BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 12 de diciembre de 2012

ELIZABETH SIDDALL (Parte V)


 Liberada e independente, a artista realiza un cadro -un autorretrato- e diversos debuxos e acuarelas en composicións ao xeito prerrafaelita, de temas medievais e do mito artúrico idealizados, en obras dunha gran personalidade e impronta misteriosa, polo que está directamente vinculada ao grupo, algo acreditado tamén na súa participación nunha exposición do grupo. Resulta curioso, que Siddal non se considerara fermosa, segundo as directrices do grupo e pintou unha versión moito máis realista de sí mesma que alonxábase da visión idealizada dos seus compañeiros prerrafaelitas. Deste xeito, a artista racha cos moldes que perpetúan a desigualdade, e reflexiona sobre a súa propia identidade, aínda que sigue unida a Rossetti e posando para el, como modelo ata a súa morte.

 Casa con Dante Gabriel Rossetti, no ano 1860, tras varios anos de relación, quen a pinta constantemente, excluíndo así as outras modelos e evitando tamén que posara para os demais membros do grupo desde o ano 1852, e que culmina co último retrato que realiza de Lizzi, con “Beata Beatrix”, obra que realiza no ano 1863, un ano despois da morte da artista. Máis será a partir do alonxamento de Ruskin, quen deixa de patrocinar a súa obra e da acitude  Rossetti, que parece ser que toma a outras modelos como amantes, que Lizzi escribe poesía. Entroncada coa poesía romántica, a poetisa escribe sobre o desamor e o vampirismo en poemas nos que parece recrear a súa tormentosa relación con Rossetti, e retoma os temas tan queridos polos  románticos como a árbore, a sombra e a morte, en poemas profundamente melancólicos e tristes, dentro tamén da esfera do xénero gótico, pero que capturan a  súa anguria, a desesperación, a alienación e ao mesmo tempo unha certa rabia e orgullo. A necesidade creativa de Siddall, se desvincula así das mulleres sometidas ao creador, usadas como modelo nese doble estatus de muller e musa, percibida como un suxeito pasivo, fermoso e sensual, tamén nos 15 poemas escritos por ela parece que na última etapa da súa curta vida, que o seu cuñado William Michael Rossetti, consegue imprimir no ano 1906. Poemas que no ano 1978, Roger C. Lewis e Mark Samuels Lasner, recollen e publican tras máis dun século de esquecemento, apuntando que aínda que cortos de técnica posúen unha singular calidade.
 

                                                                 Dona Clara.1857

  Morta o 11 de febrero do anho 1861, según algúns de forma accidental, aínda que os rumores  apuntan a posibilidade do seu suicidio, pois atópase ao parecer unha nota da artista que din: “A miña vida é tan miserable, que non quero seguir con ela”, a súa historia non remata coa súa morte.
 Rossetti, nun acto romántico escondeu nos seus cabelos os manuscritos dos poemas que escribirá para ela, no cemiterio de Highgate de Londres, para sete anos mais tarde, afundida a súa carrera e desesperado, o seu axente convenceuno para que recuperara os seus poemas. Agora a historia forma parte da lenda, e dado o permiso de exhumación, esta fíxose pola noite para non perturbar o espazo mortuorio e á luz das teas, escavouse a tumba e abriron o cadaleito, atopando os poemas enguedellados nos longos e vermellos cabelos de Lizzi, que crecerán aínda máis tras a súa morte enchendo case o cadaleito, mentres o corpo aparecía perfectamente conservado, e intacta a súa beleza. Tamén según a lenda parece que o seu home non puido asistir a exhumación, nos que se rescataron os sonetos que posteriormente sairían ao prelo co título de The house of life.


 
 
Pippa passes. Ilustración dunha obra de Browning's.1854


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario