BLOG DA PROFESORA E ARTISTA PLÁSTICA PAULA MARIÑO


jueves, 13 de octubre de 2016

MARTA CARBONI no IES A Guía de Vigo





 O pasado 4 de outubro, tivemos a sorte de contar coa presenza de Marta Carboni, periodista italiana  que posúe asemade un máster sobre arte e cultura cinematográfica, quen tivo a amabilidade de dar unha charla na aula de Cultura Clásica de 3º da ESO, para falarnos da mitoloxía romana e da importancia que o latín ten como "lingua mater", tanto para o  galego, o castelán e as distintas linguas romances. Marta, políglota que fala 6 idiomas, desenvolveu na aula unha interesante e divertida clase que contou co entusiasmo do alumnado, quen lle fixo moitas preguntas sobre o mundo romano e a súa cultura.

 Moitas grazas Marta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario