Sofonisba destaca sobre todo na realización de
retratos, a partir dun tipo de representación un tanto informal,(agás nos
retratos de corte) no que a miúdo os seus modelos desenvolven tarefas
aparentemente domésticas, acompañados dunha serie de obxectos que definen
en maior profundidad a súa personalidade, con un achegamento veraz aos obxectos
e materiais (herdanza do tipo de pintura que se facía en Cremona, influenciados
pola pintura de Corregio) e que asemade, insiste
especialmente no estudo psicológico de quen está a pintar, como exemplo estarían
os seus numerosos autorretratos nos que Sofonisba
aparece lendo, tocando algún instrumento musical ou pintando, é dicir,
realizando actos de índole cultural que asemade reafirman a súa posición
social.
Autorretrato tocando unha espineta.1554
Autorretrato pintando. 1556
Julio Clovio. 1556
Giovanni Casselli, poeta de Cremona. 1557
Retrato de Bianca Ponzoni. 1557
DE
MILÁN A ESPAÑA
No ano 1558, Sofonisba desprazouse a Milán, onde pintou ao Duque de Alba, quen á súa vez a recomendou ao rei Felipe II de España. Ao ano seguinte, foi invitada a visitar a corte española, o que representou un momento crucial na súa carreira. Entón tiña 27 anos. No inverno de 1559 Sofonisba chega a Madrid para converterse en dama de compañía da nova raíña Isabel de Valois, terceira esposa do rei, de quen deseguida tivo unha grande estima. Neses anos, traballou estreitamente con Alonso Sánchez Coello e aproximouse tanto ao seu estilo, que inicialmente o famoso retrato do Felipe II, en idade mediana, foi atribuído a Coello, algo que foi desmentido recentemente cando se recoñeceu a Anguissola como a autora do mesmo.
Retrato de Filipo II, atribuido durante moito tempo a Alonso Sánchez Coello. 1573
Ana de Austria. 1573
Durante
a súa estancia na corte, pinta sobre
todo retratos de corte oficiais, incluíndo os da raíña e outros membros da
familia real, a irmá de Felipe II: Juana, e o seu fillo, Don Carlos, así como a
Isabel de Valois e Ana de Austria, cuarta esposa de Felipe II, cadros vibrantes
e cheos de vida. Aínda así, debido ao seu estatus social, Sofonisba non podría cobrar polos seus retratos e recibía en compensación pequenos agasallos.
Retrato de muller nova. 1560
Isabel de Valois. 1561
Xoana de Austria. 1561
Retrato de Francisco I de Medicci. 1580
Catalina Micaela, infanta de España, detalle. 1585
Dama con toca. 1591
Margarida de Saboya. 1595
Isabel Clara Eugenia, infanta de España. 1599
Isabel Clara Eugenia. 1599
Pinta tamén a que é considerada unha das obras cumbre do
retrato cortesano non convencional, o retrato
da infanta Catalina Micaela
realizado entre 1590 e 1595, coñecida como a “Dama do armiño”, e que ata
ben pouco atribuíaselle ao Greco. O erro sobre este retrato
non só afecta o seu autor senón tamén ao personaxe e o título da obra. A moza
en realidade non leva un armiño sobre os seus ombreiros, senón unha peza de pel
de pelo de lince. Este tipo de pezas comezou sendo unha peza masculina e
posteriormente, foi utilizada tamén polas mulleres de clase alta.
Dama do armiño, atribuída anteriormente ao Greco. 1580
En 1570 aínda continuaba solteira, polo que varios anos logo da morte de Isabel de Valois, Felipe II arranxou un matrimonio para Sofonisba, quen casou ao ano seguinte, con Francisco de Moncada, fillo do príncipe de Paterno, vicerrei de Sicilia. A cerimonia celebrouse con gran pompa e ela recibiu un dote por parte do rei de España. A parella viaxou a Italia tralo enlace; e aínda que volveron a España, deixaron esta terra para viaxar a Palermo, onde faleceu o marido en 1578, co que rematou a estancia de vinte anos da artista na corte española. Lamentablemente gran parte da obra pictórica de Sofonisba realizada durante a súa estancia na corte española desapareceu no incendio do Alcázar de Madrid.
No hay comentarios:
Publicar un comentario