No ano 1832, viaxa a Marrocos en misión
diplomática e durante catro meses visita tanto este país como a vecina Arxelia,
para logor pasar a España onde recala principalmente en Sevilla e Cádiz. Este
viaxe exótico permitiulle renovar a súa inspiración e afastarse (xa con
experiencia e fama) das súas inquedanzas de notoriedade para centrarse máis na
práxis pictórica, acompañado sempre por un caderno de debuxos onde captaba todo
o tiña ao redor, tanto en bocetos rápidos como en debuxos detallados. Delacroix,
cercano ao tema do exotismo a outros pintores románticos, afástase destes por
fuxir do pintoresto e o superficial, pois realizaba nos seus cadros e bocetos
nunha sorte de «recomposición poética» nos que idealizaba os seus recordos, e
que foron unha fonte importante de ideas e proxectos. Desta época son tamén as
súas mellores obras en acuarela, que aprendera dos paisaxistas ingleses, pero
as que levou a un grande nivel de perfección.
Bahía de Tánxer
Paixase de Tánxer
Costa africana
Costa española
Mulleres de Marrocos, bocetos
Tigre novo xoga coa súa nai.1830.
Tras o seu regreso a Francia participa entre
os anos 1834 e 1841 en diversos salóns e realiza catro importantes pezas, nas
que a cor convértese na principal protagonista:
Mulleres de Arxel na súa habitación. 1834
BOCETOS
O Caid, xefe marroquí.1838
Os convulsionados de Arxel.1838
Boda xudea en Marrocos. 1841
No hay comentarios:
Publicar un comentario