglie dell´Arte” de Carlo Ridolfi, no ano 1648. Hai que ter en conta que o xénero que desenvolveu era considerado de menor importancia pola historiadores da arte, fronte á figura humana e os temas relixiosos. Será Lione Pascoli, na súa obra “Vite” (1730-1736) quen escribiu que esta artista tivo a posibilidade de poñer o prezo que quixese pola súa arte. Máis será grazas a Accademia dei San Luca, que garda excelentes rexistros, polo que  coñecemos os detalles da vida desta artista, que tivo tanto éxito coa súa clientela que  permitiulle ter unha gran independencia económica, polo que parece ser que  por este motivo puido retirarse á idade de 43 anos. Giovanna morreu en febreiro de 1670, deixando un legado das súas posesións e unha suma de diñeiro á Accademia dei San Luca, coa condición de que a enterrasen na súa igrexa Santi Luca e Martina, onde se lle erixiu un monumento realizado por Mattia De Rossi, completado en 1698. A artista foi practicamente descoñecida ata que en 1964 realizouse unha exposición de naturezas mortas en Italia que mostraba algúns dos seus traballos.


Prato con figos. Acuarela en vitela. 1661-1662


Tazón con ameixas e peras. Ca 1650

 Para saber mais sobre a artista:


PHOTOPEACH da Garzoni.
GIOVANNA GARZONI, A PINTORA DE NATUREZAS MORTAS on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="https://photopeach.com/embed/p9irsf" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>