No Pazo da Cultura de Pontevedra tivo lugar
durante o CULTURGAL 2014, a mostra “DO PAPEL AO XESTO. LIBROS DE ARTISTAS E
OUTRAS DIVERXENCIAS”, unha exposición colectiva de 50 creador@s e
artistas que amosan diversos libros convertidos en obxectos artísticos. Quenes comisarían
esta proposta, Paula Cabaleiro e Antón Sobral, comentaron que a exposición
supón "50 olladas distintas sobre o mesmo concepto" e que organizase
en tres grupos: libros intervidos, libros construidos e libros reinterpretados.
@s artistas participantes, cunha importante representación de mulleres artistas, (máis da metade) presentaron estes LIBROS DE ARTISTA, como campo de experimentación onde se constrúen historias e debuxan emocións en diferentes pezas, que van máis aló do formato do libro, na posibilidade de prantexar o libro como campo específico de expresión artística en pezas únicas e irrepetibles.
Eu tiven o pracer de participar nesta mostra, xunto a artistas e amig@s como Amelia Palacios, Antón Patiño, Baldo Ramos, Basilisa Fiestras, Berta Cáccamo, Carmen Hermo, Din Matamoro, Mercedes Vicente, Paula Cabaleiro, Paz Vicente, Pepe Cáccamo, Tita Fraga, Yano Yoro e Soledad Pite, entre outr@s, da que déixovos algunhas fotos.
Soledad Pite
Carmen Hermo
Suso Basterrechea
Din Matamoro
No hay comentarios:
Publicar un comentario