En Arxentina
recibe un rápido recoñecemento, colabora na famosa revista de vangarda Sur, na
que tamén participaba Borges. é unha etapa da súa vida na que se dedica a
viaxar, vive entre Uruguai e Buenos Aires, e a deseñar, pintar, en definitiva a
crear e crear. Tamén se suceden as exposicións, París, Brasil e Nova York.Do
seu paso por Buenos Aires, o Museo do Debuxo e a Ilustración, atesoura na súa
colección dúas temperas sobre papel, representando animais metade real e metade
fantásticos.
Fotografía de Maruja en América
Comeza no exilio a
súa etapa cósmica, dedicada a recrear a natureza suramericana coa súa serie de
Mariñas. A nova vida en América, traslucese en obras nas que a alegría está
presente, na serie de NATUREZAS VIVAS, resúmese a súa experiencia no pacífico,
traballa como unha recolectora en obxectos entrelazados entre o morto e o vivo,
non inventa copia, e xoga coas simetrías en liñas curvas e retratos simétricos
de caracolas, flores e plantas, son metamorfoses que aparecen tras a súa
inmersión no mar da que emerxe con obxectos maravillosos.
Natureza viva.1942
Natureza viva.1943
Nas NATUREZAS
VIVAS, as obras parecen o resultado dun libro de apuntes dunha viaxeira, prendada
da paradoxa, nas que rescata conchas, coma un exercicio poético, como se
necesitara lembrarlas a partir dun exercicio de botánica. Os elementos aparecen
na táboa un tras otro, como unha disociación e reorganización da realidade,
empreñando os obxectos como o farían os cubistas, creando unha sorte de
COLLAGE, a partir da pintura-pintura. Maruja, está reorganizando o seu mundo,
traballando a partir do existente, da realidade.
Natureza viva.1943