Naceu o 23 de abril de 1907 en Poughkeepsie no
estado de Nova York. O seu pai, de ascendencia alemá, era afeccionado á
fotografía e con frecuencia utilizou á súa filla como un modelo para as súas
fotografías, entre as que se atopan bastantes espidos realizados coa técnica
estereoscópica; a quen tamén ensinou a realizar fotografías desde pequena.
Con 19 anos coñeceu a Condé Nast, fundador da revista Vogue, con quen iniciou a súa
carreira como modelo. En marzo de 1927 apareceu na portada da revista cunha
ilustración de George Lepape. Durante dous anos foi unha das modelos máis
solicitadas en Nova York, sendo fotografada por Edward Steichen, Arnold Genthe
e Nickolas Murray. Cando unha fotografía
realizada por Steichen foi utilizada para anunciar un produto de hixiene
feminina (Kotex), orixinouse tal escándalo que puxo fin á súa carreira como
modelo.
Crystal ball. Modelo Lee Miller. 1920
Lee como modelo.
Lee como modelo. 1928
En 1929 trasladouse a París coa intención de
converterse en aprendiz de Man Ray,
que nun principio se negou a admitila como alumna aínda que finalmente
converteuse en asistente fotográfica, amante e musa. Abriu o seu propio estudo fotográfico encargándose ás veces de facer
fotografías de moda encargadas a Man Ray para que el puidese concentrarse
na súa pintura, por iso moitas das
fotografías tomadas durante este período e atribuídas a Man Ray foron realmente
tomadas por Lee. Nestes anos foi unha participante
activa no movemento surrealista coas súas imaxes enxeñosas e humorísticas,
en bastantes casos empregou a técnica da
solarización (parece ser que foi a propia Miller quen descubriu esta técnica
por casualidade). No seu círculo de amigos estiveron Pablo Picasso, Paul
Eluard e Jean Cocteau, ata apareceu na película deste último “O sangue dun poeta”
(1930) interpretando unha estatua que cobra vida.
Man Ray. Beizos e man. 1929
Lee, nun fotograma da película de Cocteau.
Nos momentos en que se permitía ser orixinal,
as súas producións voluntarias alcanzan unha calidade moi destacable. Exemplos
como o retrato que realizou de Joseph
Cornell, ou o titulado “Tête flotante” (Mary Taylor), ambos de 1933, dannos
unha idea do seu excelente traballo.
Sen título. 1930
Abstracción. 1931
Retrato de Meret Oppenheim con solarización. 1932
Autorretrato. 1932
Retrato de Joseph Cornell. 1933
Mary Taylor. 1933
Tras terminar a súa relación con Man Ray
regresou a Nova York en 1932
establecendo un estudo fotográfico coa colaboración do seu irmán Erik que
traballaba como o seu axudante de cuarto escuro. Ese mesmo ano participou
na exposición de fotografía moderna europea realizada na Galería Julien Levy de
Nova York e en 1933 realizou unha exposición en solitario na mesma galería.
Entre os clientes do seu estudo estiveron Joseph Cornell, Lilian Harvey,
Gertrude Lawrence.
Ernst e Dorothea Tanning, fotomontaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario