BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


sábado, 20 de septiembre de 2014

ROMANTICISMO: EUGÈNE DELACROIX (Parte IV)


Hamlet e Horacio.1838

Tras unha visita ao Museo de Historia Natural, o artista merca unha nova axenda e retoma a pluma para reemprender a redacción do JOURNAL que abandoara no ano 1827. Coincidindo coa  súa etapa de madurez, este novo journal, serve non para explicar os seus desexos máis íntimos e expresar a necesidade de superar angurias e contradiccións, senon para aportar moita información artística que será a base do Diccionario das Belas Artes que tentaba escribir. Durante anos Delacroix fixo diferentes pezas de temática variada, algunhas en referencia a súa viaxe ao norte de África, e diversos encargos para o goberno francés como O salón do Rei do Palacio Bourbón (1838), a restauración da Galería Apolo (1849) ou o Salón da Paz do Concello de París (1851).


A Xustiza.Salón do Trono do Palacio dos Borbón.1833-1837


O Sultán de Marrocos e o seu entorno.1845


Marroquí ensillando o seu cabalo. 1855


A noiva de Abydos. 1857


A morte de Desdémona.1858

No ano 1859 presentase por última vez no Salón coa obra «Ovidio no exilio cos escitas».

Ovidio no exilio cos escitas. 1859

 Morre no ano 1863, tras graves problemas de saude, rematando no 1861 o seu último encargo: a decoración da Capela dos Santos Anxos da Igrexa do Saint-Sulpice de París.

Decoración na igrexa de Saint-Sulpice.1861

lunes, 8 de septiembre de 2014

ROMANTICISMO: EUGÈNE DELACROIX (Parte III)


 No ano 1832, viaxa a Marrocos en misión diplomática e durante catro meses visita tanto este país como a vecina Arxelia, para logor pasar a España onde recala principalmente en Sevilla e Cádiz. Este viaxe exótico permitiulle renovar a súa inspiración e afastarse (xa con experiencia e fama) das súas inquedanzas de notoriedade para centrarse máis na práxis pictórica, acompañado sempre por un caderno de debuxos onde captaba todo o tiña ao redor, tanto en bocetos rápidos como en debuxos detallados. Delacroix, cercano ao tema do exotismo a outros pintores románticos, afástase destes por fuxir do pintoresto e o superficial, pois realizaba nos seus cadros e bocetos nunha sorte de «recomposición poética» nos que idealizaba os seus recordos, e que foron unha fonte importante de ideas e proxectos. Desta época son tamén as súas mellores obras en acuarela, que aprendera dos paisaxistas ingleses, pero as que levou a un grande nivel de perfección.

 
Bahía de Tánxer
                                
 
Paixase de Tánxer
 
 
Costa africana

 
Costa española
 
 
Mulleres de Marrocos, bocetos

 
Tigre novo xoga coa súa nai.1830.

 Tras o seu regreso a Francia participa entre os anos 1834 e 1841 en diversos salóns e realiza catro importantes pezas, nas que a cor convértese na principal protagonista:
 
Mulleres de Arxel na súa habitación. 1834
 
BOCETOS


 
 
O Caid, xefe marroquí.1838

 
Os convulsionados de Arxel.1838

 
Boda xudea en Marrocos. 1841