BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


viernes, 30 de noviembre de 2012

DIANE ARBUS (parte III)


 Os personaxesde Arbus miran á cámara directamente, o flash de recheo (flash diúrno no que será pioneira na súa utilización) revela as imperfeccións dos seus personaxes. Ao retratar eses seres, saca á luz o que na escuridade parece normal, pero que ante o obxectivo de Diane, se torna en horror, na súa busca de producir no espectador temor e vergoña.

 O seu matrimonio, en aparencia exitoso, rompe definitivamente na década dos cincuenta, tras a busca de Diane do amor absoluto que non encontra nun home aséptico. As súas contínuas crises, nas que intenta conseguir a supervivencia, altérnanse coa realización de obras nas que consegue a abolición do tempo en imaxes potentes, na visión do pasado como futuro, na conciliación entre o mundo dos vivos e dos mortos, no desexo desesperado de vivir nelas, cando xa estea morta.



                                                A young man whit curlers at home. 1966


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario