BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 12 de octubre de 2015

ABSTRACCIÓN XEOMÉTRICA: TRABALLO DE GRUPO (Parte I)

 Como parte do traballo do segundo curso do aula de pintura, o alumnado participou nun traballo teórico sobre a Abstracción xeométrica, que logo presentouse na aula e que deu lugar a moitas consideracións sobre este estilo pictórico que nace nas vangardas do século XX e que con posterioridade foi interpretado por moit@s artistas e que segue en vixencia na actualidade.
 Tras unha primeira presentación miña sobre a importancia deste estilo e tras visionar diferentes artistas, cada alumno e alumna escolleu a diferentes artistas, algúns que foron expostos na clase e outros que foron froito da súa investigación persoal e que foron logo presentados na aula nunha interesante posta en común.


 Esta é unha pequena escolma de todos os traballos e das súas presentacións e aportacións, que pola súa extensión é imposible poñer ao completo.

 Esperanza Martínez Peniza falounos de Piet Mondrian, artista cun estilo inconfundible, que formouse na Academia de Belas Artes de amsterdam, que recibiu influencia do Impresionismo e de Van Gogh nas súas primeiras obras e cun grande interese polas crenzas orintais, que inflúen na súa obra, explicando con moito deteñemento a súa traxectoria como artista e en particular a súa obra “Composición en bermello, negro, azul e amarelo” do ano 1920, do que salientou o emprego das cores primarias e a súa exploración da liña, a cor e a masa.


Composición en bermello, negro, azul e amarelo. 1920


 Juan Loureiro, que escolleu a Mantecón e a Malevich aínda que finalmente faluonos máis dosegundo, fixo un percorrido pola importancia que Cézanne tivo no desenvolvemento da abstracción xeométrica, pois tiña fundamentado a súa arte nas leis xeométricas empregando cilindros, esferas cons e liñas paraleas para proporcionar tensión e liñas verticais para dar profundidade. Elexiu para falarnos deste artista a peza “Suprematismo 471”, de 1915, do que salientou a importancia do ritmo musical nesta peza, asemade da imortancia do emprego da cor plana e das liñas e planos oblicuos.


Suprematismo 471, 1915

Como parte fundamental da abstracción xeométrica, co seu libro “Punto e liña sobre o plano”, e como artista que transitou por varias correntes de principios do século XX, varios alumnos e alumnas acchegáronse a obra de Kandinsky desde distintos puntos de vista:

 Fernando Lorenzo falounos do Kandinsky dos anos 20, que empregou para o traballo un dos moitos libros sobre arte que ten, neste caso do autor ruso, facendo tamén unha traxectoria pola súa obra  e salientou tanto a súa longa traxectoira artística como o a súa peza “Composición VII”, de 1923 da que destacou o emprego de cores puras, das formas elementais e do uso de retículas, así como a importancia da música (atopamos unha  sorte de pentagramas na peza) nesta obra do artista ruso. 


Composición VII. 1923

 Mary Carmen Lucendo, que escolleu tamén  unha obra de Kandinsky do ano 1906, explicounos unha peza que aínda non participa totalmente da abstracción pero que indica a importancia que esta cobrará logo na traxectoria do artista, coa obra “Parella a cabalo”, na que Kandinsky emprega manchas de cor, que destacan como pedras preciosas e representa unha cidade ao bordo da auga, que lembra a súa etapa do Jugendstil en canto a articulación ornamental da composición e na que albiscamos xa a simplificación formal posterior na estilización dos elementos figurativos.


Parella a cabalo. 1906

 Tamén Antonio, quen realizou xa varios estudos a lápiz da obra do artista ruso, falounos de Kandinsky, e da súa obra máis tardía, na que o seu libro “Punto e línea sobre o plano”, é unha referencia fundamental. Na peza “Negro e violeta” do ano 1942, na que salientou as palabras do artista: “El trabajo del pintor es escuchar y conocer estos efectos para producir pinturas que no son sólo el resultado de un proceso al azar, sino el fruto del trabajo auténtico y el resultado de un esfuerzo hacia la belleza interior”.


Negro e Violeta. 1942

 Paco, fíxonos unha semblaza composta de moitas e saborosas anédotas de diversos artistas entre os que figuraron A Goncharova, Van Doesurg, Mondrian, Malevich e Paul Klee, que configuraron o mundo da abstracción xeométrica, e desvelounos a importancia de Kupka, de quen falounos que foi espiritista, e incluso exerceu como medium na súa Chequía natal, e dos  seus intereses teosóficos e naturistas, que era vexetariano, e  que tentou achar un arte espiritual que para el só podía ser abstracto.


Disco de Newton, estudo para fuga en dúas cores. 1911

 Ana Navas, falounos de Hilma af Klint, amosando a importancia desta artista que combinou unha obra realista e figurativa con pezas de abstracción xeométrica no ano 1906, e explicou esta peza, que está en relación coa súa visión do mundo, da importancia do círculo como xerador de formas e do emprego dunhagama cormática rica e ao mesmo tempo moi contida, que está en relación co seu interese polas cosmogonías e pola teoría Teosófica de Steiner, quen tivo tamén relación de amizade con Kandinsky.
 De Hilma fixo tamén un percorrido pola súa obra Julia Martínez Argibay, quen falounos dos lenzos abstractos de inspiración mística, nos que priman a cor e a forma, un segredo que gardou herméticamente, incluso despois de súa muerte en 1944, deixando un legado composto por máis dun milleiro de obras e máis de cento vintecinco cadernos ao  seu sobriño Erick Af Klint, co expreso desexo de que non se amosaran ao público ata transcurridos a lo menos 20 anos. 


Svanen (The Swan) No. 17, Group IX, Series SUW. 1914-15

 As dúas alumnas, que curiosamente escolleron para a súa presentación a mesma peza, coincidiron en que as obras de Hilma podían pertencer á época do POP ART ou do OP-ART  dos años 60 ou 80, e que aínda teñen vixencia na actualidade.


 Alicia Lamas, presentou un power  point cunha soprendente pregunta: Que teñen en común Ecbatana, cidade do Oriente próximo, con Hagamatana II de Frank Stella?, para pasar logo a explicarnos a partir dunha exhaustiva explicación da obra, o emprego dos motivos circulares e curvilíneos, que os espazos se conectan por encadres ou eixes de cor sosteñen a contención e que o emprego de  cores monocromos, liñas delgadas e franxas acompañan aos bordos da xeometría proposta na obra. En debuxos e esquemas foi descompoñendo a obra de Stella que vincula finalmente e cun estudo preciso á obra de Van Gogh “Noite estrelada”.


Hagamatana II. 1967

 María López falounos tamén a partir dun power point, moi extenso de diversos artistas, facendo comparanzas entre a abstracción xeométrica e a lírica, posto que o seu artista escollido Kenneth Noland, transitou por ambas tendencias, e fixo unha relación moi ben documentada entre o Expresionismo Abstracto e os “campos de cor”, a Bauhaus, o minimalismo e a Abstracción Xeométrica, realizando tamén unha taxomonía completa da estética de Noland:
-Círculos Concéntricos o Diana.
-Galones.
-Rombos y largas listas paralelas. 
-Espacios en blanco para enfatizar la forma del color en sus obras.
 Tras exponer varias obras de Noland, fixo tamén un listado de diversos artistas americanos que están adscritos á Abstracción xeométrica, e deixou aberto o tema para seguir no próximo trimestre con outros artistas dos que tamén presentou a súa estética e obra.


Beginning. 1958

 Pepe Nogueiras, presentou un power point sobre Bridget Riley, nacida no sur de Londres en 1931, unha das artistas británicas máis destacadas dentro del Op art, derivación da abstracción xeométrica, onde se lle reconoce como unha das pioneiras neste estilo de ilusións ópticas, destacando desde mediados dos años 60. O maís importante da presentación foi o estudo que o alumno realizou da peza “Brittania” do ano 1961, pois asemade de realizar un percorrido polas distintas etapas da obra da artista, presentou diversos esquemas sobre as posibles  formas matemáticas de realización da obra, incidindo na importancia do emprego dos círculos, da sección áurea, das distintas liñas que conforman a peza, e da monocromía apartir da que Riley realiza unha peza de marcado carácter Op-Art, no que a ciencia e a inspiración danse a mano, e que representa moi ben a obxectividade presente na abstracción xeométrica, e como moi ben explica o alumno: “xenera ilusións ópticas e de movemento con figuras xeométricas, moi técnico e libre de sentimentos, non así de sensacións visuais interpretadas polo observador”.


Brittania. 1961

Para rematar esta primeira parte, poño unha foto que presentounos Pepe Nogueiras, que amosa como na actualidade, a arte xeométrica está presente en todas partes, incluso no chan dunha tenda de discos. 



 Interesante. NON SI?








lunes, 5 de octubre de 2015

OS PIGMENTOS: Cómo consíguense os distintos pigmentos a partir dos materiais empregados (Parte II)

 CORES CÁLIDAS (Continuación)

 AMARELOS E LARANXAS

 No renacemento escomezan a popularizarse os amarelos e laranxas. Obténse ao expoñer o chumbo e o antimonio a altas temperaturas.

Son  tóxicos, sobre todo o laranxa realgar, que contiña sulfuro de arsénico.


 Os amarelos e laranxas empregáronse en Exipto e Mesopotamia, e aínda que perigoso, artistas como Tiziano e os seus contemporáneos, así como Van Dick (gran admirador do veneciano), os pintores de flores en Holanda e a pintora barroca Artemisia Gentilleschi o empregaron regularmente.


 Lady Elizabeth Timbelby e a súa irmá. Van Dick.1637


Judith decapitando a Holofernes. Artemisia Gentilleschi. 1620


Flor amarela. Georgia O´Keeffe. 1923


Emprego do laranxa, nestas calas de Georgia O´Keeffe.1925

O ocre, que obtense xeralmente das terras, emprégase desde a prehistoria, é non é tóxico.



Pintura parietal prehistórica co emprego de ocre escuro.

 O amarelo de cromo era elaborado en base a cromato de plomo, pigmento de cor intenso que ofrece variacións desde ton claros ata achegarse case ao  laranxa. Foi empregado na pintura ao temple e óleo ata mediados do século XIX, e foi unha das cores que Vincent Van Gogh prefería para pintar. A alta toxicidade do amarelo de cromo, así como á súa pouca estabilidade ante a luz, fixo que cada vez se empregase menos. Na actualidade está prohibido.


Corona Imperial de Fritillaries nun Vaso. Vincent Van Gogh. 1887

O amarelo de cadmio foi creado en 1840 e empregouse como como sustituto do amarelo de cromo. Está documentado na paleta de Claude Monet e Paul Signac. A súa variedade tonal é ampla: desde o amarelo verdoso ata coloracións laranxadas. A súa denominación indica o valor tonal: amarelo de cadmio claro, de cadmio limón, de cadmio medio ou de cadmio escuro. Empréganse pigmentos de cadmio para obter  laranxas  e vermello.



Impresión, Sol naciente. Monet. 1872

O amarelo indio, parece que elaborábase dos ouriños das vacas indias. Hoxe hai alternativas sintéticas dun color idéntico ao seu homólogo natural (amarelo dourado e moi transparente).


O amarelo indio na  "Leiteira" de Vermeer. 1658


O SEPIA

A tinta natural da sepia, obténse do molusco (debido ao seu mal cheiro parece provenir da palabra grega sèpein, que significa apodrecido), e se obtiña deixando secar as bolsas de tinta ou  exprimindo a tinta do molusco vivo e deixándola secar. Para a súa elaboración posterior en tintas ou pinturas, o material seco se molía ata obter un po que se disolvía en auga con, por exemplo, amoniaco. Para mellorar o seu adherencia, á disolución, engadíaselle un aglutinante, como poden ser a goma arábiga ou a goma laca. Unha desventaxa desta sepia era a súa cor negra. No entanto, a principios do século XIX, descubriuse unha forma de extraer a sustancia que lle proporcionaba a cor á tinta, con axuda de hidróxido de potasio e acedo clorhídrico. O resultado foi unha cor sen impurezas e, xa que logo, cun maior poder colorante. O problema era que a cor palidecía rápidamente baixo o efecto da luz. Si aplícase en capas grosas, a Sepia orixinal ten unha cor case negra, pero aplicada como tinta líquida ou acuarela diluída, obsérvase o seu belo matiz pardo avermellado.
 Algúns pensaben que Rembrandt traballaba con sepia, pero o que emprega realmente era  o bistro, que non é o mesmo que sepia, senón que é unha sustancia de cor marrón, obtida do hollín que se produce ao queimar cascas de noces ou madeira de haya, e que as veces mixturaba con tinta de agalla, á que, ás veces, engadía algún pigmento como a sombra tostada.
 A razón pola que as bolsas de tinta xa non se usan nas pinturas artísticas é que a Sepia natural palidece baixo o efecto da luz.



Búho voando contra un ceo iluminado pola lua, obra en sepia e lápiz de Friedrich. 1836–37















lunes, 28 de septiembre de 2015

OS PIGMENTOS: Como consíguense os distintos pigmentos a partir dos materiais empregados (Parte I)

 Aristóteles situaba a orixe das cores na mezcla da luz solar cos caro elementos: lume, terra, auga e aire. Máis será Newton quen, ao pasar un feixe de luz por un prima de cristal, constatou que este descompoñíase en cores puros, o mesmos que aparecían no arco da vella, e instaurou un modelo: O CÍRCULO CROMÁTICO.


 Os pigmentos poden clasificarse en tres grupos: TERRAS, PIGMENTOS INORGÁNICOS E ORGÁNICOS.
As terras empregadas son as daquelas rexións nas que o producto presenta un alto grao de pureza. Os pigmentos de terras: ocres, sombras terra verde e sienas, son óxidos de ferro. Estes pigmentos teñen un secado máis rápido, e aplicados en capas moi finas cando traballamos co óleo pode secar nun día.
Os inorgánicos, extráense de fontes minerais. Os xacementos destes minerais son cada vez máis escasos e a excepción do lapislázuli e o cinabrio (bermellón) case desapareceron polo que na actualidade fabrícanse de xeito sintético. Entres estes pigmentos atópanse: os cadmios, o azul cobalto, verde esmeralda, azul celeste, bermellón e azul ultramar.
Os pigmentos minerais facíanse a partir  de pedras preciosas; por exemplo, co lapislázuli producíase o ultramar. Realizar un retrato no que se utilizaba este azul  considerábase un gran luxo. Si un cliente desexaba azul, debía pagar extra. O prezo moi elevado do lapislázuli obrigou a buscar outros pigmentos: minerais (azurita) e biolóxicos (indigo).
 Os orgánicos, eran tintes extraídos de fontes vexetais ou animais como os conseguidos por cocción de sementes ou calcinación e os obtidos por vía sintética como anilinas, tamén de composto orgánico.  Estes pigmentos convertíronse en LACAS,  ao ser precipitados nun vehículo como a alúmina (polvo branco que ao ser molido e aglutinado co aceite tórnase incoloro e transparente). Os primeiros tintes sintéticos  tentaron igualar aos productos naturais. Os orgánicos adoitan ser menos estables que os inorgánicos. 

 Durante o século XIX se sintetizaron materias colorantes que se usaban como pigmentos, o azul cobalto, o amarelo zinc e o óxido de cromo entre outros. O número de pigmentos foi crecendo ata a actualidade en que existe unha gran variedade e todos de excelente calidade.  Os descubrimentos de novas cores crearon industrias e produciron cambios na moda e os gustos. O descubrimento en 1856 do malva de Perkins, (primeiro tinte de anilina), sentou as bases para o desenvolvemento de moitos tintes e pigmentos sintéticos.


 O pigmento xunto co aglutinante forma as distintas técnicas pictóricas: óleo, acuarela, pastel ou acrílico, entre outas. O aglutinante é o que permite alcanzar a fluidez no pigmento e conseguir a adhesión da pintura na superficie, e pode ser acuoso ou graso.

CORES CÁLIDAS

O MAGENTA
Elaborado sintéticamente, a Triaminotrifenylcarboniumchlorideé como chamouse incialmente, é unha cor rosa-vermella, fabricada en 1856. Posteriormente, obtivo a denominación oficial de Magenta.




O VERMELLO
Parece que foi un dos primeiros en ser empregado –xunto co negro, o amarelo e o branco- pois aparece nas pinturas rupestres.



Flor. Georgia O´Keeffe


Emprego do vermello-carmín. San Marcos liberando ao escravo. Tintoretto. 1548-1566

O BERMELLÓN
Prepárase a partir do cinabrio (mineral) foi un dos favoritos dos romanos. Outros tintes vermellos, se extraen de insectos e plantas, como o que se extrae da cochinilla das encinas, o KERMES VERMILLO. Desde a Idade media, este tinte misturábase con aceite ou ovo pois daba como resultado un vermello intenso de efecto traslúcido.



Emprego do bermellón. Asunción da Virxe.Tiziano.1518

 Rembrandt fabricaba  a súa propia pintura, como case todos @s artistas do seu século (XVII ou Século Dourado).  Empregaba dez pigmentos, entre eles o bermellón: blanco de plomo, negro hueso, pardo Cassel, sombra, ocre amarillo, amarillo plomo-estaño, bermellón, laca granza, esmalto e azur celeste. As pinturas elaboradas gardábaas en vexigas de porco. No Renacemento e no Barroco,  outros moitos artistas como Tiziano ou Moroni, empregan o bermellón e os distintos vermellos nas ropaxes.


Dama en vermello. Moroni.1556


O sastre. Moroni. 1570

 O PÚRPURA
 A púrpura de Tiro é un pigmento producido a partir da mucosa dunha das moitas especies de carafio do xénero Murex. O pigmento era custoso e difícil de producir. O historiador grego Teo pompo, Do século IV a.C. dixo que o púrpura para tintes valía o seu peso en prata.




Muller peiteándose. Signac. 1892

 Denominouse «década malva» ao período que, na cultura occidental, vai desde década de 1850 ata principios dos anos 1860, debido á gran demanda que experimentaron nese tempo os textis de cores purpúreos, e no que houbo un declive dos tintes naturais. Como mostra, a obra de Arthur Hughes, “Amor de abril” do ano 1854.


Amor de abril. Arthur Hughes. 1854

 CARMÍN DE ALIZARINA
 O carmín de alizarina prepárase precipitando alizarina sintética (pigmento orgánico derivado do  antraceno) nunha base neutra de trihidrato de aluminio, acadando  unha laca semioscura, transparente, con boa permanencia. Con outras bases lógranse matices de vermellos. Coma exemplo, este retrato de nena, onde o Carmín aparece na zona das meixelas e a boca.


 CARMÍN DE GARANZA
 O Carmín de garanza, orixinalmente  extraíase da raigame da “Rubia Tinctorum”, cosechada no primeiro ano de vida da planta e pulverizada. Foi creado artificialmente por primeira vez por J.F.L. Merimée no 1830. É unha cor dun vermello escuro, intenso, purpúreo, que nos remite ás grandes obras da pintura barroca.



Parece ser que nas "Meninas", Velázque empregou unha paleta de cores na que inclúesen o carmín de garanza asemade de  bermellón de cinabrio e branco de chumbo, entre outros.









miércoles, 19 de agosto de 2015

LUIS SEOANE: TRADICIÓN E MODERNIDADE (Parte V)


Diálogo e alborozo. 1970. Óleo sobre lenzo

ANOS SETENTA (A SÍNTESE)
CARACTERÍSTICAS:
-Sen abandonar a figura, está perto da abstracción, que xa comezara nos anos sesenta.
-Grandes planos de cores intensas e sen matices.


Centolo. 1970


Mulleres na praia. 1972


O chaleco ocre. 1973. Óleo.


Corpiño verde sobre fondo amarelo. 1973. Óleo.

 A representación dá muller será unha constante ao longo dá traxectoria artística de Seoane. A figura feminina aparece unha e outra vez na súa obra, quizá como un referente simbólico, coma se ou artista quixese ver nelas ou prototipo do pobo galego. Trata de mulleres robustas, maxestuosas e serenas, que pola emigración dúas homes fixéronse cargo dous seus traballos, logrando sacar adiante unha Galicia empobrecida.
Para ou artista, estas mulleres son a encarnación dá Nai Terra: "Tratar para min, sempre, dunha especie de Nai galega, outra constante que nos vén desde a prehistoria, a deusa que incorporou Roma ás súas crenzas, a dúas cruceiros, as que pintaban Souto e Colmeiro".


A silla amarela. 1972


A feirante. 1975

 Estas formas rotundas e potentes, non exentas de certo hieratismo, lembran ás imaxes do Románico. Os grandes planos de cores intensas e sen matices, conforman a figura, e mergullan non espazo ata chegar a fundila co fondo. A figura, sólida e geométrica, está conformada a base de amplos planos de cor que se alternan con liñas negras estructurais que suxiren as formas e enmarcan vos volumes. Ou resultado son figuras moi sintéticas, sometidas a un grafismo que simplemente sinala algúns dous trazos máis significativos do seu físico, como ou rostro, as mans, ou ou peito. A figura está pois liberada de ataduras, grazas a esta visión personalizada dá linguaxe cubista, onde a simplificación dás formas, permite ao artista crear figuras esenciais, cargadas dunha cor pura e intensa, que ademais de crear efectos lumínicos, estrutura a bidimensionalidade da composición. 


Conversa na praia. 1976

 Na obra dous seus últimos anos vase a producir unha volta á calma, á sencillez, ao lirismo dás formas. Liñas de ritmo suave, e musicalidad nas formas, do mesmo xeito que ocorre noutras obras do mesmo ano, como Muller sentada ou Ou e ela, ou como aparecen tamén nas mariñas e nas paisaxes.


El e ela. 1976


Muller sentada. 1976


Mar de Orzán. 1973


Mariña. 1974


Mar picado e lúa. 1975


Mar e rochas. 1976


Paisaxe. 1979


Paisaxe. (finais dos anos 70)

 Os trazos negros de diferente grosor, serven para delimitar e deseñar as siluetas dás figuras, por medio de doces curvaturas. Ou tratamento dá figuración é moito máis leve e sosegado que en obras anteriores, aínda que as súas figuras continúan sendo de gran volúmen e maxestuosidade. A composición é clara e sinxela, e a cor aplicar en campos puros e limpos, a base de gamas de violetas e azuis, que se destacan sobre un fondo verde azulado, que contrasta co intenso marrón dá area. Aínda que a gama cromática non é tan ampla como noutras ocasións, a paleta utilizada é suficiente para crear unha contraposición harmónica e equilibrada, sen istrionismos. A linea e a cor están totalmente desvinculados, e son completamente autónomos, creando novos valores constructivos e expresivos por si mesmos: "acentuar as formas é para resaltar ou seu carácter expresivo, e para que adquiran importancia por si mesmas, independentemente de cada valor e dá cor". Seoane, segue rexeitando a tridimensionalidad, e aínda que non fondo simula un horizonte ou resultado segue sendo de planitud. A muller é, como en obras anteriores, a gran protagonista. Neste caso, coloca a tres mulleres sentandas e en animada conversación. Ou tema xa non é tan importante, a escena non ten ese contido narrativo de antes. Agora as figuras simplemente expresan unha función estética.


Gran Dama impasible.1976


Gaiteiro con lúa.1978


Muller. 1979

 Para rematar falar da obra gráfica de Seoane e das súas ilustracións en referencia ao  MUNDO CELTA, pois Seoane foi un dos pioneros na creación dunha estética céltica, tan de moda hoxe en día, pola utilización nas súas obras destes símbolos: espirales, círculos, liñas entrelazadas, serpes, guerreiros celtas. Na súa obra gráfica déixase sentir esta vertente, así como a visión lenxendaria de Galicia.
Tamén salientar a súa importancia como publicista e deseñador de cartaces, nos que vese tamén o seu  estilo sintético de cores planas e liñas puras e firmes.


Polbo. Gravado


 Libros consultados, dos que saquei abondante información:

 Do idilio á diáspora. Carlos López Bernárdez. Nigratea.2011
 Luis Seoane. Xunta de Galicia. Catálogo.1999-2000
 Artistas galegos. Nova Galicia Edicións. Tomo XI

 SEOANE na rede:

http://www.terraetempo.com/media/documentos/TeT_155_158_Cultura_Carlos_L_Bernardez.pdfhttp://museobelasartescoruna.xunta.es/index.php?id=539