BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


miércoles, 20 de julio de 2016

PREPARANDO A MOSTRA DE FIN DE CURSO (Parte I)



 O obradoiro de Pintura realizou para a mostra de fin de curso "Castrelos 800 anos de arte románica: unha visión contemporánea", a peza “RETABLO”, na que todo o alumnado participou  na elaboración dos debuxos preliminares que inclúense nun libro de artista, mais serán os dous últimos cursos que nes fagan o retablo e pinten  as figuras. Tamén indicar que se realizaron moitos bocetos de distintos estilo, mais escolleronse os que reflectían mellor o estilo do románico.

Traballamos con materiais “poveras” como soporte, con caixas de cartón que posteriormente ensamblamos seguindo os bocetos realizados polo alumnado, e que finalmente variamos debido as necesidades que o propio material  nos demandaba.
 Ao estar as caixas en mal estado, o selamos con cinta de pintor de papel, igualando os tons, pintando logo algunhas partes en negro.

 Os cartóns aínda sen cortar, nin pintar.


Recortando e pintando en negro a base do retablo.


María e Rosa


Alicia medindo para colocar o selado


Jorge, Fernando e Antonio pintando as caixas


Malena pintando as caixas



Con Antonio pintando en negro


Jorge e Fernando coas caixas case rematadas


Xulia e Antonio, rematando outras

Recortando o lenzo para pintar logo nel as imaxes escollidas.


Con Xosé María e Pepe, cortando os lenzos


Rolando, Juan, Jorge e Antonio, cortando as teas


Maria, Marisa e Ánxeles debuxando


Marga e Sofía debuxando os cabalos


Lorena e Claudio, cos debuxos

Os materiais que empregamos son: cartón, acrílico e lenzo. Na última foto vemos a parte do alumnado comezando cos debuxos preliminares.




domingo, 5 de junio de 2016

Obradoiro de GYOTAKU con MARIBEL LONGUEIRA


De esquerda a direita: Rosa, María, Ángeles, Malena, María, eu e Marisa.

 O sábado 4 de xuño un grupo de alumnas de pintura asistiu a un obradoiro de GIOTAKU, técnica xaponesa de estampación e impresión de peixes, no albergue turístico Portaventosa, que pretende ser un alicerce cultural e social dentro da zona da Costa da Morte, concretamente en Lira.  O obradoiro, impartido pola artista plástica Maribel Longueira, reuniu a divers@s artistas que acadaron resultados ao meu parecer moi bos, polo que unha obra de cada participante será exposta proximamente, na Confraría do Pindo, tamén no concello de Carnota.





O gyotaku (gyo "peixe" e taku "frotar") é un método tradicional orixinario de Xapón que data de mediados do século XIX. Esta forma de impresión natural foi usada por pescadores que querían ter un rexistro das súas mellores capturas, pero tamén se converteu nunha forma de arte, que na actualidade aínda ten vixencia no país do sol nacente.


 Tintas ou outros pigmentos naturais como a tinta do calamar, aplícanse directamente en follas ou outros obxectos relativamente planos  como teas co fin de obter unha imaxe con formas e texturas variadas. Ambos lados do peixe recúbrense con tinta e colócase dentro dunha folla dobrada ou entre dúas follas de papel, cando se frota coa man queda plasmada a imaxe. A pegada orixinal case sempre feita con tinta negra pode recibir algúns retoques de cor por parte do artista. Outro modo é realizar unha serie de impresións aplicando unha cor por vez, o que dá unha aparencia máis realista.












 O método utilízase actualmente en varios lugares para gravar imaxes dunha gran variedade de temas. Por exemplo, impresións de peces occidentais utilizando o método directo, aplicando tintas de cores para imitar mellor as cores naturais. A diferenza doutros métodos de impresión máis industrializados nos que se crean imaxes idénticas, o método directo do GYOTAKU produce imaxes únicas denominadas monotipos.




Con Maribel e María ao rematar o obradoiro.



domingo, 29 de mayo de 2016

MULLERES SURREALISTAS: TOYEN


Fotografía da artista de 1939

  María Germinova (1902-1980) coñecida como Toyen, estuda na Escola de Artes Aplicadas de Praga desde o ano 1919 ata o 1920. Pouco sábese da súa nenez e adolescencia, pois evitaba falar deses periodos da súa vida. No ano 1922 coñece ao pintor Jindrich Styrsky, con que tivo unha longa colaboración artística e persoal, sobre todo porque durante os vinte anos que traballaron en colaboración fixeron obras nas que é difícil facer unha atribución real, aínda que nunca realizaron un cadro en común. As súas obras complementanse, tanto no plano formal como no expresivo. En Praga e relacionase con grupos anarquisas e comunistas, desde o ano 1920, e forma parte do grupo de vangarda DEVETSIL, grupo co que expón en 1923, e no que converxen tendencias do cubismo, expresionismo e a abstracción. Nese ano 1923, cambia o seu nome real polo de Toyen. Parece ser que este cambio ten a súa orixe na intención da artista de reivindicar a súa paridade cos homes tanto no plano artístico como no persoal, de ahí que abrevie a palabra “CITOYEN”, que significa cidadán en francés. Esta elección dun pseudónimo de xénero ambigüo era bastante común entre as mulleres artistas que, como no caso de Claude Cahun -Lucy Schwob-, exploraban a súa propia identidade. No caso de Toyén esta elección acompañábase co costume de referirse a sí mesma empregando o xénero masculino así como o emprego de ropa de home.


A mesa da cociña. 1929


Bodegón con servilleta. 1929

 O seus coñecementos e a súa tendencia anarquista leváronna a traducir ao checo a escritores como: Rimbaud, Lautréamont e Guillaume Apolinaire. Neses anos a pintura de Toyen estaba perto da abstracción con temas que estiveron sempre presente nasúa estética: a anguria e o sixilo.
 En 1925 Stirsky e Toyen trasladáronse a París, onde desenvolveron o "Artifiacialismo" e participaron en diversas exposicións colectivas e individuais. Durante eses anos, Toyen ilustrou varios libros e revistas, con debuxos que teñen unha forte carga erótica, como os realizados para unha edición de “Justine”, do Marqués de Sade, do Heptameron, ou as súas colaboracións na Eroticka Revue.


A rapaza e o violín. 1931


Composición. 1931


Composición. 1931 

 Retorna a  Praga tres anos máis tarde, momento clave na súa estética pois da un xiro ata o surrealismo. En 1934 foi fundadora xunto con outras artistas do núcleo surrealista de Praga, e apoiada por Bretón, de quen convírtese en gran amiga, participa nas mostras máis internacionais do grupo en: Tenerife (1935), Londres (1936), Tokio (1937), París (1938) e Amsterdam (1938), con pezas sinxelas, cheas de melancólica poesía, pero que conseguen unir a “alusión figurativa e a potencia suxeridora do pictórico puro”, en palabras de Gladys Villegas Morales.
  

A mensaxe do bosque. Óleo. 1936


Horror. 1937

 As súas obras teñen como tema o corpo humano e en especial a relacións entre o corpo e a natureza. A guerra reflíctese na soidade das súas figuras, nas valeiras construccións con paxaros mortos, nas ruinas arquitectónicas, nos troncos das árbores espidas en espazos desolados e na fragmentación do corpo. Desde o ano 1939 e durante os catro anos que durou a invasión nazi en Checoslovaquia, ocultouse no baño da súa casa. Ao traballar según o réxime nazi nunha "arte dexenerada", se viu obrigada a crear na clandestinidade, sen posibilidade de presentar as súas obras en público. O fin da guerra non significou para Toyén e os seus amigos mais que unha liberdade temporal, xa que os comunistas en Checoslovaquia preparábanse a tomar o poder, polo que no ano 1947 exiliouse a París, coa autorización de expatriar a obra de Stirsky e a súa propia e acompañada polo poeta checo Jindrich Heisler, a quen agochou durante a ocupación nazi, morto Stirsky no ano 1942. En París voltou a unirse ao grupo surrealista, expoñendo con eles en París e Praga no ano 1947. Nunca voltou ao seu país.


Entre as longas sombras. Óleo. 1943


A guerra. 1945


Na noite soan berros. 1955

 Desde entón expuso con regularidade na capital francesa ata que no ano 1982, o Centre Georges Pompidou organizoulle unha retrospectiva da súa obra moi importante, con posterioridade no ano 2005, realizouse unha película sobre a súa vida “Toyen”, dirixida e escrita por Jan Nemec.

 Trala morte de Breton, en 1966, Toyen instalouse, invitada por Elisa Breton, no estudo da rue Fontaine. De carácter introvertido, a artista sentiuse afectada pola disolución do grupo surrealista e só mantivo o contacto cuns escasos amigos.


Paravent. 1966

 Morreu en París, en 1980, sendo enterrada no cemiterio de Batignolles, onde tamén se atopan as tumbas de Heisler, Benjamin Péret e André Breton.

Na rede mais información sobre a  artista:
 No PHOTOPEACH, mais obras da artista.

TOYEN on PhotoPeach

ROSA ÚBEDA e ANTONIO MURADO



Alédame o día. 2006 de Rosa Úbeda

 O alumnado de Pintura estivo na mostra que Rosa Úbeda presenta na Fundación Laxeiro de Vigo, unha exposición individual titulada Anomia, un proxecto no que a través dunha selección de obras de diferentes épocas, a artista propón un percorrido pola sintaxe da súa linguaxe pictórica, caracterizada pola mestura de códigos sen máis regras que a súa persoal forma de comunicar. A exposición articúlase a partir dunha selección de obras de diferentes etapas, nun proxecto comisariado por Javier Pérez Buján, centrado na obra pictórica de gran formato, na que as regras están ausentes, e nos ofrecen unha serie de relatos que falan da identidade, o desexo ou o medo e a dificultade de comunicación.  A artista mestura linguaxes e técnicas, a partir de textos fragmentados, debuxos sobre papel conformando collages e masas de cor que ofrecen un relato moi persoal.




 Tamén visitamos a mostra dun dos meus artistas favoritos o lugués Antonio Murado, que presenta na sala de ABanca, unha mostra titulada Intimidade abstraída, cunha serie dun centenar de obras de idéntico formato  que revisita aqueles temas que forman parte da súa proposta estética: a historia, a memoria, a paisaxe e a pintura.
 Na mostra, Murado inclúe varios lenzos adicados á paisaxe nos que aparece a dicotomía abstracción-figuración, nunha natureza non imitada senon tamizada pola súa propia mirada que crea unha realidade nova. Emprega asimesmo  como técnica unha simbiose entre pintura e fotografía, pois nas pezas emprega ilustracións, inscripcións e fotografías que manipula, e que nos falan das complexas vinculacións entre representación e percepción que tanto preocupan ao artista.


Galitzia. AM 34 x 24. Vol.1. T. mixta. 2005. Antonio Murado




Tammháuser. AM 34 x 24. Vol.1. T. mixta. 2005. Antonio Murado