Os músicos. Acrílico sobre papel montado sobre lenzo.1981
Vivian e os escorpións. Acrílico. 1982
Allea ás modas pasaxeiras, Rego practicou sempre a pintura figurativa baixo
formas moi diversas e é dos poucos artistas modernos cuxa obra vira en torno á vida mesma, como
tamén o fixeron os predecesores que reivindica, Goya e Hogarth, revelando así o
mellor e o peor da condición humana. O seu estilo relacionase con Francis Bacon
e Lucian Freud pero cunha forte influencia de Beatrix Potter e os seus libros
de contos de hadas.
A
principios dos 80 realiza obras de gran
formato e fluída execución, pintadas en acrílico sobre papel, como “O mono
vermello pega á súa muller” (1981), na que animais
que recordan aos contos infantís recrean dramas humanos que resultan, de
xeito alternativo, increíblemente divertidos e profundamente angustiantes.
SERIE DAS ÓPERAS. Realizadas en acrílico sobre papel pegadas sobre lenzo.
A traviata.1983
Falstaff.1983
S/T.1983-84
Aida II.1983
Jenúfa. 1983
O
importante cambio que se produciu na súa obra nesta década
coa secuencia sen título de imaxes de “Nena e can”, é un precedente de obras
posteriores como “As criadas”, 1987 (inspirada na obra de Genet), “A filla do
policía” (1987) e “A familia” (1988), obras clave que contribuíron a establecer
a súa reputación.
Serie NENA E CAN. 1982
SERIE NENA E CAN. Dúas nenas e un can. 1982
As criadas.1987
Pintura baseada nun caso
da vida real (outros casos e persoaxes reais aparecen tamén noutras obras da
artista) de las irmás Papin, Christine y Lea, quenes traballaban no servizo
doméstico para una rica familia parisina e que nun día sen motivo aparente
asasiñaron a nai e a fiila da familia, mentres o pai estaba no traballo. A
ambigüidade e a psicose ameazante están presentes na imaxe, en certo punto
claustrofóbica.
A finais dos anos 1980 fixo unha serie de pinturas que exploran relacións familiares cercanas. Todas as relacións parecen un tanto disfuncionais, particularmente entre os pais e as fillas. Unha boa mostra son estas obras que aparecen a continuación.
A finais dos anos 1980 fixo unha serie de pinturas que exploran relacións familiares cercanas. Todas as relacións parecen un tanto disfuncionais, particularmente entre os pais e as fillas. Unha boa mostra son estas obras que aparecen a continuación.
A filla do policía. 1987. Óleo sobre lenzo
The fitting. 1980. Óleo sobre lenzo
A danza. 1989
A súa técnica impecable no debuxo e no manexo
da cor, moi rico e con grandes contrastes de luces e sombras, atrápanos e
sorpréndenos, pero os temas que elixe e
a formulación do que vemos non dan lugar á contemplación sen máis, senón
que conmociona o máis íntimo da nosa sensibilidade non deixándonos indiferentes,
cumprindo así una das máis importantes funcións da arte.
O cadete e a súa irmá. Pastel. 1988
No hay comentarios:
Publicar un comentario