BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 2 de abril de 2015

VISITAS A CENTROS DE ARTE: FRANCISCO MANTECÓN no Museo MARCO, DALÍ e MARÍA GALÁN, na Fundación Laxeiro (Parte II)


 Segundo día: visita de novo ao Marco e a mostra de Dalí.

 PEZAS DE MANTECÓN QUE VIMOS NO MUSEO MARCO

Mantecón desde os inicios tenta expresar o máximo co mínimo, eliminando cadro a cadro os motivos e recursos a partir dunha mirada na que a depuración vai paso a paso, en pezas dunha limpeza formal impecable, dunha sutileza que combina a xeometria e a expresividade na súa exploración infatigable da retícula que atópase no lenzo, pois Mantecón foi, por encima de todo, unha figura disidente das correntes de renovación que sacudiron as prácticas pictóricas nas décadas finais del pasado século, cunha proposta persoal e insobornable, que permaneceu ata a súa morte no ano 2001.


S/T.1970. Tinta sobre papel


S/T. 1980. Lapis sobre papel


S/T. 1986. Mixta sobre lenzo


S/T. 1981. Grafito sobre tea


S/T. 1981. Collage sobre papel


S/T. 1970. Mixta sobre tea


S/T. 1988. Mixta sobre lenzo


S/T. 1990. Pastel sobre papel


O alumnado escoitando as explicacións


S/T. 1986. Acrílico sobre tea


Ante as pezas


Escoitando o vídeo


Foto do grupo no Marco

 Para rematar as nosas visitas guiadas fumos á Fundación Laxeiro, onde Anxos tivo a amabilidade de amosarnos a mostra comisariada polo director da Fundación, Javier Buján, “En Tránsito” de María Galán e de facer as fotos do grupo que temos aquí, mentres explico as pezas.





 EN TRÁNSITO, de María Galán, recolle en técnica mixta e pequeno formato, paisaxes captados en movemento, durante as viaxes que a artista foi realizando ao longo dos últimos anos, concibido como un traballo en proceso, que irá completando en viaxes futuras. Son paisaxes sen figuras, sen personaxes nin anédotas, valeiros e infindos, acotados polo formato de ventana e cortados pola liña do horizonte, divididos esta liña que organiza a imaxe en dos áreas cromáticas diferentes, o ceo e a terra. Estas paisaxes en certo modo desoladas, onde a soidade parace ser o punto de inflexión fundamental, convértense nunha metáfora dun xeito de estar no mundo, na busca contínua dunha forma de pintar, onde o proceso de aprendizaxe e a viaxe interior conforman o proceso de evolución persoal da artista.

FOTOS das obras






miércoles, 1 de abril de 2015

VISITAS A CENTROS DE ARTE: FRANCISCO MANTECÓN no Museo MARCO, DALÍ e MARÍA GALÁN, na Fundación Laxeiro (Parte I)

 Durante dous días visitamos con dous grupos distintos diversas exposicións na nosa cidade: a de Mantecón no MARCO, a de gravados de Dalí, a Pinacoteca e a FUNDACIÓN LAXEIRO.
 No MARCO, amósase a mostra sobre Francisco Mantecón, quen nos anos  70 escomenza participando nas mostras da praza da Princesa en Vigo e realiza as súas primeiras exposicións individuais, cunhas obras que naquel momento definíanse dentro da figuración sobria e persoal. 


  “ANDO A SACAR ELEMENTOS DO CADRO E ESTOU QUEDANDO SEN CADRO” (FRANCISCO MANTECÓN)


Xosé explicando unha das pezas


S/T. 1981. Mixta sobre tea

 Mantecón, entre 1972 e 1976 estuda Belas Artes, en Barcelona, pensionado pola Diputación de Pontevedra. Alí entra en contacto con diferentes movementos da arte de vanguardia doutras latitudes e evoluciona cara a unha abstracción expresionista que, a finais desa década, transforma en abstracción geométrica de formas esquemáticas e monocromáticas, nunha estética que nunca abandonará,cunha especial predilección polo soporte en papel. Dende mediados dos anos setenta comeza a practicar o deseño gráfico que acentúa as estruturas analíticas, planas, con modulaciones de luces sutís, fondos negros e liñas paralelas, acenos de identidade da súa pintura cuxa preeminencia na plástica que leva tamén a otros campos como o gravado ou a fotografía.
 Participa nos anos oitenta en Atlántica, expoñendo co grupo ata o ano 1983, asi como en outras exposicióss colectivas de arte gallega como “Imaxes dos 80 desde Galicia” (1984), “Tempos de Pintura” (1985), a mostra de artistas gallegos da Consellería de Cultura en ARCO 83 y 84 ou na I Mostra Unión Fenosa de 1989. Ao mesmo tempo, casi anualmente, segue expoñendo en solitario en galerías como Lepina e Novecento de Vigo, Joaquin Mir de Palma de Mallorca ou Trinta de Santiago entre outras. 


S/T. 1978. Mixta sobre tea


S/T. 1990. Acrílico sobre tea

 No Marco, na planta principal, atopamos un centenar de obras procedentes de coleccións institucionais e particulares, pois en palabras dos seus comisarios: «Deixamos de lado moitos anos da súa carreira pictórica e incluso o ámbito do deseño, no que tanto destacou, para centrarnos no seu traballo dos anos oitenta e noventa».


S/T. 1992. Pastel sobre papel


S/T. Lápis sobre tea

 Primeiro día: No Marco e na mostra de gravados de Dalí.

 No Marco participamos nunha actividade do museo facéndonos fotos, cun pequeno marco valeiro ante algunhas das pezas de Mantecón, que sairán na páxina do Facebook do Museo.





Ante unha das pezas


Foto do grupo no Marco

 Na mostra SALVADOR DALÍ contador de historias, puidemos ver: Les songes drolatique de Pantagruel do ano 1973, Le bestiarie de La Fontaine dalinisé (1974) e as estampas de “O enxeñoso Fidalgo don Quixote da Mancha” (1957-58), nestas Dalí coñecía diferentes fontes ilustradas sobre O Quixote, pois as súas formulacións na composición supoñen unha interpretación persoal de figuras, aínda que a fonte gráfica non é tan directa como na serie sobre Pantagruel, na que retoma os debuxos realizados por François Desprez.



 Ante a Pinacoteca de Vigo Francisco Fernández del Riego, atopámonos con Xavier Magalhaes que estaba a traballar no seu mural.





domingo, 22 de marzo de 2015

ARTE E SOLIDARIDADE no Museo do Pobo Galego



 O pasado mércores 18 de marzo, inaugurouse en Santiago, no Museo do Pobo Galego en Santo Domingo de Bonaval a mostra ARTE E SOLIDARIDADE, que remata o 26 de abril, co galo do 25 aniversario do Proxecto Home Galicia, con máis de cen artistas, con pezas de escultura, pintura e fotografía, entre @s que atopábanse moitos amigos e amigas: Nilo Arias, Maribel Longueira, Tino Canicoba, Enrique Velasco, Antón Pulido, Galia Blanco, Fernando Lafuente, Paula Cabaleiro, Genma López, Yano Yoro, Mercedes Vicente, Basilisa Fiestras, Tita Fraga, Detler Kappeler, Amelia Palacios, Xulio Gil, Carmen Hermo, Antón Sobral e as miñas alumnas de Aula Aberta, Alicia Romarc e Eva Romero.



 Durante a presentación da mostra, o comisario Antón Sobral e Mercedes Rozas coas autoridades


 O cuarteto do Conservatorio de Santiago, tocando na inauguración da mostra, ante a peza de Tino Canicoba, “O can máis listo do mundo”


 Maribel Longueira, ante a súa fotografía


Tino Canicoba e a súa  peza "O can máis listo do mundo”


 Eu, ante a peza de Antón Pulido


 Ánxela e Marisa ante a peza de Tino Canicoba


A miña Peza  S/T da serie “Suar tinta chinesa”

No PhotoPeach, varias das pezas presentes na mostra.







ARTE E SOLIDARIDADE on PhotoPeach

domingo, 8 de marzo de 2015

PINTUREIROS DOCE. MOSTRA


 A mostra “PINTUREIROS”, que atópase na actualidade na sala BBVA de Vigo, parte dunha experiencia común, a pertenza á Escola de Artes e Oficios dest@s artistas que coinciden durante varios anos na aula de Pintura, onde desenvolveron a súa formación e onde aparecen motivados pola súa inquedanza de expresar as súas emocións.

 Foi para min un pracer experimentar con elas e eles as técnicas que descoñecían, en presentarlles retos que ás veces parecíanlles insalvables, pero que logo foron quen, de resolver dun xeito moi salientable. Na aula discutíase con paixón de arte, política, relixión, en fin, da vida mesma, pois o seu compromiso coa Pìntura parte tamén, da necesidade de cambiar o mundo a partir da súa mirada. 

 PRESENTANDO Á MOSTRA



 Miradas contemplativas en uns e unhas, máis salvaxes noutr@s, cunha expresión da súa individualidade que é  o que fai que as súas propostas artísticas sexan tan diferentes. Por unha banda aparecen obras en técnica mixta sobre papel ou lenzo, algunhas con clara referencia figurativa e outras claramente abstractas, ademáis de pezas figurativas que desenvolvense a partir dunha mirada moi persoal sobre o que nos arrodea: páxaros, flores e paisaxes moi distintos en cada un deles e delas, que conforman a súa individualidade a pesar de ter unha formación común.


LOLI CARBALLO


LUZ CORTÉS


SUSO CARRERA


MARÍA LUISA COBIÁN


HILARIO GÓMEZ


JOSÉ ALONSO

 Moitas son as razón polas que entraron a formar parte do meu alumnado e moitos os distintos traballos e actividades as que adicáronse ao entrar na escola, na que se lle deron as ferramentas tanto na praxis como na teoría para que a partir das técnicas explicadas na aula, foran quen de entregarse á técnica coa que se sintan máis comod@s, ao rematar o seu paso pola escola e seguir o seu camiño en solitario, pero hai dúas que si teñen en común: a paixón, o amor, a entrega e o pracer de pintar, expresando os seus sentimentos e a súa particular visión do mundo.

PANORÁMICAS DA SALA DO BBVA



 Grazas a Juan Manuel Avendaño, que axudoume coas fotografías, aquí ante unha peza da mostra, de Loli Carballo.


Artigo de Fernando Franco no Faro de Vigo do sábado 7 de marzo.