BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 25 de febrero de 2013

"O CORAZÓN DE XÚPITER" de LEDICIA COSTAS

 
                                           Ledicia Costas, poetisa e narradora


 A novela da que vos falo é para min, coma un conto moral, unha desas historias que contábanse para que os nenos e nenas non foran lonxe das súas casas ou non falaran con descoñecidos, pero Ledi, dende ese punto de partida constrúe unha rapaza real, xa no fin da adolescencia, con problemas reais. Polo libro transcorren cousas que están presentes na adolescencia: o extrañamento, o medo ao noso propio corpo, a necesidade de independencia e dun espazo persoal (que Isla constrúe dun xeito virtual, pero que parécelle real), o acoso escolar, e a mixtura de seres distintos e complexos dentro de cada individualidade.
 Os nomes dos perxoases non son casuais, Isla, chámase así porque vive rodeada, pero ela síntese soa, mentres que Mar, esa rapaza que a acolle, que quere ser a súa amiga, rodéaa do mesmo xeito que o mar rodea a unha Illa. A súa protagonista curiosa, culta e independente lémbranos ás de Jane Austin, esas rapazas que nun mundo de homes loitan por aprender a ser autónomas, aínda que non desboten a posibilidade do amor.  O seu mundo, o de Isla, é o espazo intergaláctico, e as historias que xeran, os mitos que explícanos o mundo. Como unha sorte de metaliteratura, para explicar historias e  lendas, Ledicia vai narrándonos historias ao longo de todo o libro, facendo que nos identifiquemos con esa rapaza que reflexiona tamén sobre a teoría do caos.
 Recoméndovola.

domingo, 24 de febrero de 2013

ROSALÍA, escritora feminista



  No día de Rosalía, gostaríame compartir unha sorte de  vindicación dos dereitos das artistas, que con moita sorna publicou a nosa escritora en forma de carta,e que presenta como atopada na rúa, firmada por unha tal Nicanora.
 Está escrita en castelán, pero fala da vida e os riscos dunha muller que pretende ser literata con grande ironía e moito humor. Debido a que é moi longa, poño só un pequeno fragmento, pero por se vos interesa o título é: "LAS LITERATAS" Carta a Eduarda. No podo diciros onde está publicada, porque teño a sorte de posuir un pequeno libro que contén toda a obra rosaliana, incluida esta maravillosa carta, pero de seguro a atoparedes se buscades con paciencia.
 "No, mil veces no, Eduarda; aleja de ti tan fatal tentación, no publiques nada y guarda para ti sola tus versos y tu prosa, tus novelas y  tus dramas, que ése sea un secreto entre el cielo, tú y yo. ¿No ves que el cielo está lleno de esas cosas? Todos escriben y de todo....... Pero es el caso, Eduarda, que los hombres miran a las literatas peor que mirarían al diablo, y éste es un nuevo escollo que debes temer, tú que no tienes dote. Unicamente alguno  de verdadero talento pudiera, estimándote en lo que vales, despreciar necias y aun erradas preocupaciones; pero...¡ay de ti entonces!, ya nada de cuanto escribes es tuyo, se acabó tu numen, tu marido es el que escribe y tú la que firmas.
 Yo, a quien sin duda un mal genio ha  querido llevar por el perverso camino de las musas, se harto bien la senda que en tal peregrinación recorremos. Por lo que a mi respecta, se dice muy corrientemente que mi marido trabaja para mi para hacerme inmortal ..."

miércoles, 13 de febrero de 2013

martes, 12 de febrero de 2013

BETANZOS

BALCONADAS en BETANZOS on PhotoPeach


  No mes de xullo e agosto do ano 2012, un grupo de alumnos e alumnas de Pintura da Escola de Artes e oficios, participa na Bienal “Balconadas” en Betanzos. O traballo de elaboración dos cadros, todos de grande formato, realizouse en horario lectivo, como resposta a inquedanza dun grupo do alumnado por mostrar os seus traballos fóra da escola e incluso da nosa cidade. A técnica empregada foi o acrílico sobre lenzo e as obras como é costume neste certame de carácter internacional, estiveron penduradas nos balcóns da vila. Un grupo do alumnado fixo unha xuntanza para ver a súa obra “in situ” no mes de agosto, e aproveitamos tamén para visitar a vila e percorrer tanto as rúas como as súas igrexas románicas e góticas e o Museo do Gravado, que posúe pezas moi interesantes de diversos artistas.

lunes, 11 de febrero de 2013

ONDE DÁ A VOLTA O AIRE.

 

 A miña nova proposta pictórica xa ten título: Onde dá a volta o aire.

 Realizada en óleo e técnicas mixtas sobre cartón, está formada por pezas de pequeno formato, onde a investigación de soportes e o material está moi presente, nunha sorte de paisaxes imaxinarios que poden entenderse tamén como abstraccións. A expresividade e a redución cromática, seguen sendo unha constante na miña obra desde os meus comezos, polo que se manteñen nestas pinturas as cores cálidas: ocres, vermellos e terras.

 Como sempre, non podo desligar a miña proposta estética da literatura, polo que o título fai referencia á obra dun dos meus escritores favoritos, Gonzalo Torrente Ballester, pois esta serie toma o título dunha novela que inclúese na triloxía "Os gozos e as sombras", que escribe en Mallorca no ano 1959 e pulbica na editorial Arión, e que é a segunda, desta triloxía que comeza con "O señor chega" e remata coa novela "A pascua triste".
 
 
Onde dá a volta o aire. Óleo sobre cartón. 2013
 

 
 
 

CLARA PEETERS (Parte III)

  É curioso, pero a  pesar de ter obras en varios dos mellores museos do mundo, o que acredítaa como unha artista recoñecida na súa época, parece que non existen rexistros co nome de Clara Peeters nin nos gremios de pintores de Flandes nin de Holanda. O gremio de Anveres xa comezara a incluír mulleres desde 1602, polo que ben podería ser rexistrada, e de feito dúas dos seus paneis conteñen marcas de Anveres, será quizais por este motivo que Clara Peeters aparece citada por Wendy Wasserstein en The Heidi Chronicles, onde a escritora norteamericana afirma na súa primeira escena que a obra de Peeters foi infravalorada debido ao seu sexo.

 
Bodegón con aves e cunchas. 1611
 
O Museo Nacional do Prado conta con catro dos seus bodegóns, procedentes da colección real, tres deles asinados en 1611. Desde os primeiros bodegóns de pequeno formato realizados en 1607 e 1608, a súa composición foi volvéndose máis complexa, ata que no ano 1611 o seu estilo madurou completamente. Foi o ano en que pintou o grupo que se atopa no Museo do Prado, no que se aprecia unha gran mestría na imitación de texturas, o dominio das formas, o manexo do espazo e a iluminación. A partir do ano 1612, as súas obras  presentan un punto de vista aínda máis baixo, cunhas composicións que teñen menos obxectos, e a técnica amosa acabado máis fino.
 
 
Bodegón con pasas. 1611
 

viernes, 8 de febrero de 2013

CLARA PEETERS (Parte II)


 

 
Bodegón con pastel. ca 1916. Museo do Prado.

 

 Entre os  anos 1590 e 1650, xurden en Anveres e Utrecht, os principais centros de pintura floral ao óleo, debido a influencia da publicación en Anveres de libros   sobre botánica na segunda metade do século anterior, polo que nestes anos a pintura de flores e bodegóns eran denominadas como “pequeno banquete” ou ”peza floral”, antes do termo “bodegón” que non aparece nos Países Baixos ata o ano 1650. Clara, pertence a este primeiro grupo de artistas, entre os que figuraban Hans van Essen e Jan van der Beeck (de alcume Torrentius), pois dentre as 50 obras identificadas da artista, cinco representan “ramalletes”, as restantes son pinturas descriptivas de vaixelas con vasos, sobremesas e as veces flores.

 

 
Bodegón con queixo, pan e pretzels. 1612
 
 

  A calidade das obras realizadas entre os anos que van desde 1907 ata 1921, e o tamaño dalgunhas e a produción que se conserva da artista, a presenta con toda seguridade como  unha pintora profesional, atopándose a par dos seus contemporáneos  Jacob van Hulsdonck e o antes citado Osias Beert. A destreza que mostran as súas primeiras obras fai supor que foi adestrada por algún pintor, pero non hai fontes que avalen esta teoría. É importante sinalar a meticulosidade no detalle, xa que Clara incluíu pequenos autorretratos en miniatura nos reflexos das copas dalgúns dos seus bodegóns, e tamén pode apreciarse a súa habilidade  para pintar texturas. Clara Peeters dispón os obxectos sobre unha mesa: ramos de flores exóticas, luxosas pezas de prataría, variedade de alimentos como noces, queixos, pans, aves, mariscos, peces, todo sobre un fondo escuro. Nalgúns dos seus obxectos de metal vese reflectido o seu autorretrato en miniatura, o que pode ser tomado como unha firma adicional.

              Bodegón con uvas, paxaros e mono.Óleo sobre táboa.

 
 

 

domingo, 3 de febrero de 2013

CLARA PEETERS (Parte I)


   Clara Peeters é unha artista de cuxa vida non se coñece case nada. Pouco sabemos dela, máis que foi unha pintora flamenca que traballou no xénero do bodegón. Nun rexistro de bautismos de Anveres do ano 1594 figura o seu nome e, se de feito tratásese da mesma, significaría que xa pintaba de maneira profesional á idade de doce ou trece anos, o que con toda probabilidade non é certo, aínda que si temos noticia dunha obra súa feita aos 14 anos. Especializada no xénero do bodegón, en particular como autora de escenas de almorzo e florais nas que obxectos de metal ou cerámica disponse de forma sinxela xunto a flores, froitos e pezas de pesca ou caza, e posúe unha técnica admirábel.

 
Bodegón con peixe e gato.1611
 
Si sabemos que foi filla de Jan Peeters e que naceu en Anveres onde consta a súa bautizo o 15 de maio de 1594. Foi unha artista precoz, datándose a súa primeira obra coñecida en 1608, cando tiña catorce anos de idade. Non coñecemos nada con respecto a súa formación como pintora, aínda que ten un estilo semellante ao de   Osias Beert e parece que tivo estancias en Ámsterdam e A Haia que non puideron ser documentadas, aínda que ten influencias dos bodegonistas holandeses. En 1639 contraeu matrimonio en Anveres, pero non abandonou por completo a pintura, pois a última das súas pinturas asinadas, actualmente perdida, está datada no ano 1657. Descoñécense  as circunstancias da súa norte no ano 1657.
 
 
Flores e cálices. 1612