BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


domingo, 21 de febrero de 2016

MULLERES SURREALISTAS: KAY SAGE (PARTE I)




“I think my perspective idea of distance and going way is from my formative years in the Roman countryside.  There is always that long road and the feeling it gives that it goes a long way, and living near the Mediterranean, the sea and the boats, the feeling of the sun.” 

Kay Sage

 Katherine Linn Sage (25 de junio de 1898 - 8 de enero de 1963), coñecida polo nome artístico de Kay Sage, foi unha artista e poeta surrealista. De novo nos atopamos con outra muller artista adscrita ao Surrealismo pero cun traballo que foi comparado coa obra do seu compañero de movimiento e posterior marido, Yves Tanguy ou co pintor metafísico Giorgio de Chirico. Como si a súa obra non tivese entidade propia.

 Kay naceu en Albany, Nueva York, segunda filla dunha familia de clase media alta, o que facilitoulle a boa formación na Foxcroft School, en Virginia, onde coñeceu a súa grande amiga Flora Payne Whitney, herdeira das fortunas Whitney, Payne y Vanderbilt, e unha das fundadoras do Whitney Museum. Pasou a súa mocidade  viaxando por Europa coa súa nai, unha muller de espíritu libre, con amplos recursos económicos o que lle permitiu coñecer a arte que nese momento facíase na vella Europa aprendendo a pintar e asistindo a clases. Formada pois, en colexios americáns e europeos, asistiu anos máis tarde á Corcora School of Art de Washington. Durante a Primeira Guerra Mundial traballa como traductora na oficina do censo de Nova Yorke. E no ano 1920 vaise a Roma a estudar pintura na Libera Accademia di Belle Arti.


A miña habitación ten dúas portas. 1939


Non teño ningunha sombra. 1940


Perigo. construcción. 1940

 Sage establecida en Rapallo, Italia, coñece en 1924 coñece ao Príncipe Ranieri di San Faustino, un noble italiano que se converteu no seu primeiro marido. Porén, a vida de rica ociosa non lle gustou; e tras  10 anos de vida entre a alta sociedade separouse do seu home para mergullarse de novo no mundo da arte. A finais dos anos 20 trasládase a París onde coñece aos membros do movemento surrealista entre os que non tivo unha boa acollida, quizais debido ao seu pasado aristocrático como "princesa San Faustino”.


Estudo para unha carta do Tarot. 1940


Estudo para unha carta do Tarot. 1941

 Comeza a pintar en 1936 e celebrou a súa primeira exposición individual en la Galleria del Milione en Milán, onde amosou as súas obras iniciais, inscritas dentro da abstracción xeométrica. En 1937 hai un cambio de rexistro na súa forma de traballar ata unha pintura onírica con misteriosos obxectos de difícil interpretación. A finais dos años treinta, a iconografía das súas pezas, moi relacionadas coa pintura de De Chirico, incluía elementos como o ovo, a rampa inclinada, portas con grandes arcadas, sombras proxectadas diagonalmente na distancia e figuras enroladas con teas. Este cambio, según algún críticos e críticas da arte ten moita relación coa amizade que no ano 1937 iniciaría con Kurt Seligman  e a  súa mujer Arlette, e que reforzaríase probablemente coa visita á Exposición Surrealista Internacional de 1938 onde coñecerá a estética Metafísica de Giorgio de Chirico coa súa pintura figurativa de melancólicos paisaxes urbanos, valeiros e misteriosos. Maís foi no 1937 cando coñece grazas ao seu amigo Heinz Henghes a Ives Tanguy con quen comenza unha relación sentimental.


S/T. 1941


Os catorce puñais. 1942


Máquina de sangue. 1942


Marxen de silenzo. 1942


ST/. 1942

 Ao estalar a II Guerra Mundial, Kay Sage vaise a EEUU axudando a moitos dos seus amigos e amigas a deixar Europa incluíndo a Breton, Lamba e Matta. Tanguy tamén a seguirá unha vez é declarado non apto para o exército. Non está claro cando comeza a relación con Tanguy aínda que si que é posterior á relación que tivo con Peggy Guggenheim. En 1940 Sage e Tanguy casarónse con gran desgusto de Breton, en Reno, Nevada o 17 de agosto de 1940. Logo da guerra, a parella comprou un vella granxa en Woodbury, Connecticut e convertérona nun estudo de artistas, neste lugar pasaron o resto da súa vida, pintando e desenvolvendo a súa vida artística.


Estudo para A cara Oculta.  1943


 A cara Oculta.  1943


A viaxe de ida. 1943


Demasiado cedo para o trono. 1943

 Ese mesmo ano celebrou a súa primeira exposición en América, na Pierre Matisse Gallery de Nova York. Soubo crear un universo onírico dunha gran riqueza iconográfica, din que chegou a superar ao propio Tanguy; aínda que, como en tantos outros casos, a súa obra quedaría sempre eclipsada pola fama do seu home. En 1947, xunto a Tanguy, Arp, Duchamp, Matta e Giacometti, entre outros, tomou parte na última gran exposición do surrealismo, organizada por André Breton e Marcel Duchamp na Galerie Maeght en París. En 1950 expuxo na Catherine Viviano Gallery de Nova York, onde volveu mostrar as súas obras en 1952, 1956, 1958, 1960 e 1961.


Desde outro enfoque. 1944


Vin tres cidades.1944


No terceiro soño. 1944


A parte superior do ceo. 1944


Os sete durmintes. 1947


Caraváns de estorninos. 1948


Os unicornios baixaron ao mar. 1948






miércoles, 17 de febrero de 2016

ABSTRACCIÓN EXPRESIVA E LÍRICA: TRABALLOS NA AULA (PARTE II)

 Os traballos do alumnado foron moi variados, presentados xeralmente en POWER POINT, e cun traballo exhaustivo non somentes sobre a súa biografía senon tamén co respecto a práxis pictórica de cada quen, que era en particular o que se lles pedira: ser capaces de captar a técnica empregada por cada artista.

 Antonio, falounos de Rafols Casamada (1923-2099). Este pintor, conceptualista barcelonés asemade de lírico, realizou unhas pinturas que son (según algúns críticos) imaxes caleidoscópicas nas que as formas armoniosas e as cores superpóñense e se sobreponen complementándose entre elas, únicas, solitarias e plenas, pois ante a súa aparente simplicidade é quen de evocar pensamentos e amosar con moi poucos elementos a esencia oculta do mundo. deste artista, destacou a Sala de Información Turística da Casa da cidade de Barcelona, que ten decoradas as súas bovédas con pinturas abstractas sobre o tema de "As Catro Estacións".


                                         Bóveda da Casa da Cidade de Barcelona. 1982


 Juan, escolleu a Fernando Zóbel,(1924-1984) pero centrouse en pezas da serie "Saetas",nos anos 50, integrada por un centenar de cadros que supón o nacemento dunha das técnicas características de Zóbel: o traballo con jeringuillas de cristal que inxectan ao lenzo os pigmentos e permiten trazar finas e longas liñas. A súa pintura caracterízase pola ausencia de improvisación e a procura permanente da expresión do movemento, o na que se advirte a influencia da poética de Mark Rothko e a sensibilidade oriental da pintura china, da que o artista atesorou unha importante colección. 


Saeta 42. Anos 50. Óleo sobre lenzo 

 María, fixo un percorrido, pola estética de Barnett Newman, (1905-1970) quen malia o seu aparente simplicidade pictórica está considerado como un dos mais desafiantes pintores do século XX, pertencente ao expresionismo abstracto americano. Considerado un minimalista, influíu en moitos dos seus colegas da época xunto con Jackson Pollock, Mark Rothko, and Clyfford Still. Caracterizouse pola expresión de emocións e sentimentos mediante a técnica abstracta e a forza das cores. A simplicidade das súas obras conéctalle coas ideas da arte minimalista e o interese pola cor plana e vibrante, relacionándoo co que máis adiante, sería a arte pop. A cor é, para o artista, unha boa base desde a que abordar a reflexión persoal porque, a final de contas, quen teme a lume, amarelo e azul?
 Newman posúe un estilo propio, moi persoal no que resulta característico o emprego dos denominados "campos de cor", é dicir a yuxtaposición de cores que ocupan espazos máis ou menos diferenciados. O seu estilo baseado na presenza dunha cor predominante, co que conviven pequenas franxas doutras cores e sempre mostrando unha maior preferencia pola disposición vertical dos campos de cor, ao contrario do que adoita ser habitual na obra de Mark Rothko.
 Foi filósofo, escritor, profesor e sobre todo inconformista. Os seus cadros e esculturas son consideradas afirmacións filosóficas creadas sen habilidade artística, pois era un teórico. O mesmo artista comenta: “e sigo crendo, que o meu traballo en terminos de impacto social denota a posibilidade dunha sociedade aberta”.


White fire II. 1958. Óleo

 Ana estudou a obra de Robert Motherwell ( 1915-1991).
Uns dos pintores pioneiros do expresionismo abstracto; ademais de teórico e exponente do movemento. Foi o máis novo da chamada “New York School”, grupo que renunciou ao estilo americano prevalente da década, polo expresionismo abstracto. Estudou filosofía en Stanford, algo que influiría de xeito notable na súa posterior obra. Esta formación retórica seríalle moi útil tamén aos seus compañeiros expresionistas, xa que percorreu Estados Unidos impartiendo conferencias achega do que estaban creando en Nova York. Sen estas grandes capacidades comunicativas, outros expresionistas quizais non visen a luz. O maior obxectivo deste pintor era mostrar ao espectador o compromiso mental e físico do artista co lenzo e explicar o porqué da pintura non figurativa.
 A alumna centrouse na súa extensa serie de pinturas coñecida como "Elixías á República Española", que é xeralmente considerada o seu proxecto máis significativo. Unha serie a través da cal o artista analiza a mesma composición de formas, unha e outra vez, cambiándoas de cor e peso, aínda que predominando sempre o branco e o negro. Son formas abstractas, non perfectas, que con todo repártense a tea creando unha estabilidade neutra dentro do angustio. A través delas pretende enraizar coa cultura e a tradición do Barroco Español e co drama da Guerra Civil e os anos do Franquismo.


Elegía a la República Española. 1965.Óleo sobre lenzo 

 Rosa, centrouse noutra etapa do artista José Manuel Broto (1949), na que nas súas pezas dos anos  noventa consideraba que as dúas dimensións do lenzo constituían o ámbito idóneo para a representación artística, creando nas súas obras un espazo capaz de provocar infinitas evocaciones e suxestións por medio de composicións deliberadamente abstractas. Broto prescinde do maior número de elementos creando unhas composicións extraordinariamente sintéticas nas que superpone unha serie de signos abstractos moi gestuales de gran capacidade metafórica e suxestiva que flotan sobre a superficie de cada lenzo. A importancia concedida ao baleiro, o uso de gamas cromáticas intensas que crean multitude de contrastes e harmonías que aparecen suspendidas en atmosferas cristalinas e silenciosas son características presentes en toda a súa obra.


Do cristal IV. 1995. Acrílico  sobre lenzo

 Malena centrouse na obra de Franz Kline (1910-1962) un dos máis grandes exponentes do expresionismo abstracto, xurdido en EEUU na década dos anos 40 e marcado pola tensa situación social tras o crack do 29e a segunda guerra mundial, de aí a violencia dos trazaos e a frustración reflectida nas súas obras.O brochazo de Kline é furioso, como unha grosa e tosca tachadura das que se facían para tapas ar pintadas políticas das rúas e impdir a súa lectura, polo que foi denominada por Argan como a “iconografía do non”.
 As obras de Kline representan unha forma de expresión individual e espontánea, pasión e creatividade están presentes nas pinturas deste artista que tivo menos impacto social fóra dos círculos da arte, aínda que tivo unha grande influencia n@s escultor@s constructivistas dos anos sesenta, debido ao sabio equilibrio acadado entre o emprego do branco e negro.

"La naturaleza de la angustia
se convierte en diferentes formas" , dixo Kline.


Pintura nº 2. 1954

 Julia, estudou a obra de Rafael Baixeras (1947-1989), un informalista conceptual, razonante e ao mesmo tempo, de intención moi lírica. A xeometría está sempre implícita, e ás veces explícita, nas súas composicións, de gamas neutras e asordadas durante un tempo, e case quentes na última etapa. É a súa unha sabia pintura, de resultados moi atractivos, aínda que en aparencia torpe, como desmañada. Ampla a mancha, firmes os negros, insinuadas as vagas figuraciones de raíz onírica, porque vagamente cabo emparentarlo coas mellores esencias do surrealismo. De modos que se identifican co feísmo, Baixeras arrinca inefabilidades dunha extrema delicadeza.


S/T. 1982.Técnica mixta sobre tea


Peceira laranxa. Técnica mixta sobre tea. 1986

 Yolanda, fixo un interesante power point sobre Mark Rotko (1903-1970) quen salientou en 1934: “El expresionismo se parece mucho al arte de los muchachos. Quizá su obra es más expresionista que la de los propios artistas, ya que es un intento de revivir la frescura y la ingenuidad de la visión infantil”.
 Rothko moveuse a través de moitos estilos artísticos ata alcanzar a súa firma 1950 con motivos de formas suaves e rectangulares que flotan nun campo tinguido de cor. Fuertemente influenciado pola mitología e a filosofía, que insistiu en que a súa arte encheuse de contido, e cheo de ideas. Un feroz campión do pensamento revolucionario social e o dereito á libre expresión, Rothko tamén expuxeron os seus puntos de vista en numerosos ensaios e apuntas críticas. Altamente influenciado por Nietzsche, a mitoloxía grega, e o seu patrimonio ruso-xudía, a arte de Rothko estaba profundamente imbuído de contido emocional que articula a través dunha gama de estilos que evolucionó a partir do figurativo ao abstracto. A temprana obra figurativa de Rothko que inclúe paisaxes, naturezas mortas, estudos de figuras e retratos, demostrou unha capacidade de combinar o expresionismo e o surrealismo. A súa procura de novas formas de expresión levou ás súas pinturas de cor de campo, que empregaban a cor brillante para transmitir un sentido de espiritualidad, no que atopamos os adxectivos de: “no-relacional”, “forma aberta”, “all-over” e  “subjet matter”.


Azul e gris. 1962

 Jorge falounos dun artista novo, Gerard Fernández Rico (Barcelona,1977) un artista curtido na rúa. As súas orixes creativas están vinculados ao grafito, ata que fai unha década decidiu abrir nova etapa facendo obra de estudo. Non foi unha ruptura drástica co seu pasado, senón "unha evolución". Deixou de saír á rúa para facer entrar a rúa no estudo. Non rifar coa radicalidad pero si optou por tratala cun remanente de serenidade e harmonía.
 Fernández Rico entende o seu traballo como un proceso no que cada obra que crea contén as preocupacións e as pistas dun futuro proxecto. Non hai nada terminado, porque nada é definitivo. Sempre hai un chanzo máis para subir na escala da experimentación.  Os seus primeiros intentos evocan o imaxinario da rúa nuns cadros elaborados con resina de epoxi que fantasean cunhas paisaxes introspectivos.  A elección deste material líquido que se solidifica por reacción química -tanto serve para fabricar o chan dun parking como unha táboa de surf- deixoulle satisfeito a medias. Lle decepcionaba que, unha vez manipulado, o seu carácter de material industrial quedase do todo camuflado. E decidiu cambiar de chip: optou por traballar con materiais da mesma familia, os polímeros, e mostralos na súa forma orixinal. Mantas térmicas, material de desecho e derruba comezaron a desfilar polo seu universo creativo, poñendo de relevo as súas enerxías, nun interesantísimo traballo, que continúa na actualidade.


Xeometrías. 2007. Técnica mixta

 Fernando, estudou a De Kooning, (1904-1997) este artista concibía a arte de como "acción unida á enerxía e ao movemento corporal", traballando cunha intensa concentración dirixida en exclusiva ao acto creativo sen predeterminarse o seu resultado. Kooning empregaba pinceladas mordaces e violentas, con espesas capas de óleo. Esta action painting produce unha pintura abstracta e vigorosa, de gran densidad e moi intensos desde o punto de vista cromático. Facía unha pintura representativa e gestual á vez, que remata cun certo lirismo coas súas últimas obras, tales como Whose Name Was Writ in Water e Untitled III; nelas brillas as luces e os reflexos no auga. A partir de 1970, inducido por Henry Moore, comeza a realizar grandes esculturas. Durante os seus últimos anos inclinouse cada vez máis pola realización de esculturas de barro.


Woman. 1950. Óleo sobre lenzo

 Alicia fixo un interesante percorrido pola obra de Jackson Pollock (1912-1956), investigando sobre o seu  proceso pictórico e a súa relación coa importante Peggy Gugenheim, e as influencias que o pintor tivo durante a súa traxectoria:
-Arte primitiva e dos indios navajos.
-Picasso.
-O psicoanálise e Jung.
-Krisnamurti.
-Siqueiros.
-Surrealismo.
-Miró e a abstracción.
 Tamén falounos da súa estética na que destaca un artista innovador, transgresor, genial, cunha linguaxe pictórico persoal e  universal, que desde a intuición, representa os procesos da naturaleza, na busca da expresión da súa propia época.
“En el suelo me siento más cerca de la pintura, más parte de ella, ya que de esta forma puedo moverme alrededor del cuadro, trabajar desde los cuatro costados y literalmente estar en la obra”.


Mural. 1943.

 Rolando presentounos un vídeo e un power point do artista contemporáneo Gerardo Delgado (1942), artista multidisciplinar que traballa non só co obxecto senón tamén  coa instalación e a pintura-pintura. Pintor e arquitecto, forma parte da vangarda artística española desde que participara na emblemática exposición Nueva Generación, que tivo lugar na galería Edurne de Madrid en 1967, sendo na actualidade o artista da súa xeración con máis trascendencia. A súa  pintura ten un percorrido no que vai queimando sucesivas etapas e nas que sempre é fundamental a xusta medida, o rigor compositivo  ol equilibrio mental, que terá a súa correlación na obra mediante o emprego medido dos materiais plásticos. A súa abstracción conxuga os desenvolvementos meramente pictóricos, a reflexión absoluta a través do medio cromático e os desenlaces semánticos aos que chega desde un sutil xogo metafórico.


Vaivén violeta. 1982. Óleo e carboncillo sobre lenzo


 Mary, escolleu para a súa presentación a José María Sicilia (1954), artista contemporáneo de importante traxectoria internacional, que traballa sobre todo a partir dos anos oitenta en grandes formatos en series pictóricas onde atópanse reunidas naturas mortas e representacións de ferramentas e utensilios domésticos así como paisaxes. A alumna centrouse nas pezas do ano 2013 “Fukusima. Flores de invierno” en que o artista pinta o tsunami, e nas que reflexiona sobre a brevidade da vida e o  ataque do inesperado: “ El instante no espera a nadie, es irreparable, no lo puedes prolongar…Lo efímero es aceptar lo fluyente y lo flotante, es espíritu de la obra”.


Fukusima. Flores de inverno. 2013. Técnica mixta.


Páxinas web:
https://es.wikipedia.org/wiki/Albert_R%C3%A0fols-Casamada
http://fernandozobel.es/pintura.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Barnett_Newman
http://www.christies.com/lotfinder/paintings/barnett-newman-black-fire-i-5792532-details.aspx
http://www.wikiart.org/en/barnett-newman/fourth-station-1960
http://www.epdlp.com/pintor.php?id=2758
https://es.wikipedia.org/wiki/Franz_Kline
http://artearquitecturaydiseno.blogspot.com.es/2011/03/rafael-baixeras-paisaje-entero.html
http://desdeelotroladodelcuadro.blogspot.com.es/2013/04/woman-i-willem-de-kooning.html
http://www.galeriafernandez-braso.com/html/pdf/notaprensadelgado.pdf
http://www.museoreinasofia.es/exposiciones/jose-maria-sicilia-pinturas-1987

ABSTRACCIÓN EXPRESIVA E LÍRICA: TRABALLOS NA AULA (PARTE I)

 Neste segundo trimestre o alumnado de segundo curso da aula de pintura, está a participar nun traballo teórico sobre a Abstracción Expresiva e Lírica,  presentado as súas investigacións na aula e que deu lugar a moitas consideracións sobre estes estilos pictóricos que nacen nas décadas vinte e corenta do século XX, que con posterioridade foi interpretado por moit@s artistas e que segue en vixencia na actualidade. 

 Na aula explicáronse as distintas correntes: 

-Abstracción lírica, é unha tendencia dentro da pintura abstracta que se desenvolveu a partir de 1910 e que se toma  como referencia para marcar os inicios da pintura abstracta. O tema que desenvólvese é a expresión da emoción do  artista, individual e inmediata, rexeitando representar a  realidade de forma obxectiva e onde predomina a cor sobre a forma.

-O Expresionismo abstracto americanoxurde nos anos 1940 en Estados Unidos para difundirse despois por  todo o mundo. Se considera o primeiro movemeento xenuinamente estadounidense dentro da arte abstracta, e exemplo do liderazgo que, en materia de artes plásticas, asumiu Estados Unidos tras a Segunda Guerra Mundial. Coñecido tamén como Escuela de Nueva York. Non se trata dunha escuela cun estilo común, senon dun feixe de artistas de conviccións semellantes que compartían unha serie de técnicas pictóricas. Dentro deste movemento atópase a ACTION PAINTING («Pintura de Acción» o «Pintura en acción», tamén traducido como «Pintura xestual»), termo acuñado polo crítico Harold Rosenberg no ano 1952 para referirse á obra de artistas como Pollock, Franz Kline ou Willem de Kooning.


-O  informalismo, movemento artístico que abarca as tendencias abstractas e xestuais que se desenvolveron en Europa e Francia tras a segunda guerra mundial, en paralelo ao expresionismo abstracto USA, e no que atopamos diversas correntes: a pintura matérica, a Nova Escola de París, o Tachismo, o Espacialismo e o Art Brut, atopándonos en España con dous grupos informalistas moi importantes: "Dau-al-Set" e "El Paso".

 Tras o estudo e reflexión sobre a práxis de distint@s artistas, cada alumno e alumna, decidiu escoller a un creador ou creadora dentro destas tendencias e presentar o seu traballo na clase, estes foron @s escollid@s:

  Tucho, falounos de Kandinsky (1866-1944) que foi precisamente o impulsor da abstracción lírica a partir do ano 1911, en obras que expresan as emocións do artista sin necesidade de recurrir as formas reais dos obxectos, e nas qu o sublime, se simboliza con trazos onde a cor predomina sobre as formas. No ano 1912, Kandinsky publica “De lo espiritual en el arte”, onde critica ás institucións académicas tradicionalistas e no que nos presenta a fundación teórica do movemento abstracto.


Primeira acuarela abstracta. 1911

 Amalia, nun extenso traballo desvelounos a importancia de Jackson Pollock (1912-1956) na arte contemporánea, explicándonos os diversos compoñentes do Expresionismo Abstracto:
-A súa  proposta máis intuitiva e emocional.
-A preferencia polas formas orgánicas e biomorfas, e polas liñas curvas ante as rectas.
-O seu carácter en certo modo decorativo.
-O seu interese pola mística, o espontáneo e o irracional.
-E a importancia que as teorías de Sigmund Freud e Gustav Jung, tivo nesta corrente artística.
-O carácter romántico desta abstracción expresiva.
 Falounos tamén das distintas fases na obra de Pollock, para centrarse nas pezas que o artista realizou  para a Houston Chapell, na que presentou obras case monocromas nas que os contornos negros son moi nítidos, en pezas herméticas pero que transmiten a sensación de meditación e de respecto.


A Houston Chapell. 1965

 Esperanza Martínez, escolleu a un artista pouco coñecido: Jaume Genovart (1941-1994), pintor, gravador e ilustrador, centrado na movilidade do  aire como expresión constante da vida, en paisaxes onde o texto conxúgase coa pintura e que equivalen a participación da razón nos fenómenos da natureza.


Genografía de mar. 1984

 Ramón presentounos a dous artistas que formaron parte do Tachismo, e que introduxeron no ámbito europeo a Action Painting dun xeito singular, pois o traballo deste dous artistas centrouse nunha linguaxe baseada tanto nos signos como na mancha. De Georges Mathieu (1921-2012), explicounos a súa praxis: cubría a superficie do soporte dunha soa cor, cunha capa lisa e homoxénea para logo manchar a tea con elementos sígnicos irregulares entons mía escuros que o fondo, nas que as veces empregaba o dripping para obter puntos de impasto a modo de caligrafías moi persoais. De Hans Hartung (1904-1989) , destacou a importancia que Kandisnky tivo na súa obra en canto a súa simplicidade e a importancia que o signo tivo en toda a  súa traxectoria.


Mathieu. Les capatiens partout. 1954


Hans Hartung. T1963-R6, 1966, acrílico 


Hans Hartung.T1980-R33, sen data, acrílico

 Ángeles realizou a súa presentación sobre a obra de Soledad Sevila (1944), artista que explora a relación entre luz, materia e espazo e que cun estilo que achégase ao minimalismo e a arte normativa; movemento baseado na forma seriada e a pureza cromática. O video como complemento da linguaxe pictórica, así como a fotografía están presentes nas súas últimas obras. Artista dunha calidade técnica asombrosa que realiza tamén múltiples instalacións, na actualidade traballa en formatos pequenos e en acrílico, pois como ela mesma explica nunha entrevista: “Llegó el momento en que era incapaz de abarcar los grandes formatos debido a mis condiciones físicas. Fue entonces cuando decidí abordar la tela de forma distinta, por etapas, con pinceladas pequeñas que se repiten hasta que esa unidad desaparece. Sigo utilizando este sistema porque me resulta cómodo. Todos los cambios en mi obra coinciden curiosamente con los cambios en mi estado fisico.
Nunca en todas las formas me lo planteo de forma racional; la naturaleza me impone su ritmo y yo siplemente me adapto; abandone la geometría  porque no podía abarcarlo físicamente.”


Meninas. Acrílicco sobre tea. 1993

 Carmen, falounos de Rafael Baixeras (1947-1989) artista cunha proposta que é un indicador da psicoloxía do artista e das súas preocupacións estéticas. Nas súas pezas a continuidade dos gruesos trazos encadenados establece o seu propio fin tal como a cor remata nos propios límites do cadro a través de trazos informalistas, combinando o etéreo e o sólido. A paisaxe como tema e o expresionismo como modo de facer visible o súa  linguaxe, son os pilares onde se asienta a obra de Rafael Baixeras, quen define así unha das súas pezas: “Una superficie convencional que contiene y recoge un acto convencional. Es la pintura. El cuadro de la mente (la visión plástica de la mente) es necesario instalarlo en la superficie elegida de la forma más pura posible, como si todavía estuviese en el cerebro. El soporte, inmaculado como papel fotográfico, hemos de considerarlo la nada, el lugar donde las materias han de tomar la forma más similar a la visión plástica. Visión que quizás por tradición tiene forma de cuadro. Por eso el objeto artístico (cuadro real) son dos cuadros inscritos”. Este artista, participa co grupo ATLÁNTICA en diversas exposicións nos anos oitenta.


Paisaje entero. 1988. Técnica mixta sobre lenzo. 

 María José, realizou unha moi interesante reflexión sobre a última etapa de Gerhard Richter (1932),  pintor que non pertence a un so estilo. "No persigo ninguna intención, no tengo sistema ni estilo", asegurou o pintor en 1966.
As súas numerosas obras sobre retratos difuminados aos que chegou a través da fotografía que unidos aos estudios coa cor,  o levan na actualidade a unhas obras de gran tamaño que son en definitiva resumen de todo lo experimentado ata ahora.
 Nas súas últimas pezas de gran formato, traballa cuns arrastrados de capas de óleos superpostos que crea cunha maravillosa destreza a súa avanzada idade.


Abstraktes Bild. 1994. Técnica mixta sobre lenzo.

 Espe, fixo un interesante traballo sobre Fernando Zóbel, (1924- 1984)pintor filipino, que traballou sempre en España, intelectual que desenvolveu múltiples facetas: historiador, mecenas, profesor de Universidade e bibliógrafo.
Moi influenciado polas culturas orientais, o que vai estar presente constantemente na súa obra a través da liña, o espazo e o xesto,a súa obra parte do proceso clásico: apunte-debuxo-boceto-cadro. O apunte pretende recordar unha idea. O debuxo intenta fixala. O boceto é un ensaio de realización. É un proceso de eliminación de distracciones. O cadro pretende ser a realización máis clara da idea inicial.
 Gran debuxante, de trazo solto, rápido e cunha capacidade de síntese levada ao límite, eliminando calquera abstracción que a paisaxe leva consigo. O resultado final é un cadro irreal e lírico, no que emprega  unha suave mestura de pastel a modo de lápiz, sen apertar e óleo.
 A súa técnica consiste en usar pintura moi diluída en aguarrás, o que lle permite conseguir efectos dinámicos e degradados de enorme sutileza, con obras están realizadas en varias capas. Esta técnica de engadir e superpoñer capas de pintura permítelle conseguir resultados máis densos e profundos. Utiliza a técnica do frotado, o difuminado e a transparencia, creando unha especie de nebulosa chea de forza.



Xardín seco. 1969. Óleo sobre lenzo. 

 Pepe, escolleu ao artista José Manuel Broto (1949), cunha obra notablemente influída nos seus comezos polo colectivo francés Suport-Surface, as revistas Tel Quel e Peinture, Cahiers théoriques entre outras publicacións, e especialmente polos escritos teóricos de Marcelin Pleynet e o expresionismo abstracto, que foi tamén relacionada con algúns postulados minimalistas; de feito el é un dos maiores exponentes da chamada Pintura-pintura, e xa que logo un dos artistas que máis reivindicou a abstracción fronte á figuración e á arte conceptual. Porén Pepe, escolleu unha peza de Broto do ano 2009, na que o artista usando o ordenador como paleta de pintor, compón imaxes nas gamas cromáticas, as formas e as transparencias creando multitude de contrastes e harmonías que aparecen suspendidas en atmosferas cristalinas e silenciosas características presentes en toda a súa obra, o que levou a este alumno a realizar o mesmo traballo no ordenador xerando diversas obras para logo a través delas traballar coa mesma estética no lenzo, pero empregando o acrílico como técnica.



 S/T. 2009. Tintas pigmentadas sobre papel

 Ana, escolleu a unha artista interesantísima e pouco coñecida polo público, Joan Mitchell (1926-1992) pertencente a segunda xeración da abstracción xextual, artista na que destaca a súa capacidade para reflectir os seus pensamentos, emocións e sensacións na natureza e na pintura. Como características xerais da súa proposta pictórica Ana explicitou:
SOPORTE: Emprego do gran formato, que rexeita o All over, a frontalidade e a disposición libre do cadro. As súas formas evocan impresións de paisaxe. 
TÉCNICA: Renuncia á figuración. E traballa a partir de trazos violentos: liñas, brochazos, manchas, salpicados e dripping, cunha cor de intenso cromatismo. Emprego de cores primarias.
COMPOSICIÓN: Estrutura organizada e improvisación.
TEMÁTICA: Paisaxes abstractos.


Paisaxe de cidade. 1955. Óleo sobre lenzo.

 Paco escolleu a Franz Kline (1910-1962), quen como Jackson Pollock e outros pintores abstractos, foi un pintor de acción polo seu simple, espontáneo e intenso estilo, mediante o uso de trazos fortes e figuras abstractas. A maior parte do traballo de Kline, con todo foi "practicada espontáneamente". Preparou moitos sketchs sobre debuxo, aínda que nunca os publicou, antes do seu traballo plástico, e ademais foi un musico da arte abstracto. Os mellores e máis coñecidos traballos expresionistas de Kline foron feitos coas cores branco e negro puros, aínda que ás veces introduciu diversas tonalidades de ambas cores. Só volveu utilizar cor nas súas pinturas a partir de 1955, aínda que as súas pinturas máis importantes en cor foron feitas recentemente a partir de 1959. As pinturas de Kline son moi complexas e subjetivas. Cando as pinturas deste artista sempre tiveron un impacto dinámico, dramático e espontáneo, é importante saber que el sempre as describiu moi simples en canto a devanditos elementos. Cabe dicir que fixo moitas das súas pinturas a raíz dos coñecementos aportados polos seus estudos previos.



Orange Outline. 1955

 Tito escolleu a Rafols Casamada (1923-2009) interesante artista catalán que posúe unha obra artística moi difícil de catalogar. Iniciouse na arte pictórico dentro da corrente artística postexpresionista e figurativista; posteriormente a súa obra moveuse dentro da corrente abstracta. Sen poder encasillarse, a súa evolución tamén se reflectiu no mundo do teatro coa creación de escenografías e decorados.
 Na obra escolleita, que parece feita ao azar, atópase un cunha gran orde e simbolismo, empezando polo azul do fondo, liso e tenue, con algúns manchados, que ao mesmo tempo que enmarca a obra, dálle forza ao branco central, onde se resalta os elementos principais, que, ao seu entender, son os elementos. Auga: Unhas simples ondulacións, en tinta escura, semellando as ondas. Terra: Unhas liñas feras, rectas, feitas a pulso, en tons ocres e avermellados. Aire: Un zig-zag ondulante, realizado en verde (cor do campo, esperanza) que podería simbolizar unhas nubes e a comunión da obra coa natureza.


Gravado de Casamada

 Pilar escolleu a Antonio Saura (1930-1998), que ten a maior parte da súa obra figurativa e caracterízase polo conflito coa forma. Os seus cadros son expresivos e dan a impresión de ser obsesivos no seu franqueza pictórica. É un conflito cun mundo cheo de contradicións e falto de seguridade, no que impera o pesimismo. Saura iniciouse no Surrealismo para realizar logo unha abstracción expresiva e de xeito especial a súa vertente tachista. Os brochazos negros e grises sobre branco aparecen nos seus espidos, autorretratos, crucifixións, curas, multitudes ouas  súas reinterpretaciones de obras maestras de Goya ou Velázquez, sendo un dos máis influeíntes pintores españois do século XX.


Crucifixión. 1959-63. Óleo sobre lenzo

Páxinas na Web: