Pezas, sobre unha obra da serie "A muller-Árbore"
Dende hai xa varios anos
veño colaborando coa revista LALATA, dirixida desde Albacete por Manuela
Martínez e Carmen Palacios, unha revista que é en realidade un contedor de obxectos
artísticos que se serve dunha lata de uso alimenticio para a súa conservación e
distribución, e na que cada serie ten sido realizada a man por uno/unha ou
varios/as artistas, polo que non existe unha revista igual a outra. Pode
atoparse en diversas bibliotecas de centros de arte, tendas de museos e
librerías especializadas, así como en ferias de arte e encontros editoriais, pois
a Lalata é mutante, híbrida e anfibia.
Este ano a proposta
titúlase: Mucho ruido, objetos protesta.
A miña proposta (como todas cun máximo de
medida de 5 x 5 cm), está realizada sobre papel e leva unha impresión dos meus
beizos cun lápiz de labios, e un clip
que os sela como protesta contra a liberdade de expresión e que remítese tamén
a sumisión que a sociedade patriarcal obriga a moitas mulleres en todo o mundo.
Titulei as pezas (160
pequenas pezas en total): “Artiluxio inquisitorial para provocar o silenzo”.
As fotografías amosan o proceso creativo.
Pintando os beizos
Estampación sobre o papel
Selado da imprimación
Varias pezas co berníz
Peza finalizada
Varias das pezas xa rematadas listas para o seu embalaxe
Máis información sobre LALATA: http://www.lalata.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario