No ano 1934 Lee, casa con Aziz Eloui Bey e trasladouse a vivir a Exipto onde non
traballou de modo profesional aínda que si realizou
fotografías surrealistas como "Portrait of Space". En 1937 regresou a París
onde coñeceu ao seu futuro marido, o crítico e coleccionista Roland Penrose.
Retrato dun espazo (en Al Bulwayeb, Near Siwa). 1937
A sombra da gran pirámide. 1938
Entre 1939 e 1945 formou parte do London War
Correspondents Corp e no seu exercicio como fotoperiodista foi
corresponsal de Vogue e percorreu Francia fotografando entre outros os efectos
do napalm no asedio de Saint Malo, a liberación de París, a batalla de Alsacia
e o horror nos campos de concentración de Buchenwald e Dachau. O estado de sitio, a guerra, a fronte,
convertéronse nun auténtico modo de vida para Le Miller: ela mesma era quen perseguía os bombardeos, poboaba as cidades
abordeladas, e converteuse en sombra da destrución.
Lee con soldados americanos.
Curiosamente
algunhas das súas fotografías da Segunda Guerra Mundial están cheas de matices
líricos, a máis diso a súa notable
calidade material e temática, e os seus títulos e acompañamientos textuales,
que despregan grandes doses de ironía e de enxeño, mecanismo de defensa en
tempos difíciles. Nesta liña son particularmente expresivas moitas das
instantáneas de 1940 incluídas no libro Grim Glory: Pictures of Britain Under
Fire, como é o caso de “Remington Silent “, onde aparece en primeiro plano unha
máquina de escribir esnaquizada, ou outra na que o instrumento despedazado é un
piano “Piano by Broadwood)”. Ambas atopan a “súa revancha sobre a cultura”
cando retrata unha escultura lánguida dun espido feminino clasicista cuberta de
escombros sobre o chan cheo de restos de bloques de pedra. Todas estas mostras gráficas, serven como denuncia da situación de caos
vivida e de atentado contra a escritura, a música, a cultura en xeral, moito
máis que censuradas, totalmente desmembradas. Lee quere chamar a atención sobre
esta consecuencia trascendental no contexto bélico.
Piano by Broadwood. 1940
Remintong silent. 1940
Revancha sobre a cultura. 1940
Foi a Londres en 1939 tralo seu
segundo matrimonio, co historiador e artista Roland Penrose. Un ano despois do
fin da Segunda Guerra Mundial Miller obtivo prestixio como corresponsal acompañada pola Mariña dos Estados Unidos;
converténdose na primeira muller en cubrir a segunda guerra mundial. Unha
vez que a guerra terminou, dedicou a maior parte do seu tempo facendo retratos
de celebridades e volveu a Vogue para obter ganancias. Algúns dos seus retratos
máis famosos son os que fixo a personalidades como Picasso, Joan Mirou e Antoni
Tapiès.
Tras regresar ao Reino Unido notou os efectos
do trastorno por estrés postraumático e en 1947 se divorció de Aziz Eloui Bey e
casouse con Roland Penrose do que se atopaba embarazada. Ao ter o seu fillo a
súa actividade fotográfica foi case abandonada, sendo coñecida nesta época como
Lady Penrose. En 1949 trasladouse a
vivir a Farley Farm House en Sussex onde residiu ata a súa morte orixinada por
un cancro.
A vida artística de Le Miller foi un
progresivo espertar do obxecto que cobra vida, que conquista a súa autonomía de suxeito ata o punto de ser capaz de
investir os procesos, transformando en obxecto o desfile de elementos ante a
súa mirada perspicaz, agora a través do visor.
Mulleres con máscaras ignífugas.1941
Gardas vencidos pedindo clemencia.Buchenwald. 1945
László Bardossy, Fascist ex-Prime Minister Hungaro. Budapest. 1946
Algunhas das súas fotografías foron
seleccionadas na exposición The Family of Man realizada no Museo de Arte
Moderna de Nova York en 1955. En 1976 foi invitada de honor nos “Encontros
internacionais de fotografía de Arles” e en 1989 realizouse unha gran
retrospectiva que percorreu boa parte de Estados Unidos. En 2012 incluíronse
varias das súas obras en 13ª edición da documenta en Kassel.
Quizais unha das máis coñecidas fotografías de Miller sexa a que realizouse nesta bañera, na que a fotografía aparece como agresión e, malia iso, como
porta de saída. Todo isto ten que ver con esta foto na bañera de Hitler. É un
clímax estraño, surrealista e fermoso como ela, baixo a mirada do tirano, no
seu espazo íntimo.
LEE MILLER na rede:
No hay comentarios:
Publicar un comentario