BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 15 de julio de 2013

BOCETOS para IL CENACOLO



Bocetos realizados polo alumnado de Pintura da Escola de Artes e Oficios de Vigo, para a peza “Il Cenacolo”, que forma parte da exposición BRANCO E NEGRO, que inaugurarase o vindeiro xoves 18 de xullo na sala de exposicións ESPACIO EMAO.


BOCETOS para IL CENACOLO on PhotoPeach

domingo, 14 de julio de 2013

BRANCO E NEGRO, proceso creativo dunha exposición.III


 Na aula de PINTURA: a proposta vincúlase ao Apropiacionismo dunha obra emblemática da historia da arte: A ÚLTIMA CENA de LEONARDO.

 

Esta pintura mural foi executada entre 1495 y 1497, na parede  do refectorio do convento dominico de Santa Maria delle Grazie en Milán, por encargo do duque Ludovico Sforza de Milán. Non é un fresco tradicional, senon un mural executado ao temple e óleo sobre dúas capas de preparación de ieso extendidas sobre enlucido, en 460 cm de alto por 880 cm de ancho, que debido á experimentación do artista escomenzou a desprenderse da parede ao pouco tempo de terse rematado no ano 1500, o que provocou numerosas restauracións nesta obra, considerada por quenes adícanse a  crítica e a historia da arte como unha das pinturas máis importantes do mundo.
 

                                                Debuxo preparatorio dun apóstolo


 Leonardo pintou “A última cena”, a súa obra quizais máis coñecida,  afastado dun mundo durante eses anos caracterizado polos conflictos bélicos, as preocupacións e as penurias. Cando foi rematada o artista consideraba que aínda non estaba satisfeito co resultado, porén  foi exposta e contemplada por moitos. A fama que deulle este obra, fixo que desde ese momento se lle considerara un dos mellores pintores de Italia. Os artistas acudían desde moi lonxe ao  refectorio do convento de Santa Maria delle Grazie, miraban a pintura detidamente, a copiaban e discutían sobre ela, do mesmo xeito que hoxe en día, pois é incluso nos nosos días unha das obras de arte máis revisitadas e interpretadas.

 
Alumnado de Perfeccionamento I, cos bocetos preparatorios

sábado, 13 de julio de 2013

BRANCO E NEGRO, proceso creativo dunha exposición. (Parte II)


 O BRANCO E NEGRO, compleméntanse e anúlanse. Un é a ausencia e outro a suma das cores, polo que debido a este dualismo, poden tamén ser representacos xuntos creando un contraste, onde ratifícase a importancia do concepto maís aló do obxecto, ou do proceso artístico máis aló do resultado final.
 As veces a única luz que vemos nun cuarto escuro pode ser a que sae do fume dos cigarros acendidos no cuarto, porque entre o branco e o negro, existen toda unha gama de grises que aportan sutís diferencias, o que confírelle tamén ao seu emprego o matiz de liberdade importante.

 
   O debuxo feito a lápiz da Última cena de Leonardo, realizado polo alumnado de Pintura

  O branco e o negro serven para representar nun debuxo, o valeiro e o cheo, marcando as liñas que redefinen unha contorna (o negro) ou para acadar luminosidade (o branco) no medio da ESCURIDADE. O seu emprego axuda a revelar o oculto e a ocultar o que se desvela.
 A nivel connotativo, o branco e negro, posúen factores psicolóxicos, simbólicos e estéticos, e ao mesmo tempo provocan unha forte subxectividade.
 
 
Dúas alumnas refacendo parte do debuxo  orixinal
 
                             

GIOVANNA GARZONI (Parte V)

 
Ourizo
 
Giovanna morre no ano 1670, deixando un legado das súas posesións e unha suma importante de diñeiro á Accademia de San Luca, coa condición de ser enterrada na igrexa de Santi Luca e Martina, onde Mattia de Rossi, erixiulle un monumento.
 
 
Bodegón cun paxaro que come un verme
 

 
Plato con figos
 
A pesares de ter obra na Biblioteca Nacional de Madrid, no Palacio Pitti de Florencia e no Museo de arte de Cliveland, así como en numerosas coleccións europeas, esta artista foi prácticamente descoñecida para o público ata o ano 1964, no que grazas a unha exposición de naturezas mortas en Italia amosáronse algunhas das súas miniaturas, nas que apreciase un deseño exacto, un debuxo e un detallismo moi minucioso en composicións contradictorias nos que a pintora deixaba voar a imaxinación en inusuais combinacións nos temas a pintar, coa inclusión de insectos e efectos de luz e sombra, que crean interacción entre os elementos de gran orixinalidade.
 

 
Bodegón con froitas e flores
 
Páxinas web:
 
 
 

 

 

 
 

viernes, 12 de julio de 2013

BRANCO E NEGRO, proceso creativo dunha exposición (Parte I)


 A mostra “Branco e Negro”, propón un dualismo que podería estar en relación con outros conceptos en principio enfrontados entre sí como:
VALEIRO-CHEO
LUZ-ESCURIDADE
RUÍDO/SON-SILENCIO

 A realización de pezas ou artefactos para mostra é ampla pois os conceptos xerais que reflicten estes opostos poden relacionarse entre si.
 
Tres alumnas participando na montaxe dos lenzos, para o proxecto de Pintura
 
 Con respecto a relación entre branco e negro, a cor desprende distintas expresións ambientais e pode transmitirnos sensacións como calma, violencia ou maldade. De feito as palabras branco e negro, significan a ausencia e a mixtura de todas as cores, coas consecuencias que iso implica. O BRANCO, está en relación cunha sensibilidade maior ante a luz, e ao mesmo tempo é símbolo do:Absoluto, Unidade,Paz (que podería relacionarse co SILENCIO), Inocencia e Rendición.

 
Varias alumnas facendo o debuxo da obra de Leonardo
 

O NEGRO, sobre todo na tradición occidental, é símbolo de: erro, mal, misterio e inferno, e ao mesmo  tempo de escuridade. No seu aspecto positivo ten relación coa nobleza e coa elegancia, e científicamente (é dicir con respecto a teoría da cor) representa a unión de todas as cores.


 
 
Debuxo preparatorio das mans dun dos apóstolos
 
 

jueves, 11 de julio de 2013

GIOVANNA GARZONI (Parte IV)

 
Froitos e caravel
 

No ano 1654 trasládase a Roma onde foi aceptada na asociación de artistas fundada no ano 1593, denominada Accademia di san Luca, algo inusual nesa época, na que estáballe vetada ás mulleres o  seu ingreso nestas institucións. Aínda así consta anos rexistros da institución na que recibe os mesmos beneficios que os socios masculinos. Será tamén a pertenza a esta academia, a que nos permite coñecer detalles da vida da artista, pois na súa época só foi mencionada por Carlos Ridolfi na súa obra Meravigle dell’Arte, no ano 1648. Isto ocorre porque a obra de Giovanna debido ao xénero ao que se adicaba tiña unha menor importancia para os historiadores da arte, fronte a importancia dos temas relixiosos ou dos retratos.
 
 
Froitas con paxaros
 

 Será Lione Pascoli, na súa obra Vite (1730-1736) quen escribe sobre a importancia desta pintora e o éxito que tivo na súa  andaina artística, que deulle tanta independencia económica que puido retirarse según algún estudiosos a idade de 43 anos.
 
 
Limóns e mosca
 
 
Flores nun xarrón Ming

 
 

 


lunes, 1 de julio de 2013

ESPIÑAS COROADAS de LITO PORTELA

O pasado mércores 19 de xuño, un grupo de alumnado de Pintura, fixo unha visita guiada ao obradoiro de Lito Portela en Moaña da man do director da Fundación Laxeiro, Javier Buján, para posteriormente acudir á exposición que na citada fundación ten o artista plástico Portela.
 Lito Portela, quen anteriormente presentara este traballo na sala ALTEARTE  do Campus de  Ourense, leva á Fundación a súareflexión sobre a natureza, o home e o estrañamento deste ante o mundo nos  rodea.
 Grazas a visita ao obradoiro puidemos entender o particular mundo deste artista na exposición, que se divide en doys partes: unha na que podemos ver tres  esculturas de gran formato e outra parte, na que o artista déixanos traspasar a barreira da súa intimidade e amosándonos parte do seu proceso creativo.
 Unha exposición ben interesante, que vos recomendo.

 
Fotografía de grupo co artista Lito Portela e o director da Fundación Laxeiro