BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 23 de junio de 2015

LUIS SEOANE: TRADICIÓN E MODERNIDADE (Parte I)


O sol. 1967. Óleo sobre lenzo

A gran orixinalidade de Seoane (1910-1979) foi a raíz galega da súa pintura, entroncada coa universalidade da arte, ese equilibrio entre o intelectual e o popular, tan presente nas súas creacións.
 Porén, para falar da obra de Seoane, temos que falar da importancia da realidade histórica na que se sitúa o seu proceso artístico, marcado por estar situado nun contexto que posúe un anaco de tradición cultural europea occidental e tamén baseado na propia identidade galega, co interese na reconstrucción da identidade colectiva, dentro da idea de nación, pero que ten asimismo o interese dunha intensa revolución formal.
 As IRMANDADES DA FALA, axudará a desenvolver este pensamento de identidade cultural, pois foi un movemento que potenciou exposicións, conferencias ouactuacións teatrais, entre outras moitas actividades. Seoane participa dese pensamento e os creadores non vivían nunha torre de marfil senon que se sentían “formando parte do proceso evolutivo de Europa, pero sentindo que en Galicia, no seu agochado xenio nacional estaban as nosas raigames máis fondas”, polo que nos atopamos cunha Galicia de principios de século XX como un espazo aberto e permeable ao influxo estético, non desde o mimetismo senon activando a súa plástica tomando como referencia á tradición galega. Aínda así a arte galega destes anos posúe:
-Eclecticismo e moderación
-Ruptura como simple experiencia
-Introducción mínima de elementos de corrección
-Para Seoane serán fundamentais: Maside, Souto e Colmeiro, que irrumpirán con formas e cores novas, pois será a partir do ano 1930, cando comeza a verdadeira ruptura.


Mater Gallaeciae. 1961

De feito, algún críticos inclúen a Seoane, dentro da xeración de OS NOVOS, ou OS RENOVADORES, aínda que sexa o máis novo deste grupo de artistas galegos nacidos a principios do século XX, que transformaron  coa súa irrumpción a arte galega. O propio artista os defino como unha xeración de artistas que: “Empregan unha temática e unha linguaxe galegas que os leva a cultivar unas formas con raigames na escultura popular do románico e do noso barroco. Formas plásticas que tomán para sí a esencia creativa do pobo”.
 A nova pintura galega de principios do XX, como sinala Seoane en “Un arte da terra” pretende propor a quen mira: climas, intencións, rupturas, novas evaliacións e insuflarlles esperanzas, unha arte galega que diríxese ao espectador, axudándolle a definir o seu espírito, que redefine como unha arte de filiación romántica vinculada a un expresionismo nórdico (sobre todo a arte alemana), que tenta comprender o misterio do home e da natureza.
 O traballo de Seoane, terá un importante papel na posquerra e na evolución da arte galega, pois mantén un intenso activismo político ligado a nova identidade do país, que reflíctese nun texto da revista ALENTO: “Un arte da terra”.
 Pintor, grabador, muralista, ceramista e poeta. Naceu en Bós Aires, o 1 de juxo de 1910. As 6 anos de idade, voltou a súa terra, Arzúa. Vive na Coruña para posteriormente morar en Santiago de Compostela, onde estuda bacharelato e licenciouse en Dereito en 1934. Paralelamente a súa formación universitaria, participou intensamente na vida cultural da época, convirtíndose xunto con outros artistas, no motor de renovación plástica, pois iniciou nestes anos os seus estudios en grabado e pintura realizando a súa primeira exposición en 1929. Na súa mocidade entra en contacto coa Galicia rural, que aparece logo na súa obra dun xeito persistente.

 ESTILO INICIAL
 En Santiago implícase (mentres estuda dereito) cos movementos intelectuais e na Federación Universitaria de Estudantes, onde destaca na defensa da cultura galega e da democracia, mentres comeza a súa actividade artística, ilustrando algúns programas de cine que rulaban polos cafés e participando nas terutlias do Derby con distintos intelectuais e artistas: Valle Inclán, Maside, Dieste ou Fole. A súa primeira exposición será no ano 1929, na sala de Amigos da Arte e ao ano seguinte no Café Español, con obras como  dibuxante e ilustrador.


 Natureza viva. Tinta chinesa e acuarela sobre papel. 1932 


Mozo e cabalos. 1933

 Posúe influencia do expresionismo alemán (Grosz, Otto Dix), os estudios de El Lissitzky, a metodología da Bauhaus e o traballo de Pablo Picasso. Entre as súas primeiras obras destacan os seus desnudos femininos e os retratos de campesinos na paisaxe  dunha Galicia utópica. Se conserva en gravados, debuxos e augafuertes dos anos republicanos que enlaza coa modernidade estética internacional, pois coñece as fórmulas postimpresionistas, cubistas, fauvista e surrealistas, que na súa obra está vinculada a un certo lirismo (Natureza viva, 1934) e nas ilustracións das revistas Resol e Universitarios, así como en debuxos realizados para diversos libros, como os realizados para o volumen SÍNTESE DO CRIME.LIBRO DE DEBUXOS, nos que o lirismo ponse ao servizo de temas de contido social e de denuncia da violencia, que achéganse a obra de George Grosz, artista que admira, pero que non teñen tanto dramatismo.


Debuxos para os poemas de Cunqueiro "De si e non". Anos 30


Ilustracións para a revista HUELLAS. Anos 30

Tamén a mensaxe política aparece na obra de Seoane, como os traballos realizados para YUNQUE, co gravado GALIZA ERGUEITA, do 1932, presenta unha forte simboloxía SOCIAL, ou os feitos para o xornal CLARIDAD, que son máis agresivos e achéganse ao estilo de Maside nos seus gravados sociais.Un feito importante, amosa o seu compromiso con Galicia, co cartaz que realiza para a defensa do ESTATUTO DE AUTONOMÍA de 1936, co lema “O estatuto libertará a nosa terra”.


A GUERRA
Labor combativa, identificada cos valores progresistas galeguistas e republicanos, como Dieste, Castelao ou Lorenzo Varela. 


lunes, 22 de junio de 2015

MOSTRA ARTE E SOLIDARIDADE

 O Proxecto Home, co galo do seu 25 aniversario  ven de realizar diversas mostras que percorrerán seis cidades galegas ao longo do ano para conmemorar este aniversario. Pero a diferenza de edicións anteriores, esta vez non será a mesma mostra a que realice o percorrido, senón que en cada lugar serán os artistas desa área os que aporten as súas obras en favor desta iniciativa.
 Nestas mostras pódense ver traballos tanto de pintura, escultura e fotografía, así como tamén hai un guiño ás novas tecnoloxías cun vídeo conmemorativo do 25 aniversario. Entre os artistas atópanse tanto aqueles dunha dilatada traxectoria profesional como outros noveles, ata sumar un total de 104. As mostras comisariadas por Antón Sobral, veñen de realizar unha acción solidaria coa donación do setenta por cento das vendas e nalgúns casos do cen por cen.
 Na mostra realizada en Vigo en Afundación, comisariada por Antón Pulido e quen isto vos conta (que tamén aportamos unha peza), as obras expostas están á venda coma se tratase dunha galería de arte e entre @s artistas atopamos entre outr@s a: Menchu Lamas, Antón Patiño, Francisco Leiro, Silverio Rivas, Enrique Velasco, Antón Sobral, Tino Canicoba, Xulio Gil, Paula Cabaleiro, Basilisa Fiestras, Yayo Quesada, Carmen Hermo, Amelia Palacios, Acisclo Manzano, Buciños, Nilo Arias, Pepe Cáccamo e dúas alumnas dá Escola de Artes e Oficios de Vigo, Alicia Romarc e Eva Romero.

 A mostra inaugurada ou 19 de xuño estará aberta ata o 18 de xullo.

A montaxe



As pezas de Antón Pulido e Tino Canicoba


Pezas de: Antón Patiño, Pepe Cáccamo e Paula Cabaleiro


Menchu Lamas


Rosa Neutro e Paula Mariño


Eva Romero e Alicia Romarc


Rolda de Prensa


Con Ramón Gómez e Antón Pulido

Inauguración





A mostra na Prensa






viernes, 12 de junio de 2015

DA XEOMETRÍA Á DESORDE, DA DESORDE Á XEOMETRÍA: detalles dunha mostra (Parte V)



 A mostra  DA XEOMETRÍA Á DESORDE, DA DESORDE Á XEOMETRÍA, rematou o 22 de xuño, máis quero deixar aquí algunhas das fotos da prensa, das visitas do alumnado do  colexio Miralba e do grupo de escultura da escola e finalmente fotos da desmontaxe por parte do alumnado.

 Visita do colexio Miralba





Desmontando a exposición co alumnado










miércoles, 10 de junio de 2015

DORA MAAR: A FOTÓGRAFA SURREALISTA (PARTE IV)


Dora, fotografía de Irving Penn, 1948

 No ano 1946 conclúe a súa relación con Picasso. No 1944 Dora expón na Galerie Bucher de París as súas pinturas en tornos aos muelles e naturezas mortas. A súa vida persoal e profesional sofren un cambio traumático e a súa saúde reséntese ata caer enferma, momento no que se retira ao Midi francés, abandonando temporalmente a súa vida artística e iniciando un período marcado por un forte carácter relixioso, no que vivíu case afastada da vida pública entre a casa que Picasso regaloulle en Mènerbes e París. Aínda así, entre 1946 e finais dos sesenta expón en varias ocasións e no 1951 realiza decorados para a obra Monsieur Bob’le e no 1956 publica catroaugafortesnolibro de poemas de André Bouchet, Sol de la montagne. Dous anos antes da súamorte no ano 1997, na Fundación Bancaixa de Valencia, adícaselle unha gran retrospectiva da súa obra.

ABSTRACCIÓNS DOS ANOS 1940






 Será tras a súa morte cando saen á luz numerosos documentos, pois antes de morrer, legou a un monxe o que gardaba baixo a  cama: caixas de cartón con todas as súas cartas e recordos persoais, entre eles todas as fotos que conservaba e 130 cuadros e debuxos que lle regalara Picasso. Outros documentos indican a admiración que suscitou entre artistas e escritores do seu tempo, entre eles, Breton, Éluard ou Bataille, a quen inspirou, esta muller artista que  acadou o recoñecemento tardíamente e que realizou unha obra, de evidente calidade, composta de fotomontaxes, retratos, espidos, paisaxes, fotografías e escenas de cidades como Londres, París e Barcelona entre outras.


Le piseur, fotomontaxe, 1935


Monstro na praia.1936

DORA MAAR na rede:

http://institucional.us.es/revistas/arte/18/44%20luque%20teruel.pdf (artigo sobre a obra pictórica de Dora Maar)


DORA MAAR on PhotoPeach

jueves, 4 de junio de 2015

DORA MAAR: A FOTÓGRAFA SURREALISTA (PARTE III)



Dora Maar, facendo fotos

 No ano 1936 Dora coñece a Picasso, quen lle foi presentado por Paul Eluard. O artista tiña 55 anos e Dora contaba con tan só 28 anos. Convértese así, como era costume por parte do pintor malagueño, na súacompañeira e modelo, a quen Picasso retratou unha e outra vez.


Dora, 1939, óleo sobre táboa


Maar tamén retratou a Picasso en varias ocasións nos anos 1936, 1938 y 1939, traballando nestas pezas de forma moi persoal o claroescuro. Picasso, nunha posición patriarcal dominante que achégase á idolatría, posiciónase nas fotos, nunha xerarquía superior a súa amada, a quen interna anos despois nun psiquiátrico no que sería tratada con electrosock polo doutor Lacan. A historia que xorde entre ambos se plasma tanto nos cadros del, como na traxectoria profesional de Dora, que tras esas fotos que decoraban as portadas de revistas de moda e anuncios publicitarios realizará fotos de carácter social, percibíndose un cambio na temática das súas creacións e comezará de novo a pintar.


 Será tamén nesta época cando Maar realice unha serie de fotografías que son fundamentais para plasmar o proceso creativo, pois foi testemuña da xénese do Guernica, fotografando paso a paso o desenvolvemento da obra, recollendo todas as fases do cadro, así como os debuxos preparatorios.

FOTOS DE PICASSO PINTANDO O GUERNICA




SECUENCIA FOTOGRÁFICA DA CREACIÓN DA PEZA, dende o debuxo inicial, pasando polas fases da colocación dos papiers collées, ata a súa finalización.