O
término pastel derívase da palabra
pasta, que é a masa que se forma ao mesturar os pigmentos en po coa goma que os
aglutina; pertence aos medios secos e
rápidos na súa aplicación, pois as cores do pastel son intensos e
saturados.
Este ano 2014, o alumnado de primeiro curso de
Pintura, enfréntase á técnica do pastel
a través dunha copia do natural de
elementos e froitos varios que eles e elas truxeron á aula.
Aínda que na técnica do pastel pódense
empregar diversos soportes como a seda, o veludo ou algúns tecidos; escollimos
o papel Canson xa que logo ten unha cor uniforme, e asemade o seu brillo
pode perdurar durante séculos pois é un papel sen ácido.
No photo peach, aparecen algúns dos seus
traballos realizados na aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario