O traballo de Sofonisba
Anguissola, se falamos de artistas precursoras foi moi importante porque abriu
o camino a outras mulleres artistas, convertindo a profesión de pintura en algo
aceptable socialmente, aínda que como outras tantas mulleres as súas carreras
foron posibles por ter nacido nunha familia rica ou de artistas, co aprendizaxe
de primeira man que iso comportaba. Foi a única muller da súa época a quen se
lle atribuiu a capacidade de dar vida a unha
imaxe, a súa obra foi moi
valorada entre os seus contemporáneos masculinos sobre todo debido a súa asombrosa variedade de retratos e
autorretratos, importancia que se vereflectida na obra “Bernardino Campi
pintando a Sofonisba Anguissola” (1558), doble retrato da artista que salienta a súa
propia importancia como artista, a importancia do valor da súa propia imaxe como exemplo de muller
triunfante e o seu traballo como
productora de imaxes en igualdade cos homes.
Neste cuadro como moi ben
sinala Chadwick: “En ese cuadro se pinta
como si estuviera siendo pintada, primer ejemplo histórico quizá de una mujer
artista articulando la compleja relación entre subjetividad femenina y acción,
la situación de esta relación dentro de
las estructurasjerárquicas del conocimiento y el papel de la mujer como objeto
de representación”.
Aínda así, a súa posición social impedíalle
vender a súa obra, polo que os seus lenzos foron regalados entre as clases
altas, algún deles ao non estar firmados foron atribuidos a outros artistas,
sobre todo no seu periodo español, no que algunhas das súas obras foron
copiadas por pintores como Alfonso Sánchez Coello, ao que se encargaron trece copias dun retrato que
Sofonisba realizou ao príncipe Don Carlos. Por todas estas restriccións a pesar
de ter fama e un gran respecto por parte doutros artistas, non foi quen de
competir nos encargos con outros pintores contemporáneos, polo que a súa obra so foi coñecida en profundidade
a partir de dúas monografías desde o ano 1987 e unha grande retrospectiva en
1994, co seu correspondente catálogo.
As artistas do século XVI non eran tomadas
máis que como a excepción a régula, como posuidoras dunhas cualidades
miragreiras, pois a historia das mulleres no mundo da
arte, non concordaban coas categorías estipuladas para o mundo masculino, polo
que eran consideradas excepcionais e non podían ser tomadas como “modelo de
muller”.
Quizais o máis interesante da proposta
plástica das aportacións das pintoras deste século e que vivían afastadas do
centros neurálxicos da creación, pois Sofonisba fórmase
en Cremona mentres que as artistas Properza de Rossi, Dina Scultyori, Sirani e
a Fontana, vivían en Bolonia, e esta cidade foi no século XVI a única que
posuía unha universidade á que asistirán as mulleres na Idade Media e que tiña
como santa a unha pintora, Catherina dei Vigri, o que parece ser que impulsou o
apoio a que a muller se formase culturalmente. De feito, existía un vínculo importante entre a universidade e as artes, pois a
laboura editorial patrocinada por aquela, axudou ao rexurdimento e florecemento
dun importante gro de miniaturista sobre todo nos século XIII e XIV que levou a posibilidade de firmar
os seus grabados a Diana Scultori (1547-1612), que foi mencionada por Vasari en
sus “Vidas” de 1568, co seu propio nome e tivo unha bula papel que protexía o
seu dereita a grabar e vender obras baixo o nome de Diana Mantuana, siñatura
que a relacionaba coa corte de mantú e coa tradición do grabado iniciada por Mantegna.
Ao ser Bolonia un centro culturalmente moi
activo, posibilita, debido tamén a abundacia de traballo, que as mulleres teñan
máis facilidade paa coller encargos, aínda que artistas como Properzia de Rossi tiveran moitas dificultades no
desenvolvemento do seu traballo, como comenta Vasari, pois parece ser que
ante os ataques dun artista ciumento, ante o seu ascenso en canto aos encargos
públicos (realizou a única escultura en mármol do renacemento italiano) o que
propiciou un salario moi baixo polo seu traballo, que desalentou tanto a
artista, que adicouse desde entón a realizar gravados en bronce.
Properza de Rossi. Anunciación
Properza deRossi. Xosé e a muller de Putifar
Properza de Rossi. Hércules loitando coas amazonas.
Diana Escultori (Mantuana, de nome artístico como grabadora)
Diana Escultori (Mantuana, de nome artístico como grabadora)
Diana Escultori (Mantuana, de nome artístico como grabadora) Sirvientas.
Diana Escultori (Mantuana, de nome artístico como grabadora) Martirio de Santa Ághata
No hay comentarios:
Publicar un comentario