BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


martes, 9 de diciembre de 2014

O RENACEMENTO: RAFAEL SANZIO (Parte II)

  Nos primeiros anos do século XVI, Sanzio tamén pintou moitas pequenas e exquisitas pinturas de caballete, a maior parte probablemente para amantes da pintura da corte de Urbino, como As tres Grazas, O soño do cabaleiro ou San Miguel, e empezou a pintar Virxe co Neno entronizados e santos (1504).




O soño do cabaleiro


As tres grazas


Madonna con libro

 FLORENCIA
 Rafael levou unha vida de "nómada", traballando en distintos lugares do norte de Italia, pero pasando unha boa parte do seu tempo en Florencia, quizais desde o ano 1504.
 Na Royal Collection hai un debuxo de Rafael da obra perdida de Leonardo Leda e o cisne, do que tomou a postura en contrapposto para a súa Santa Catalina de Alexandría. Tamén perfeccionou a súa propia versión do sfumato de Leonardo, para dar máis sutileza á representación da carne, e desenvolver o intercambio de miradas entre os grupos, aínda que moito menos enigmáticos que os conseguidos por Leonardo. Ademais, soubo conservar nas súas obras a suave e clara luz de Perugino.

Santa Catalina de Alexandría

 Nesta década pintou tamén diversas Madonnas e retratos.

Madonna dell Gran Duca. 1504


A fermosa xardinera. 1507


Retrato de Agnolo Doni.1506


Retrato de Magdalena Doni. 1507


Dama con unicornio. 1506


Madonna del cardellino. 1507. Óleo sobre táboa







domingo, 7 de diciembre de 2014

TRABALLANDO NA TÉCNICA DO PASTEL

 O término pastel derívase da palabra pasta, que é a masa que se forma ao mesturar os pigmentos en po coa goma que os aglutina; pertence aos medios secos e rápidos na súa aplicación, pois as cores do pastel son intensos e saturados.










 Este ano 2014, o alumnado de primeiro curso de Pintura, enfréntase á técnica do pastel a través dunha copia do natural de elementos e froitos varios que eles e elas truxeron á aula.







 Aínda que na técnica do pastel pódense empregar diversos soportes como a seda, o veludo ou algúns tecidos;  escollimos o papel Canson xa que logo ten unha cor uniforme, e asemade o seu brillo pode perdurar durante séculos pois é un papel sen ácido.







 No photo peach, aparecen algúns dos seus traballos realizados na aula.


BODEGÓNS E PASTEL.2014 on PhotoPeach

DO PAPEL AO XESTO. LIBROS DE ARTISTAS E OUTRAS DIVERXENCIAS

 No Pazo da Cultura de Pontevedra tivo lugar durante o CULTURGAL 2014, a mostra “DO PAPEL AO XESTO. LIBROS DE ARTISTAS E OUTRAS DIVERXENCIAS”, unha exposición colectiva de 50 creador@s e artistas que amosan diversos libros convertidos en obxectos artísticos. Quenes comisarían esta proposta, Paula Cabaleiro e Antón Sobral, comentaron que a exposición supón "50 olladas distintas sobre o mesmo concepto" e que organizase en tres grupos: libros intervidos, libros construidos e libros reinterpretados.
 @s artistas participantes, cunha importante representación de mulleres artistas, (máis da metade) presentaron estes LIBROS DE ARTISTA, como campo de experimentación onde se constrúen historias e debuxan emocións en diferentes pezas, que van máis aló do formato do libro, na posibilidade de prantexar o libro como campo específico de expresión artística en pezas únicas e irrepetibles.
 Eu tiven o pracer de participar nesta mostra, xunto a artistas e amig@s como Amelia Palacios, Antón Patiño, Baldo Ramos, Basilisa Fiestras, Berta Cáccamo, Carmen Hermo, Din Matamoro, Mercedes Vicente, Paula Cabaleiro, Paz Vicente, Pepe Cáccamo, Tita Fraga, Yano Yoro e Soledad Pite, entre outr@s, da que déixovos algunhas fotos.





Soledad Pite


Carmen Hermo


Suso Basterrechea


Din Matamoro

DO PAPEL AO XESTO on PhotoPeach

sábado, 29 de noviembre de 2014

O RENACEMENTO: RAFAEL SANZIO (Parte I)


O seu xenio  relacionase coa asimilación creadora, pois apóiase no estilo dos seus predecesores e contemporáneos, pero faino fundindo eses estilos á luz da súa propia personalidade nacida baixo o signo da proporción e da medida, da beleza ideal e da elegancia.

 É evidente a súa tendencia idealizadora. Busca a representación da beleza ideal mediante a utilización equilibrada da liña, o volume e a cor. As súas obras caracterízanse pola claridade compositiva e pola dulzura: fronte á sabedoría de Leonardo e a forza de Miguel Anxo, en Rafael destaca a dulzura. Sorprende, por outra banda, a súa perfección, o seu virtuosismo formal, así como a súa gran capacidade para sintetizar o relixioso e profáno, a Antigüidade mitolóxico-politeísta e o Cristianismo monoteísta.
 Naceu en Urbino, na Italia central, unha localidade pequena, pero importante desde o punto de vista artístico, onde o seu pai Giovanni Santi era pintor da corte do duque. Na pequena corte de Urbino, Giovanni foi integrado no círculo íntimo da familia nun grado superior ao que era habitual noutras cortes italianas, baixo un goberno con importante centro de cultura literaria e artística. Crecer no seo desta pequena corte deulle a Rafael a oportunidade de aprender os xeitos puídos e as habilidades sociais tan encomiadas nel por Vasari.
A vida cortesá de Urbino nesta época sería pouco despois considerada por Baldassare Castiglione, (na súa obra “O Cortesán” de 1528), como modelo de virtudes dunha corte humanista italiana. Castiglione instalouse en Urbino no ano 1504, cando Rafael xa non residía nela; con todo, visitábaa moi a miúdo, o que deu como resultado unha extensa amizade. Outros visitantes habituais da corte tamén se converteron nos seus amigos: Pietro Bibbiena e Pietro Bembo, nomeados ambos cardeais máis tarde, eran coñecidos entón como bos escritores que viviron en Roma ao mesmo tempo que Rafael. 


Retrato de Castiglione realizado por Rafael.1515

 A influencia de Perugino nas súas primeiras obras é moi evidente: "probablemente ningún outro discípulo de talento absorbera os ensinos do seu mestre como o fixo Rafael, aínda comparándoo con Leonardo dá Vinci e Miguel Anxo", segundo Wölfflin.
 Asemade da similitude estilística, as súas técnicas eran tamén moi similares, por exemplo na densa aplicación da pintura, co uso dun medio a base de verniz, nas sombras e os adornos escuros, pero cunha aplicación máis lixeira nas partes de carne. Con todo, o exceso de resina no verniz, causou a miúdo grietas en áreas das pinturas de ambos mestres.


 Durante os seguintes anos pintou obras para outras igrexas, incluíndo a Crucifixión Mond, ao redor de 1503 e Os desposorios da Virxe da Pinacoteca dei Brera, así como obras para Perugia, como o Retablo Oddi, A anunciación, A Adoración dos Magos e A coroación da Virxe, entre 1501-1503. Posiblemente tamén visitou Florencia nesta época. Trátase de obras grandes (algunas feitas en témpera) algunhas delas como frescos, nas que Rafael limita a composición ao estático estilo de Perugino.
 
 
Crucifixión Mond

 
Os desposorios da Virxe
 
 
A Anunciación

 
A adoración dos Magos

 
A coroación da Virxe

 
 



lunes, 24 de noviembre de 2014

MARIO GRANELL na PINACOTECA FERNÁNDEZ DEL RIEGO en Vigo

 Aproveitando a saída á mostra de Tino Canicoba, o alumnado de Pintura fixo unha visita guiada a mostra de Mario Granell  e a diversas salas da Pinacoteca, para estudiar “in situ” as obras de abstracción xeométrica de diversos pintores galegos.


Obra de Granell dos anos 70

  Na pranta baixa da pinacoteca fixemos un percorrido pola obra de Mario Granell, desde os seus primeiros anos, onde apréciase unha pincelada expresiva de formas alongadas en diversas técnicas –óleo, ceras e lápiz- ata as súas obras dos anos 70, de cores planas, gamas reducidas e influencia dos planos cubistas nun mundo de marcado carácter surrealista, para rematar nas pezas dos anos 80 de tendencia claramente abstracta, onde a  reducción formal está moi presente. As obras se distribuen por cinco salas e percorren desde a nenez e xuventude de Granell en Compostela e Madrid, ata o seu paso pola cárcere tras estalar a Guerra Civil,  as súas vivencias no Vigo da posguerra, a etapa en Venezuela na que triunfa en todos os ámbitos e desenvolve a súa obra máis potente, e o seu retorno a Vigo en 1981.


Obra de Granell dos anos 70


Obra de Granell, Xardines siderais. Anos 80

Nas seguintes fotografías, explicando e observando entre outros a obra de Luis Caruncho, Molezún e Xosé María de Labra, pintores pertencentes a abstracción xeométrica, estilo que estamos a traballar na actualidade na aula co grupo de segundo ano.