BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 29 de marzo de 2016

MULLERES SURREALISTAS: LEONOR FINI (PARTE II)


Leonor Fini

 En 1952, coñece ao escritor polaco Constantin Jelenski que comparte parte da súa vida. Os anos de posguerra levará a Leonor a un sinfín de actividades: a creación de máscaras, a participación deseños de vestuario, escenarios e figurines para George Balanchine “The Crystal Palace”, na Ópera de París, para Roland Petit, no Teatro Marigny, para “O Rapto do Serrallo” na Scala de Milán, así como para pezas con Jean Mercure, Jacques Audiberti, Albert Camus, Jean Genet, Jean Le Poulain. No verán de 1954, atopa en Córcega un lugar onde atópase en perfecta harmonía, un antigo convento franciscano  en ruínas, onde pasa cada verán pintado.


Debuxo para unha obra de teatro A demoiselle da nuit. 1948


Bocetos para personaxes de teatro. 1950


Estudo para "La Fanfarlo". Acuarela. 1969

 Tamén se adicou a deseñar figurines e escenarios para pezas de teatro. Deseñou para Elsa Schiaparelli a barra de perfume "Shocking". Entre as súas obras máis importantes podemos citar Monou Cat (1943), que é case un manifesto da súa actitude artística. Traballa asimesmo en ilustracións de libros (con Casa de Bonecas de Ibsen) e  en deseño de escenarios, que combinou coa pintura ata o final dos seus días. Entre outros, destacaron os seus proxectos para Fellini (Satyricon) ou as empregadas do fogar para Jean Genet. Non só limitouse á decoración das representacións, senon tamén proxectou outros elementos que van desde a fabricación de máscaras e outros elementos.


La gardienne des sources. 1967


Autorretrato.1968


As cegas. 1969

 Namorada da literatura e a poesía, Leonor ten ilustrado máis de cincuenta libros, incluíndo as obras de Charles Baudelaire, que admiraba profundamente, os de Paul Verlaine, Gerard de Nerval ou Edgar Allan Poe. Mentres tanto, ela continuou a crear escenarios e figurinos para ópera e teatro, "Tannhäuser" na Ópera de París (1963), "O Consello de Amor" Oscar Panizza, no Théâtre de París (1969) e tamén para película "Romeo e Julieta", de Renato Castellani (1953), "A Walk with Love and Death", de John Huston (1968).
 En 1960, Leonor Fini mudouse para París en un apartamento, Vrillière rúa, entre o Palacio Real e a Place des Victoires. Alí estaba rodeada polos seus amigos e os seus gatos, así como na casa en Saint-Dye-sur-Loire, ata a súa morte, o 18 de xaneiro de 1996.


A lección de botánica. 1974


O tren. 1975


 E bela persa. 1976


Le carrefour d'hecate.1977 


Voyageurs au repos.1978 


Les carcáns. 1984

 Paralelamente, e curiosamente como moitas das súas amigas surrealistas, Fini adicouse tamén a escrita e a principios dos anos 70, publica tres novelas: Rogomelec, Moumour, Contes pour enfants velu e Oneiropompe.
 Aínda que  pareza que ela sempre se pinta a si mesma, ela o nega aínda que recoñece que a meirande parte dos creadores e creadoras o fan, e comenta en varias entrevistas que a súa pintura é unha mixtura de distintas culturas e razas, como ela misma, e que cada estética está en relación con quen pinta máis que en como pinta, sendo os seus cadros visións persoais da súa propia realidade, polo que segundo o seu interese, moitas das súas pinturas tardías xogan con fantasías eróticas e morte.

 En realidade a obra de Fini, posúe unha centralidade simbólica baseada no feminino, forte e segura de si mesma, invéntase unha extrentricidade e unha extravagancia, para sobrevivir, para non deixarse engulir pola normalidade que se supón ás mulleres e non acepta a sumisión, razón pola que parece non desexou formar nunca unha familia, pois non consideraba compatibles a crianza e o matrimonio coa arte.


Retorno da viaxe II.1985


Pasaxeira. 1986


Cariátide. 1986

 Moitas retrospectivas foron dedicados a Leonor Fini e a súa obra: en Bélxica (1965), Italia (1983,2005), Xapón (1972-1973, 1985-1986, 2005), os Estados Unidos (Weinstein Gallery, San Francisco, 2001-2002, 2006, 2008, CFM Gallery, New York, 1997, 1999), Francia, Luxemburgo Museum, París (1986), Dionne (1997) Galería, a Galería de Minsky (1998 , 1999-2000, 2001, 2002, 2004, 2007, 2008) e en Alemaña, o Museo Panorama, Bad Frankenhausen (1997-1998). O Museo do Hospício de Saint-Roch en Issoudun, ten, desde 2008, unha exposición permanente coa instalación "Leonor Fini Salon".
En 2007 apareceu a primeira biografía de Leonor Fini: “Leonor Fini, Metamorfose dunha arte”, de Peter Webb.

BIBLIOGRAFÍA

Marián L.F.Cao: Creación artística y mujeres. Recuperar la memoria. Narcea. Madrid, 2000
Chadwick, Whitney:  “Mujer, arte y Sociedad”. Ed. Destino. Barcelona. 1999
Thomas, Karin: Estilos de las artes plásticas en el siglo XX. Hasta Hoy. Ed. Del Serbal. Barcelona. 1988
VVAA: “AMAZONAS del Arte Nuevo”. Catálogo Fundación MAPHRE. Madrid. 2008
VVAA: Women Artist. Taschen.(Editado por Uta Grosenick, Colonia) 2001


Fini na rede:








LEONOR FINI on PhotoPeach

domingo, 27 de marzo de 2016

A ABSTRACCIÓN EXPRESIVA E LÍRICA: Traballos do alumnado de segundo curso


 O alumnado de segundo curso ten realizado no segundo trimestre diversas pezas, sobre a abstracción expresiva e lírica, a partir dos diversos recursos aportados na aula, e tras ter feito diversos traballos teóricos e de investigación sobre divers@s artistas, para coñecer o seu estilo e o xeito no que se enfrentan ao lenzo e aos distintos soportes. Estas son as súas aportacións en distintos formatos, soportes e procedementos ao proxecto.


Pepe fracendo un dripping

 Foi de moita importancia o traballo cos distintos soportes e procedementos que ofrece o acrílico como medio de expresión: veladuras, cor opaco, debuxo con liña, tinxido do lenzo, sgrafitto, dripping, deccalcomanía, frottage, impasto e pincel seco.


Yolanda e os bocetos


Rosa empregando a espátula

 Os útiles a empregar tamén foron moi importantes:
-Pinceis: Pódense utilizar tanto pinceis de pelo suave como de cerdas, estes son particularmente adecuados para os traballos  empastados, e os traballos a gran escala.
- Brochas.
- Rasquetas e ESPÁTULAS, de texturas, metal e plástico.
- Rodetes.


Ramón realizando un boceto


Carmen e Paco 

No PHOTOPEACH, fotos dalgunhas das pezas realizadas con distintas técnicas en acrílico e en diversos formatos e soportes.

ABSTRACCIÓN EXPRESIVA E O ACRÍLICO on PhotoPeach

O ACRÍLICO E OS DISTINTOS SOPORTES: Proxecto de segundo curso de Pintura.

 TRABALLO DE ACRÍLICO SOBRE MADEIRA



  No segundo trimestre o alumnado de segundo curso, traballou coa abstracción expresiva e lírica, realizando unha serie de traballos en distintos soportes: cartón, lenzo e madeira, pois o acrílico posúe entre as súas características a da versatilidade no emprego de soportes variados:
a) Lenzo: valen todos os tipos de lenzo, pero os mellores son os que se usan para pintar ao óleo, hai que imprimar o lenzo cunha base acrílica.
 b) Metal: Os metais teñen superficies moi lisas, non absorbentes, sen grans que axuden a reter a pintura. Con óleos, isto é un problema, porque son malos adhesivos, pero os acrílicos funcionan bastante ben sobre metais, especialmente zinc e cobre. Aconséllase lixar antes a superficie e aplicar aparello.
c) Sobre parede: pintar sobre muros de ieso, cemento, pedra ou ladrillo, é posible con acrílicos, xa que aplicados a devanditos soportes resisten aos ácidos, bases e humidade.
 d) Papel, cartón e táboa: Todos eles poden usarse imprimados ou sen imprimar, segundo o efecto desexado. Si emprégase papel hai que tensalo antes, sobre todo si é fino. Pola contra, se deformará ao recibir os lavados de cor. Si utilízase un cartón groso, pódese realizar unha imprimación acrílica en emulsión, e deixar marcas de brochazos para que a superficie agarre ben. 


 Quizais destes tres últimos a madeira é a que mellor resultados ten como soporte, e foi por isto o escollido polo alumnado, que reciclou madeiras de anos anteriores para realizar pezas en formato vertical, sen imprimación previa e que empregou como útil tanto o rodillo como o pincel, tras realizar diversos bocetos tamén en formato alongado.

 Parte do alumnado traballando nas súas pezas.



Malena


Jorge


Antonio


Ángeles e Amalia


Ana e Jose

 No PHOTOPEACH os traballos do alumnado.
ACRÍLICO SOBRE TÁBOA on PhotoPeach

COMO REALIZAR UN AUTORRETRATO: o proxecto de terceiro curso de pintura.




Autorretrato de Susi, detrás, na parede o autorretrato de Ángeles


COMO REALIZAR UN AUTORRETRATO: Diversos xeitos de encaixar o retrato no soporte.

 O alumando de terceiro curso traballou nos dous primeiros trimestres deste curso, coa técnica do óleo. A proposta presentada na aula, consistía na realización dun autorretrato a partir dunha fotografía e do estudo dun determinado pintor ou  pintora na que o alumnado tiña que inspirarse para realizar a súa obra.
Tras varias sesións nas que na aula estudouse  a técnica do óleo e os seus distintos procedementos: veladuras, impastos, restregados, frotis, sfumato, pintura “Alla prima” e pintura de secado lento, rematamos coa visualización de moit@s artistas que realizaron diversos autorretratos ao longo da historia, para posteriormente estudar os distintos pasos a dar para debuxar unha cara en distintas posicións.


María

 Escollid@ @s artistas n@s que fundamentarían o seu traballo, elixiron unha fotografía que ampliaron a un formato A3, para traballar con maior facilidade. Estes foron os pasos:
-Estudo de técnicas ao óleo.
-Visualización de distint@s artistas e recollida de datos sobre el@s tanto nas redes como na biblioteca.
-Estudo de mestura de cores ao óleo a partir de tres cores básicas: carmín, azul de prusia e amarelo de cadmio.
-Fotografía persoal.
-Escolleita d@ artista para realizar o autorretrato “a la maniera de”, sen imitar, máis tentando captar o seu estilo.
-Realización de diversos bocetos sobre como realizar un retrato en distintas posicións e estudo de bocas, ollos, orellas, pelo e óvalo facial.


Marga


Sofía

 Estes son algúns dos resultados.


Santiago

 Santiago, realizou o seu autorretrato baseándose na estética de Edward Hooper, coñecido pola súa pintura nítida e limpia, organizada nunha composición espacial ordenada.


 Sofía escolleu unha  litografía de Picaso e foi quen de traspasar as tintas planas ao óleo, nun autorretrato de factura perfecta.


 Eugenio realizou o seu autorretrato inspirándose na pincelada agresiva e empastada de Van Gogh.


 María Rivilla, escolleu a Tamara de Lempicka, traballando cunha pincelada pulida e  marcados contrastes de luces e sombras.


 Cristina, estudou a estética dun artista galego, Laxeiro, na que as cores terra e o modelado da liña reflicten moi ben o espíritu do artista de Lalín.


 Margarita, tivo como referencia unha obra de Andy Warhol, da vocalista do grupo Blondie, Deborah Harry, realizada en 1980 acrílico e serigrafía de tinta sobre lenzo.

 No PHOTOPEACH, están todos os autorretratos.
AUTORRETRATOS EN ÓLEO on PhotoPeach

domingo, 20 de marzo de 2016

MULLERES SURREALISTAS: LEONOR FINI (PARTE I)

 “Toda la pintura es erótica. Ese erotismo no tiene necesariamente que estar en el tema. Puede estar en la forma con que se pinta un ropaje, en el diseño de una mano, en un pliegue”.

LEONOR FINI


Autorretrato do 1938

 A súa pintura a medio camiño entre a decadencia dos prerrafaelitas e a aguada expresionista, está poblada de mundos oníricos, con mitos como a esfinxe, e a fada como ser ambigüo mitade anxo, mitade besta. A serie de “meigas” de grabados confirma o seu virtuosismo técnico e ten traballado asimesmo en numerosos decorados de teatro e ballet. Como outras artistas surrealistas, adquiriu coñecementos teóricos e prácticos en grados diversos. Traballou con moita meticulosidade, pois aínda que cunha imaxinería moi fantástica e persoal, posúe a precisión e o primor dunha ilustradora, facendo case investigación cientifica maís que creativa, o cal sitúa a esta artista entre as máis interesantes da corrente surrealista. Obras de Fini, con osos e vexetación descomposta -Sphinx Regina(1946)- redefinen o espazo en que se moven as mulleres artistas entre o mundo de ciencia e arte.


Sphinx Regina.1946

 Nacida en Bos Aires, filla de orixe alemá Malvina Triestina Braun Dubich e pai arxentino nativo en Benevento. O seu pai abandonou a familia cando Leonor aínda era moi cativa. En 1909, eles se mudaron para Trieste para vivir co seu tío Ernesto Braun. Coma o pai  ameazou con secuestrala, a súa nai a vestía coma se fose un neno. A familia Braun estaba moi ligada ao mundo da cultura de Trieste: Italo Svevo, Umberto Saba e James Joyce. Ela asistiu a diversas escolas e institucións escolares que abandona sucesivamente polo que a súa formación é totalmente autodidacta. Polo que, sen dúbida, a dificultade de identificar unha corrente particular de arte contemporánea, a súa evolución foi especialmente marcada pola súa elección persoal e as súas propias afinidades ao seu "museo imaxinario".   


A tentación.1025


A visita. 1925


Maternidade. 1932-34


Muller vestida. 1938


Retrato de Meret Oppenheim. 1938


Entreacto de A apoteosis. 1939


A operación. 1939
  
 Realiza a súa primeira exposición á idade de dezasete anos, en Trieste, nunha colectiva e, á vez, durante unha estancia en Milán, coñeceu a Funi, Carra e Tosi e descubre a Escola de Ferrara, e o manierismo italiano, realizando asimesmo os seus primeiros retratos por encargo.  En 1924 mudouse para Milán e despois a París para continuar traballando como artista. Instalouse en París, onde presentou, o ano seguinte, a súa primeira exposición individual na galería Bonjean. Na capital francesa, entrou en contacto con outros artistas como Paul Éluard, Henri Cartier-Bresson (quen a fotografía espida en 1933), Max Ernst (que converteuse  no seu amante), Georges Bataille, Picasso, André Pierre de Mandiargues, e Salvador Dalí. Entre as súas amizades estaban tamén Jean Cocteau, Giorgio de Chirico e Alberto Moravia.


 Mrs. H. 1941. Óleo sobre lenzo

 Con todo, o paso de Leonor polo movemento surrealista foi decrecendo, debido á actitude intolerante do seu máximo “Papa”(como ela mesma o denomina nunha entrevista), André Breton, aínda que iso non lle impediu participar en diversas muestras surrealistas en Londres(1936), Nova Yorke (1936) e Tokio (1937). Ainda así, Leonor nunca sentiuse identificada totalmente co movemento, tanto por motivos persoais como artísticos, pois aínda que traballa cunha imaxes totalmente libres e participa un tanto dos principios estéticos do movemento, ela decidiu manter a súa independencia, tanto a nivel plástico como a niveis técnicos. Así, na obra de Fini hai pouco de "automatismo psíquico", que era a pedra angular do movemento surrealista; pola contra, a súa independencia permitiulle refuxiarse nun estilo figurativo, cun forte compoñente de soño, en pezas nos que o seu gusto pola pintura lisa, limpa, como a dos antiguos manieristas que tanto gustábanlle queda moi patente.


 Stella snead Anima kingdom.1946


Le fils du maçon. 1950


Dans la tour. 1952

 Nunha entrevista que Leonor fixo para unha revista feminista catalá, explica que non soportaba o mundo elitista dos surrealistas, pois ela, que era mixtura de distintas  razas e creencias, non tiña a mentalidade surrealista, recoñecendo explícitamente a pouca simpatía que Breton lles tiña a ela e a súa grande amiga Carrington.
 En 1936 fixo a súa primeira viaxe a Nova York, onde expuxo na Galería Julien Levy e participou da famosa "Fantastic Art, Dada e Surrealismo" exposición no Museo de Arte Moderna e, en 1939, organizado polo seu amigo Leo Castelli nunha exposición de artistas surrealistas, con Dali, Meret Oppenhein e Max Ernst na Galería René Drouin, Place Vendôme.

 Coa chegada da Segunda Guerra Mundial, Leonor deixa París co seu amigo Mandiargues e pasa parte do verán de 1939, en compañía de Max Ernst e Leonora Carrington na casa en Ardeche, e logo vive unha tempada na casa de Arcachon de Salvador Dalí. En 1940, vive en Monte Carlo, onde pintou sobre todo retratos, unha actividade que continuou ata principios dos anos sesenta, e pintou sobre todo retratos de amigos como Jean Genet, María Félix, Anna Magnani, Margot Fonteyn, Alida Valli, Suzanne Flon Silvia Monfort e Leonora Carrington.



Retrato da princesa Nawal Toussoun.1952


A gardiana do fénix. 1954


A gardiana do ovo. 1955


Gardián do dragón. 1958


Retrato de Ana Magnani. Acuarela,1960