No ano 1990, Paula Rego foi elixida
para a primeira praza de Artista Asociado que concedeu a National Gallery. Isto
facilitoulle un coñecemento directo da mellor pintura europea, desde antes do
Renacimiento ata finais do século XIX, que en moitos casos aparece na súa obra
subseguinte.
A noiva. Pastel sobre papel. 1994
O estilo de Rego é comparado en ocasións coas
ilustracións de historietas ou tebeos. Como nas historietas, os animais represéntanse
a miúdo en papeis e situacións humanas, sobre todo na década dos anos setenta e
oitenta. Os seus últimos traballosmostran un estilo máis realista, pero en
ocasións continúan as referencias animais, a serie Dog Woman desta década por exemplo, nunha serie de cadros ao pastel
representa a mulleres con diferentes poses propias de cans.
SERIE MULLER CAN. Pastel sobre papel. 1994
O seu traballo ofrece a miúdo unha cara sinistra, acentuando a dominación maliciosa e a subversión da orde natural. Ocúpase de realidades sociais polémicas, como por exemplo a serie Triptych (1998) sobre o tema do aborto, actualmente na colección Abbot Hall en Kendal.
“O esencial é atopar as
historias verdadeiras, se atopamos unha historia que dalgún seito crúzase con
algo que xa está na nosa cabeza, non é necesario que garde unha relación
extremadamente forte coa nosa experiencia persoal. Porén, temperamentalmente
ten que servirnos. Así é posíbel entrar nela, e aportarlle un contexto persoal,
subxetivala”, comenta Rego. No caso da serie dos abortos, a artista, denunciou con estas obras a
falta de sensibilidade social sobre o tema no seu país, pois meses anos estaba
prohibido.
SERIE SOBRE O ABORTO (1997-99) Pastel sobre papel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario