BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


lunes, 20 de marzo de 2017

ARTISTAS ITALIANAS DOS SÉCULOS XVI E XVII. INTRODUCCIÓN (PARTE III)

 Parece ser que ao ser as mulleres máis numerosas que os homes, puideron adicarse á pintura e a impresión xa que Luigi Crespi no ano 1769, cita no seu libro “Vita de Pittori Bolognese” a 23 mulleres activas nos século XVI e XVII, das que salietamos a Lavinia e Elisabetta.

  Lavinia Fontana, formada no obradoiro do seu pai, quen desenvolveu un estilo dentro das correntes do clasicismo, naturalismo e manierismo realizando arte relixioso claro e persuasivo, dentro das propostas da contrarreforma, herdou esta tendencia, como tamén os discípulos Ludovico Carpaci e Gian Paolo Zappi. De feito Lavinia realiza numerosas pinturas relixiosas e historias en grandes retablos, que combinan o sentido de monmentalide co naturalismo propia da escola de Cremona e de Sofonisba Anguissola, da que Lavinia era unha admiradora confesa.


Lavinia Fontana. Retrato de muller. 1580


Lavinia Fontana. Retrato de dama da corte. 1590

 Mais a pesar da importancia de Lavinia como retratista e a súa adhesión a naturalismo dos Carraci, non se lle permitiu, debido a súa insistencia en debuxar desnudo do natural, formar parte da Academia Carraci, fundada no ano 1580. A súa orixinalidade nos seus reratos reside no alongamento elegante dos dedos e a riqueza dos tecidos, que xunto coa súa monumentalidade das súas figuras ocupan un espazo definitavamente máis sobrio. Recibiu diversos encargos como: “Retrato dun cabaleiro e o seu fillo” (1570), “Nacemento da Virxe” (1580) ou o “Martirio de San Estevo”, que foi destruido nun incendio no ano 1823. Tivo logo, moita notoriedade que levouna a ser elexido pola Accademia romana, o que propiciou o seu gusto polo coleccionismo e antigüidades e que o medallista boloñés Felice Anotnio Casoni, acuñara unha moeda na súa honra, que no anverso leva un retrato dela e unha inscripción que a identifica como pintora.
 Diferente sorte tivo a Sirani, herdeira do esforzo das artistas do século XVI por achar un lugar no mundo masculino das artes, pois, filla de artista, acadou un temprano éxito, que rematou coa súa morte aos 27 anos. En algúns cadros, como o de M. Ramuzi, a retratada presenta gran concentración da pincelada, toques vermellos e azuis iluminan o esquema xeral do resto das cores, que realzan a figura frente ao fondo. 


 Sirani, Retrato de M. Ranuzzi como alegoría da Caridade. 1665

 Sirani participa do interese das artistas barrocas polo tema da muller heróica, que transmite virtudes, neste sentido pode equipararse á traxectoria de Artemisia, as dúas pintaron:
-Varias Judith
-Magdalenas
 E Artemisia pintou tamén unha Santa Catalina, varias Cleopatras e Lucrecias, mentre que Sirani, pintou unha Timoclea (1659) como desafiante heroína e unha Porcia. Esta Porcia, baseada nunha historia da Roma antiga, presenta a unha muller no momento de ferirse cunha daga para amosar que é virtuosa e digna de confianza, que a separa das demais mulleres. Esta diferencia está presente no cadro debido á composición: mentres outras mulleres ao fondo están falando e realizando labouras “femininas”, Porcia amosa a súa virtude cun acto individual de carraxe.


Sirani. Timoclea.  1659


Sirani. Porcia feríndose na perna. 1664

 Estes temas (asemade da implicación persoal no tema das agresións sexuais no caso de Artemisia) forman parte dun “Corpus” que sirve para que observemos según Chadwick, “A relación entre a política cara ao público e o privado, a miudo con tintes sexuais”.
 De feito, as imaxes de mulleres heroínas, en relación coa moralidade da contrarreforma e en relación ao gusto polo drama barroco, sustitúen o ideal feminino do século anterior, maís pasivo e constrúen heroínas que trascenden a norma feminina amosándose capaces de conductas morais que atinxen neses tempos aos homes, e que lles era negada ás mulleres. Por iso, se distinguen das demais mulleres en canto a súa actuación na esfera pública, como no caso de Artemisia, ou no tema de Judith, que repiten entre outras Fede Galizia, pero con menos forza que Artemisia, pois seguen os convencionalismos do rerato refinado da muller e a mensaxe moral, ou a de a Sirani, tamén máis perto do refinamento boloñés.


Sirani. Judit. 1665


Artemisia Gentilleschi. Judit decapitando a Holofernes. 1612-13


Fede Galizia. Judit e Holofernes. 1596

  Finalmente sinalar que a Sirani creou unha  academia de pintoras en Bolonia en 1652, que ensinaba a rapazas que non eran fillas de artistas e as súas irmás, mentres que Artemisia obtén un papel como artista novo ante o público cunha producción artista ininterrompida.
 Do traballo destas máis que interesantes artistas, falaremos nas seguintes entradas no blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario