Autorretrato
Pintora e ilustradora, Paula Rego naceu en
Lisboa no ano 1935 no seo dunha familia adiñeirada durante os
anos do réxime de Salazar, o que quizais fose unha primeira influencia para os seus posteriores personaxes, sinistros e
dominantes. Enviada a
estudar a St Julian's School, Carcavelos, Portugal despois ingresou na prestixiosa Slade School of Art de Londres, onde foi
alumna de William Coldstream. Na Slade School coñeceu ao tamén
artista Victor Willing, con quen contraeu matrimonio. Ambos dividiron o seu
tempo entre Portugal e Inglaterra ata 1975, cando se trasladou definitivamente
ás illas británicas. En 1988 Willing morre logo de sufrir durante anos de
esclerosis múltiple. Suegra de Ron Mueck esta influiralle para pasar dos seus traballos
en empresas de efectos especiais á arte dentro das galerías. En 1989 entrou na
lista de candidatos ao premio Turner e en 2005 concedéuselle o grado de doutor
honoris de letras pola Universidade de Oxford.
Salazar vomiting the homeland, 1960
Os
seus primeiros traballos datan das
décadas de finais dos anos 50, 1960 e 1970, neodadaístaou estilo informal e
realiza pinturas e collages políticos alimentados polo odio para coa
dictadura de Salazar realizados como se
foran un monólogo interior.Mestura diferentes técnicas con pintura e collage, xoga con imaxes infantís, fetichistas e
traumáticas, as cales serían fundamentais no seu estilo de madurez.
Iberian Dawn.1962
The exile. 1963
Cães Vadios (Cães de Barcelona), 1965, collage e óleo sobre Tea.
Stray Dogs (The dogs of Barcelona). 1965
The firemen or alijo.1966. Acrílico, pastel e grafito sobre papel
Formou parte do London
Group, con quen participou en exposicións colectivas xunto a artistas como
David Hockney e R. B. Kitaj, aínda que Rego desenvolveu un estilo máis
ilustrativo e figurativo.
S/T. Lápis de cores sobre papel. 1970
S/T. Lápis de cores sobre papel. 1970
S/T. Lápis de cores sobre papel. 1970
S/T. Acrílico sobre papel.1970
No hay comentarios:
Publicar un comentario