Cabe citar tamén como importante a relación
que o lirismo e a literatura tiveron na irmandade prerrafaelita, movemento no
que a plástica e a literatura estiveron combinados, baixo as directrices
estéticas de John Ruskin, que foi quen de estructurar a este grupo, debido
sobre todo ao seu mecenazgo, e será quen axude económicamente a Lizzi, pois
grazas aos seus encargos, permitelle pintar e debuxar, sen preocupacións
pecuniarias.
Hermana Helen, 1851, ilustración dun poema de Rossetti
Porén, como outros movementos artísticos, o
grupo mantén a misoxinia como una das súas características, na busca da muller
que represente os seus ideais, da muller como obxecto de representación desde
un punto de vista masculino. Elisabeth, non fuxe desa tradición de suxeito de
representación pois comenza traballando para o grupo como modelo. Descuberta
polo periodista Deverell, pasou á historia como Lizzy, alcume que xunto co nome
de Guggums, déronlle os artistas da
Hirmandade para a que escomenza a posar entre os anos 1849 e 1850. Cando esta
beleza “gótica” acepta posar para eles coa su afronte centrada pola raia do
peiteado, o naríz recta e pequeña poca e a barbilla voluptuosa, a vida de todo
o grupa cambiou. Aínda así, como exemplo de muller independente, traballa como
costureira ao mesmo tempo que posa como modelo, o que confírelle unha
independencia inusual para a súa época.
Lizzi, que ten inquedanzas artísticas, pretende ser algo máis que un
obxecto a representar, para converterse nunha artista, adiantándose así a
outras mulleres artistas posteriores, qe posan tamén como modelo, como é o caso
de Berthe Morisot, e que reivindican o seu rol de suxeitos activos na arte, e
non de obxectos da ollada masculina. O seu papel de musa, aceptada por ela,
non exclúe a súa necesidade e ímpetu por
crear, non só como pintora, senón como poetisa, en obras nas que reflíctese a
súa anguria vital.

Autorretrato.1853
No hay comentarios:
Publicar un comentario